Nava Castro toma posesión como directora de Turismo de Galicia
O vicepresidente primeiro presidiu o acto, no que destacou a importancia de traballar co sector para que Galicia sexa un destino seguro cun turismo de calidade
Nava
Castro agradeceu a confianza para seguir a traballar na reformulación
das estratexias turísticas
Foto: X.G.
Infogauda / Santiago de Compostela
O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia,
Alfonso Rueda, presidiu esta mañá a toma de posesión da directora de
Turismo de Galicia, Nava Castro.
O vicepresidente primeiro
destacou a importancia de traballar da man do sector co obxectivo de que
Galicia siga a ofrecer un turismo de calidade e sexa tamén un destino
seguro. Nesa liña, tamén apelou ao Xacobeo 2021 para que sexa un
elemento clave na recuperación económica.
Pola súa banda, Nava
Castro agradeceu a confianza para seguir a traballar na reformulación
das estratexias turísticas e adaptalas á situación derivada da crise
sanitaria da covid-19. Do mesmo xeito, asume o reto do Ano Santo para
tamén readaptalo ao novo escenario. Na actualidade xa ocupaba o posto de
directora de Turismo de Galicia, cargo que vén desempeñando desde o seu
nomeamento en 2013.
Ningún comentario:
Publicar un comentario