17 de xul. de 2020

A GUARDA

O Concello felicita ao Clube de Xadrez Albatros 

· Polo seu ascenso á Primeira División Autonómica 

Vista parcial dos participantes no XIX Torneo de Xadrez de A Guarda, celebrado en 2019
Foto: C.X. Albatros

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Deportes que dirixe Mª Montserrat Magallanes Álvarez, quere facer un recoñecemento público ao Clube de Xadrez Albatros por ter acadado un importante logro deportivo como é o ascenso á Primeira División Autonómica.  

 O  Xadrez Albatros ten a súa orixe hai case vinte e cinco anos nunha cafetería da que provén seu nome, nun autobús que lle deu forma e dunhas persoas inquietas por este deporte. A cafetería é o Albatros, o autobús e o que sae tódolos días de A Guarda cara a factoría de Citroën, en Vigo, e os xogadores, uns amigos entorno un café.   

 Posteriormente, estes veciños da vila decidiron formar un club de xadrez. Tiñan ideas e tamén aspiracións, pero o que máis lles sobraba era ilusión e ter a sorte de aparecer por estas latitudes un xogador que emigrou dende Rusia ata Galicia por motivos laborais. Iso foi o foguete definitivo do proxecto. Dita persoa aportou uns coñecementos que descoñecían os seus fundadores. Saberes que hoxe quedarían obsoletos e de nivel incipiente, pero deu credibilidade a idea e permitiu o desenvolvemento da iniciativa coa aprobación duns estatutos, creación dunha xunta directiva e a incorporación e alta nos organismos competentes. Acababa de nacer a Asociación Cultural e Deportiva Albatros de mans do seu presidente Vladimir Stoujinski (ano 1995).  

 No ano 2000 créase a Escola de Xadrez Albatros, despois de varios intentos previos que non acadaron continuidade no tempo. Comeza o ensino do xadrez a partir dun pequeno grupo de rapaces onde se promove a aprendizaxe do xogo e a participación en torneos infantís. Eventos que foron o embrión de todo o que hoxe acontece. Constituíronse uns equipos federados que participarán na Liga de Clubs Galegos na Terceira División Rexional, e Cuarta División. Compre subliñar que a Escola de Xadrez Albatros tivo a súa evolución, da man de novos profesores que aportaron estudos e estratexias na concepción de aperturas e unha mellora substancial neste deporte.  

 Hoxe, aqueles nenos teñen preto de 25 anos. Xogaban en segunda división, e tras tocar cos dedos das mans varias veces esa categoría terminaban fracasando na derradeira xornada. Agora lograron ascender á 1ª División Autonómica. Un éxito sen dúbida máis que salientable. Nestes intres, rapaces que “naceron” no club, son os responsables de ditas clases que xestionan baixo a súa responsabilidade trala supervisión da xunta directiva.   

 Tódolos responsables do fito histórico de ascender o Club Albatro á Primeira División Autonómica son os mesmos nenos que comezaron a xogar ó xadrez a principios do novo século, e iso hai que salientalo porque son da vila, non fichaxes exteriores.   

 Ter un equipo en 1ª División Autonómica para unha poboación coma a da Guarda, debe ser motivo de orgullo porque non moitas vilas poden dicilo. E se enriba todos os xogadores son antigos alumnos do club, formados polo Albatros, e por extensión da Guarda, soamente se pode dicir: GRACIAS!!!  

 Hoxe este club ten máis de 40 nenas/os en clase. Máis de 60 fichas federativas, e desenvolve cinco torneos anuais na comarca do Baixo Miño, cunha gran participación.   

 Ademáis de tódalas persoas que fundaron o Club de Xadrez Albatros, os diferentes directivos que ten tido esta entidade deportiva, os adestradores, todos os colaboradores, nais, pais e avós dos máis novos; os xogadores que fixeron posible o ascenso á categoría de Primeira División Autonómica son: Javier Castillo, Sergio Lomba, Germán Vilaplana, Daniel Lomba e Antonio Castro.

A GUARDA

Un encontro de Ioga ao aire libre

· Proposta saudable para o día 26 de xullo, ás 10:30 h., na Fortaleza de San Cruz




Infogauda / A Guarda

 A Fortaleza de Santa Cruz será o escenario do evento “Ioga de Verán”, un encontro de ioga ao aire libre para todos os públicos que se vai desenvolver o domingo 26 de xullo ás 10:30h. 

 Cada participante deberá levar unha esteira ou toalla, un cinto ou un foulard. 

 Esta actividade é totalmente de balde, pero é preciso unha inscrición previa no seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScFkPjZ8qL95m9G3VNl1g9Zw4JyKBsqgWTPZCaTeIB5Rw0AKQ/viewform?vc=0&c=0&w=1 

 As persoas interesadas en participar poden ampliar información na Conclelería de Deportes do Concello de A Guarda chamando ao teléfono 690 928 751 ou contactando en: deportes@aguarda.es

A GUARDA

Últimas prazas dispoñibles para a obra de teatro infantil “Lázaro de Tormes”

A representación será este sábado día 18 de xullo, ás 20:00 horas, no auditorio de San Bieito  




Infogauda / A Guarda

 O Auditorio de San Benito será este sábado día 18 de xullo, ás 20:00 horas, o escenario da representación teatral “Lázaro de Tormes”, unha actividade destinada principalmente para público familiar.

 A representación teatral “Lázaro de Tormes” corre a cargo da Compañía Pedras de Cartón, que chega a refrescante vila guardesa despois de participar no Festival de Teatro Clásico de Almagro.  

 Pedras de Cartón presenta a historia do Lazarillo de Tormes contada por primeira vez con máscaras e sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con profesionáis cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro. Así, baixo a dirección de Pablo Sánchez e Laura Sarasola; Xosé Manuel Esperante, Xosé Vilarelle e Juan Rodríguez abordan dende o escenario esta coñecida peza da literatura que ademáis forma parte do currículo educativo nas escolas.

 O Concello de A Guarda fai fincapé na realización de actividades seguras, mantendo as medidas de hixiene e seguridade vixentes en cada momento, establecendo as citas e inscricións previas para evitar aglomeracións.  

 Para a obra de teatro “Lázaro de Tormes” deste sábado é preciso inscribirse no Centro Cultural da Guarda (Teléfono 986 611 850 - Correo electrónico: centrocultural@aguarda.es), quedando xa as últimas prazas libres.  

 Haberá un protocolo COVID para garantir a seguridade e a hixiene no recinto, con asentos numerados e separados entre si.    

 “Lázaro de Tormes”, unha comedia sen palabras para gozar en familia.

OIA

PATRIMÓNIO

Considerações paisagistas em Oia
(102ª parte)



Anunciada de Urueña. Estilo lombardo


ENCONTROS POLIORCÉTICOS / Oia      

 Conferência de Nara sobre a AUTENTICIDADE, de 1994; Carta do Património Vernacular Construido, de 1999; Convenção Europeia da Paisagem, de outubro de 2000 ou Declaração de Newcastle sobre Paisagens Culturais, de 2005, bastavam para reprovar as pretensões de uma consignatária que tenciona alterar tudo em Oia sob o álibi do "potencial económico do Património". Com uma linguagem lisonjeira que causa fartura pretendem concretizar um empreendimento urbano costeiro que devia era ser banido do mapa sem contemplações. Há muito texto legal que simplesmente não se cumpre. Ficamos estonteados com a lata destes senhores da "RMO" que ainda teimam em falar de projeto urbano para Oia a menos de 70  metros do claustro incompleto dos Laranjais (a sua alteração ou fecho constitui atentado patrimonial). É nos Laranjais que começa uma história muito mal contada, dado se alterarem os princípios recolhidos na Carta de Veneza ou na Conferência de Nara. Vamos dar prevalência aos aspetos estilísticos, germe das considerações mais puras e isentas por forma a libertar mosteiro de Oia de tanto oportunismo e de tanta desculpa esfarrapada. A primeira será a dos condicionantes estabelecidos nas visitas guiadas, onde primam atitudes alcanforadas e rígidas consistentes num roteiro parco, limitado, donde são preteridas as componentes poliorcéticas. Oia é um recinto defensivo com espaço próprio, um espaço vital irrenunciável que pede largas decenas de metros. Para além disso, sob a desculpa da prevenção e do cuidado do visitante protelam-se zonas concretas do mosteiro e acautelam-se outras, furtando-se assim o sentido todo da visita. Na realidade, desresponsabiliza-se a quem quer mais informação; de facto, aplica-se um tratamento adocenado face um público alvo. Aquilo que mais teme a "RMO" são as discrepâncias, não há réstia de dúvidas. Quanto às bostas de vaca (vilas turísticas) precisam tanto de ressarcimento que premiá-las-iam sem rubor. Prémios justificam muita patifaria ulterior (confiram isto no Forte Novo de Goián e a sua envolvente, ponhamos por caso).   
 
 San Miguel de Lillo. Arte Asturiano


 A arte românica tem alicerces que fundamentam a originalidade do solar hispânico relativamente às suas raizes. Já a inicios do século XI existia uma tradição arquitetónica amadurecida que possibilitou o assento de um estilo românico pleno, próprio e europeu. A tradição construtiva visigoda (s. VII), os monumentos asturianos (s. IX) e as igrejas mozárabes (s. X) criaram uma base indiscutível para um românico característico nosso, de tanta pujança e personalidade como o francês. Falar de pré-românico espanhol é falar de soluções várias a nível de abóbadas, de plantas, suportes. Houve soluções estruturais atempadas decorrentes da conjunção de fatores tais como a geografía política entre norte e sul, a chegada à fronteira do Douro dos cristãos, a deslocação de mozárabes para o norte duriense e, noutro ordem de coisas, a evolução a um e outro lado da Marca Hispânica do chamado Primeiro Românico Internacional, do qual Catalunha converteu-se em bandeira portante. Esse românico lombardo chegou paradoxalmente a terras castelhanas (exemplo disso será a igreja da Anunciada em Urueña, Valladolid), sendo que estas aportações todas juntam-se no norte da Castela, e a relativamente poucos quilómetros, fazendo realidade um repertório físico de templos verdadeiramente admirável. São a semente de tudo o que viria depois. Fazendo resumo dos acréscimos estilísticos que perfazem um qualquer mosteiro do Císter (base pré-românica, elementos estruturais monacais, românico tardio e influência jesuítica no caso da fachada de Oia, para além do barroco sineiro) dispomos de um elenco artístico alargado que abrange séculos de criação. Menção inicial do templo de Wamba vem reforçado com os exemplos de San Cebrián de Mazote (mozárabe) e Anunciada (lombardo), elementos basilares em que se apoia o românico peninsular. Aliás, é de um interesse extraordinário somarmos citação da chamada Rota portuguesa do Românico (sem a qual não se entende nem Oia, nem o caminho sul a Santiago). Rota do Românico  que tem sido labelizada na cidade de Lousada (Centro de Interpretação) e em Abragão (Centro da Escultura Românica), atingindo um considerável sucesso e deixando de parte outras considerações que são do foro da especulação ou o urbanismo costeiro. Incidindo nestes pormenores saberemos separar o trigo do joio, visto que a pretexto de um mosteiro cisterciense costeiro querem edificar vinte prédios monoformais (sim, prédios!) como se nada fosse. É por isso que estudo das precedências e dos estilos manifesta-se da máxima importância, justamente para antagonizar, para neutralizar os falsos patrimonialismos. Assim sendo, resta dizer que ao oeste peninsular chega a arte asturiana ou mozárabe, sentando umas bases estruturais cuja formalização basear-se-á no granito e na silharia bem esquadrada enformando construções compactas e até acasteladas. Atrás ficam tijolo ou calicanto, próprias do românico mudéjar (Sahagún, Arévalo, Cuéllar) sublinhando-se um estilo comúm galego- português. Contudo, reminiscência isolada de Castro de Avelãs (Bragança) será digna de nota, dado assemelhar-se com templos da Meseta.     


 San Cebrián de Mazote. Mozárabe


 Rota do Românico abrange concelhos de Paços de Ferreira, Paredes, Penafiel, Castelo de Paiva, Felgueiras, Amarante, Marco de Canaveses e outras vilas históricas. Vale do Sousa regista mosteiros como Santa María de Pombeiro, em Felgueiras; São Pedro de Ferreira, em Paços de Ferreira; São Pedro de Cête, em Paredes ou São Salvador de Paço de Sousa, em Penafiel. No rio Tâmega, contabilizam-se quatro mosteiros: Santa María de Vila Boa do Bispo, em Marco de Canaveses; Salvador de Travanca, São Martinho de Mancelos e Salvador do Freixo de Baixo, em Amarante. No Douro temos o mosteiro de Santa María de Cárquere, em Resende, bem como mosteiro de Santo Andrés de Ancede em Baião. Ao total, são 58 monumentos (igrejas, capelas, memoriais, pontes, castelos e torres senhoriais) constituintes de um roteiro nortenho português que deve ser sublinhado sem quaisquer rodeios e previamente ao Caminho Português de Santiago. Conotação entre a expansão deste estilo e a organização da terra e a sua ocupação é um dado adquirido. Românico luso está totalmente ligado às paróquias eclesiásticas rurais e aos mosteiros que se fundaram ou reconstituiram nos séculos XII e XIII. A igreja no norte é uma construção simples, de uma nave e teito em madeira bem como um ábside rectangular; no entanto, têm também planta basilical de 3 naves, transepto e ábside (junto de 2 absidíolos terminais circulares ou quadrados). Repositório destas unidades é vastíssimo, assim como a sua riqueza iconográfica.  Temos igualmente uma pegada mozárabe em São Pedro de Lourosa (Coimbra), São Pedro de Balsemão (Lamego), na catedral de Idanha-a-Velha ou na igreja de São Gião na Nazaré. Reformas monásticas seguem a estas manifestações pré-românicas: Cluny depois de 1086; Císter em 1144; Agostinhos depois de 1131. Erguem-se em simultâneo as catedrais de Porto, Viseu, Coimbra e Lisboa. Cada capítulo histórico de Portugal é reforço dos caminhos a Santiago; não há um invés interesseiro que queira sagrar Caminho Português à medida de um interesse empresarial sediado em Vigo. Císter luso é complementar de Oia (nomes como Tarouca, Salzedas, Fiães, Amares, Bouro ou Aguiar têm renome próprio). Da mesma maneira que a ordem beneditina abana com orgulho Ganfei, Carvoeiro ou São Martinho de Tibães. Convém lembrar uma informação de 21 de julho de 2017 no informativo "Minho Digital" relativa à Rota Cisterciense do Alto Minho-Galiza, promovida por gentes de Melgaço e Arcos de Valdevez (Manuel Rodrigues, de Fiães; Belmiro Amorim, de Ermelo; Raúl Fernándes, de Parada do Monte; Cesar Maciel, de Castro Laboreiro; Custódio Branco, do Soajo e João Paulo Torres, arcipreste de Melgaço). Císter alto-minhoto está representado pelos mosteiros de Sanfins de Friestas (Valença do Minho), Santa María de Fiães (Melgaço), Nossa Senhora da Orada (Melgaço), Santa María de Ermelo (Arcos de Valdevez), mas também por Santa María do Bouro (Amares) ou Santa María das Júnias (Montalegre), ligando-se aos galegos de Santa María de San Clodio (Leiro) e a Santa María de Oseira (Cea). Oseira e "tripulado" ainda por 12 monges. Esta dupla realidade de pertença a "Acigal" e a personalidades portuguesas não bate certo. O divórcio que tem estabelecido a "RMO" relativamente a Portugal é suficientemente esclarecedor, visto que não parece querer contar com um Caminho Português pleno e soberano. "RMO" fica no meio de nada com tanta contradição. Esta política interesseira, de bajulação e de focalização obsessiva por um empreendimento urbano acabará por tornar visíveis as intenções reais deste grupo empresarial.  

TOMIÑO

As dificultades para a mobilidade transfronteiriza de menores denunciadas polas Valedoras da Cidadanía, entre os casos destacados do informe B-Solutions  

· A Comisión Europea recolle no seu compendio de cooperación transfronteiriza un informe con propostas para simplificar a libre circulación infantil e xuvenil entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira en intercambios escolares e culturais  

·  O informe do experto da UE José Manuel Sobrino suxire a creación  dun modelo de autorización piloto para áreas transfronteirizas e tratar o tema no vindeiro Cumio Ibérico   


Infogauda / Tomiño

 Obstáculos legais insostibles que minan “un dos obxectivos principais das Eurocidades” e que “frean a cooperación transfronteiriza e nos levan lonxe do ideal dunha cidadanía europea”. Así describe a Comisión Europea os problemas de mobilidade transfronteiriza de menores, no informe elaborado tras a visita de campo do experto José Manuel Sobrino no marco dun proxecto B-Solutions, presentado conxuntamente pola Eurocidade Cerveira-Tomiño e a AECT Galicia-Norte de Portugal como consecuencia do informe das Valedoras da cidadanía transfronteiriza sobre a eliminación de barreiras para a libre circulación de menores entre países veciños para realizar intercambios culturais, deportivos e educativos.  

 Este informe aparece agora recollido no compendio da Comisión Europea dos proxectos presentados ao proxecto B-Solutions, nos que se fai unha análise dos 43 casos identificados durante as dúas primeiras convocatorias, detallando a descrición xeral das solucións propostas en diferentes áreas temáticas e as conclusións principais. 

Os problemas de mobilidade na Eurocidade 

 Tras visitar Tomiño e Vila Nova de Cerveira, o experto da UE José Manuel Sobrino identificou a orixe do obstáculo á libre circulación de menores nos procedementos legais e administrativos actuais de ambos estados, unhas barreiras administrativas que afectan a 2.500 menores na Eurocidade Cerveira-Tomiño. Dous marcos normativos, creados para protexer aos intereses dos menores no estranxeiro, que, cando son aplicados “a espazos transfronteirizos como o da Eurocidade Cerveira-Tomiño, no que se dá unha grande integración e interacción territorial, social e humana, entorpecen o pleno desenvolvemento e formación dos nenos e nenas, limitando as súas posibilidades de beneficiarse das oportunidades que se presentan a ambos lados da fronteira no terreo educativo, cultural, deportivo e de lecer”. Unhas limitacións que, segundo o informe, tamén imposibilitan o uso apropiado e eficiente das infraestruturas e servizos existentes na rexión.  

 O experto salienta que os requirimentos administrativos actuais consumen tempo e cartos e se converten en “insalvables e moi gravosos dende o momento en que o tránsito deixa de ser esporádico e pasa a converterse en continuado ou frecuente nunha contorna transfronteiriza” cunha fronteira separada por apenas 200 metros. Isto dificulta a converxencia entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, impedindo que “o efecto fronteira sexa percibido como unha oportunidade para o desenvolvemento territorial e socioeconómico da zona”.  

 Por todos estes motivos, a Comisión Europea propón no seu informe simplificar e “flexibilizar” as indicacións administrativas necesarias para a mobilidade transfronteiriza de menores non acompañados que cruzan as fronteiras entre España e Portugal para realizar intercambios culturais, deportivos e educativos. Ademais, suxire a creación dun modelo de autorización piloto para a Eurocidade que podería exportarse “a outras fronteiras interiores europeas nas que tamén aparecen estes obstáculos xurídicos e administrativos”.  

 Trataríase dun modelo de autorización específico para as zonas transfronteirizas que debería contar cunha maior duración no tempo, a posibilidade de ser empregada en varias ocasións e estar circunscrita a un territorio transfronteirizo específico como podería ser a Eurocidade. Ademais, suxire que para actividades reguladas como pode ser clases extraescolares ao outro lado da fronteira, a autorización podería ir acompañada dun documento do centro educativo, cultural ou deportivo no que o/a menor realice as actividades. Por outro lado, recomenda que no caso portugués a flexibilidade da autorización contemple outros aspectos como a modificación da lei portuguesa para requirir só a sinatura dun dos dous proxenitores ou titores e eliminar a certificación legal da sinatura, así como considerar a diminución do prezo do propio documento de autorización. 

 Finalmente, o informe recolle a proposta de levar esta problemática ao vindeiro Cumio Ibérico, xa que o considera o escenario ideal para chamar a atención das administracións xerais sobre este tema e abordalo dun xeito práctico e útil.

PONTEVEDRA

Areeiro aconsella manter o nivel de vixilancia ante o desenvolvemento do mildio pese á estabilidade meteorolóxica  

O centro dependente da Deputación de Pontevedra lanzou un novo aviso fitosanitario no que recomenda a vixilancia do oídio e o control dos cítricos ante a Psila africana

    Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

  A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanzou un novo aviso fitosanitario no que reporta unha situación bastante tranquila do mildio nas viñas, debido ás condicións ambientais maioritarias destes días, con tempo estable, solleiro e ventos moderados. Non obstante, ante a probabilidade de mudanza das condicións meteorolóxicas, o centro recomenda continuar vixiando as viñas e non descoidar as prácticas culturais que permitan alixeirar a vexetación e favorecer a aireación.

 En canto ao oídio, Areeiro avisa que as condicións destes días están a ser relativamente favorables á enfermidade. Ademais, as previsións coinciden en que o aumento da humidade relativa do aire estará acompañada por un leve descenso térmico, o que xerará un maior risco. Por isto, Areeiro recomenda manter a vixilancia, en especial das viñas que xa teñan presenza do fungo. Nas viñas tamén se comezaron a observar ataques de trips de forma moi espallada, polo que se debe manter a alerta con respecto a estes insectos.

 Ademais, sobre os cicadelidos o centro de Areeiro observou resultados que distan do limiar de intervención. En relación aos ácaros, esta semana o centro observou un maior número de viñas con síntomas de erinose de verán. No que respecta ás avelaíñas do acio, aínda que polo momento o risco é baixo, na estación observaron algúns ovos esporadicamente, polo que lembran que a realización de intervencións fronte a esta praga debe realizarse razoadamente para evitar a eliminación dos inimigos naturais desta e doutras pragas.

 No que respecta aos cítricos, Areeiro sinala que se observou a presenza de Psila africana en todas as comarcas con poboacións bastante elevadas nas diferentes formas de desenvolvemento. A recomendación habitual de retirar estes órganos e a instalación de trampas segue a ser válida, pero hai que lembrar que no caso de árbores grandes pode ser conveniente tamén intervir cun insecticida autorizado para o control dos psílidos. Sobre as maceiras, o centro da Deputación avisa que antes de decidir realizar un tratamento fronte ó pulgón laníxero debe comprobarse a aparición de formas parasitadas, xa que a temperatura destes días beneficia ó parasitoide Aphelinus mali. 

 Por último, a Estación Fitopatolóxica Areeiro informa do incremento da presenza e do tamaño das eirugas de Cydalima perspectalis (bolboreta do buxo) nas plantas dos buxos. No que atinxe ó black-rot e á botrite o centro explica que a incidencia dos síntomas se mantivo estable durante o transcurso da semana, se ben no caso do segundo o tempo solleiro e os ventos poderían favorecer ao patóxeno.

GALICIA

A Xunta de Galicia adapta o acordo de medidas preventivas para facer obrigatorio o uso de máscaras en todo momento  

Feijóo explica que os cidadáns deberemos levar a máscara tanto ao aire libre como nos espazos pechados, sempre que se poida concorrer con outras persoas e aínda que se poida garantir a distancia de metro e medio

O presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta de Galicia de hoxe
Foto: X.G.

“Todos os expertos coinciden en que o uso xeneralizado de máscaras está a amosarse como unha das medidas máis eficaces para evitar a transmisión do virus”, sinala o presidente da Xunta en funcións  

O Consello tamén autorizou unha nova adquisición de material para a loita contra a covid-19 que supera os 6 M€

Infogauda / Galicia

 O presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o Consello da Xunta vén de adaptar o acordo de medidas preventivas para facer obrigatorio o uso de máscaras en todo momento.

 Deste xeito, explicou que os cidadáns deberemos levar a máscara tanto ao aire libre como nos espazos pechados, sempre que se poida concorrer con outras persoas e aínda que se poida garantir a distancia de metro e medio.

 As excepcións serán: aquelas persoas que teñan problemas respiratorios; cando se trate de persoas convivintes, tanto en espazos abertos como pechados; nas praias e piscinas durante o baño ou cando se permaneza sen desprazarse; nos establecementos de hostalería, no momento de consumir; e no caso de exercicio ao aire libre, sempre que sexa individual.

 “Todos os expertos coinciden en que o uso xeneralizado de máscaras está a amosarse como unha das medidas máis eficaces para evitar a transmisión do virus”, recordou o titular da Xunta, subliñando que, con esta medida, Galicia dá outro paso máis no eido da prevención.

Nova adquisición de material para a loita contra a covid-19: máis de 6 millóns de euros

 Nesa loita contra a covid-19, Feijóo destacou a autorización da tramitación de emerxencia de varios novos expedientes de contratación, por valor de 6,3 millóns de euros, para subministrar material e equipamento aos hospitais do Sergas fronte á covid-19.

 O primeiro dos expedientes aprobados refírese á adquisición de equipos de protección individual por valor de 3,2 millóns, entre os que destacan: preto de 4 millóns de máscaras cirúrxicas; arredor de 20 millóns de luvas de exame de nitrilo e vinilo; 130.000 máscaras FFP2/FFP3; 25.000 pantallas de protección facial; 1.530.000 agullas hipodérmicas; e a adquisición de solución desinfectante e dosificadores.

 O segundo expediente autorizado será para a contratación de diversos traballos e servizos na Área sanitaria da Coruña e Cee, así como para o subministro de materiais e produtos cun investimento total de máis de 2 millóns de euros.

 Desta cantidade, ao redor de 1,3 M€ destinaranse principalmente á adquisición de kits de PCR, ademais de kits de detección de neumonía, kits de detección de ácidos nucleicos e medios de transporte para os virus.

 O importe restante -algo máis de 740.000 euros- repartirase entre cámaras de inhalación para administrar medicamentos, máscaras de protección e máscaras cirúrxicas, termómetros dixitais e luvas de exame e cirurxía, así como gafas de protección ocular e batas protectoras estériles dun só uso.

 No tocante ao terceiro expediente, que conta cun presuposto de 914.536 euros, ten como obxectivo diversos servizos e actuacións na área sanitaria coruñesa. Así, a maior parte deste orzamento destinarase a tarefas de limpeza e desinfección en hospitais, puntos de atención continuada e centros de saúde por 590.000 euros.

 O último dos expedientes atinxe á Área sanitaria de Ferrol e estará destinado ao reforzo do servizo de limpeza no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, necesario para intensificar a desinfección no centro a causa da pandemia da covid-19.

PONTEVEDRA

O REVITALIZA LEVA AOS CONCELLOS AS SÚAS ACTIVIDADES EDUCATIVAS SOBRE COMPOSTAXE  PARA OBRADOIROS E CAMPAMENTOS DE VERÁN   

Os municipios adheridos ao plan provincial poderán realizar de modo gratuíto xornadas divulgativas para rapazada e familias
  
Todos os concellos que estean adheridos ao Plan Revitaliza teñen dereito á realización destas actividades de xeito totalmente gratuíto
Foto: D.PO.


Infogauda / Pontevedra

 O Revitaliza da Deputación de Pontevedra vén de ofrecer aos concellos adheridos ao plan aposibilidade de realizar actividades educativas sobre compostaxe destinadas a nenas e nenos nos meses deverán. Nestes momentos están confirmadas xa actividades nos concellos de Cambados, Bueu, Vila de Cruces, Gondomar e Portas, que se iniciarán o vindeiro 29 de xullo en Cambados para grupos de entre 4 e 11 anos coa actividade ‘Quen vive aí?’.  

 Segundo explica o deputado responsable do Revitaliza, Uxío Benítez Fernández, a situación vivida co COVID-19 provocou unha paralización temporal das actividades programadas pola Deputación e o CEIDA para todos os colectivos e os colexios da provincia. Sen embargo, coñecedores de que moitos municipios poderían realizar actividades para nenas e nenos durante o verán (campamentos urbanos, obradoiros, xornadas divulgativas), ofreceuse a colaboración do Revitaliza para as e os participantes.  

 Todos os concellos que estean adheridos ao Plan Revitaliza teñen dereito á realización destas actividades de xeito totalmente gratuíto. O contido das actuacións será mixto, cunha pequena parte teórica e outra práctica, traballando nos distintos aspectos da compostaxe dunha maneira lúdica aproveitando o período vacacional, sempre en grupos reducidos (entre 8 e 10 crianzas), para acadar a seguridade necesaria segundo o establecido polas autoridades sanitarias e escolares.  

 A duración das actividades será de entre 60 e 90 minutos. En xeral a equipa educativa do CEIDA poderá adaptarse ás diferentes necesidades de cada concello, se ben as actividades están destinadas a nenas e nenos de Primaria (e Secundaria no caso de non cubrir todas as datas). Tamén está aberta a posibilidade de actividades para grupos familiares no caso de que os concellos asoferten.   

 Entre os obradoiros a disposición dos concellos están os xa coñecidos ‘Xogo da miñoca’, ‘Quen vive aí?’, ‘Microcompostaxe’, charlas sobre a compostaxe e visitas aos composteiros comunitarios en función da dispoñibilidade das e dos mestres composteiros de cada localidade.   

 O número máximo de actividades a realizar estará suxeita á dispoñibilidade e enfunción da demanda do programa.As solicitudes dos concellos poden facerse aínda cubrindo o formulario colgado na web revitaliza.depo.gal (onde se poden consultar máis datos) e enviándoo a: revitalizapontevedra@gmail.com.

DEPORTES

580 clubs da provincia do deporte federado de ámbito inferior a nacional beneficiarios das axudas da Deputación  

A institución provincial aproba a concesión destas achegas que este ano se incrementan ata os 675.000 euros e que beneficiarán a entidades de 57 concellos

Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra
Foto: D.PO.


Infogauda / Pontevedra

  "Cremos que o deporte é un ámbito fundamental que as administracións públicas teñen que apoiar". Así se pronunciou hoxe Carmela Silva, a presidenta da Deputación de Pontevedra, con motivo da aprobación pola Xunta de Goberno da concesión das axudas para clubs deportivos que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2020, cuxo investimento ascende a 675.000 euros, 25.000 máis que o ano pasado. Estas axudas permitirán beneficiarse a 580 clubs deportivos sen ánimo de lucro de 57 concellos da provincia.


  O importe total destas subvencións repártese en dúas partidas. A primeira, de 575.000 euros, ten como destinatarios a 566 clubs de deporte federado de ámbito inferior a nacional. Os 100.000 euros restantes repartiranse entre 14 clubs de rexional preferente. "Estamos a falar dun investimento moi relevante", explicou Carmela Silva, "significa que seguimos apostando polo deporte e que aumentamos a financiación este ano, incluso cando a COVID-19 parou moitas competicións".


  A comarca de Vigo, integra 244 clubs beneficiarios e un investimento de 270.907,29 euros, dos cales 158.201,25 euros irán destinados a 142 clubs da cidade viguesa. No Salnés, o investimento é de 122.309,36 euros para 82 clubs. En Pontevedra, 71 clubs accederán a estas axudas, que contarán na comarca cun orzamento de 74.420,26 euros. No Morrazo, 56.202,48 euros irán destinados a 40 clubs, mentres que no Condado-Paradanta 39 clubs se verán beneficiados con estas subvencións, cuxa inversión ascenderá a 56.536,26 euros. Outros 59 clubs do Deza-Tabeirós recibirán 51.831,64 euros, mentres que a Deputación destinará a 45 clubs do Baixo Miño 42.792,71 euros.


  Os clubs pertencen a 70 disciplinas e deportes, polo que estas axudas abranguen dende o fútbol ata os bolos celtas pasando pola loita olímpica, o taekwondo, o salvamento, o ciclismo, o billar, a ximnasia rítmica, o baloncesto, o tenis, o voleibol, o xadrez, o atletismo, a hípica ou a petanca. Entre as entidades beneficiarias tamén se atopan clubs de deporte adaptado e clubs femininos.


  As concesións das axudas se reparten por un réxime de concorrencia competitiva, é dicir, con criterios obxectivos. "Tívose en conta o número de licencias, o ámbito de competición do equipo de referencia, o número de categorías, o número de licenzas femininas e os que teñan licenzas de deporte adaptado", sinalou a presidenta.


  Esta é unha liña máis do conxunto de axudas que este ano puxo en marcha o ente provincial para apoiar o deporte da provincia. Estas subvencións, sumadas ás Actividades Depo presentadas a semana pasada, ó programa DepoPromo, ás subvencións ó deporte náutico, o deporte de ámbito nacional, dos convenios cos clubs de alto nivel, a organización de actividades deportivas e a concesión das bolsas ás e aos deportistas coa marca DepoDAN e DepoPromesa, supoñen máis de 3,6 millóns de euros en investimentos para o deporte da provincia.

LABORAL

O COMITÉ DE EMPRESA DO CONCELLO DE PONTEAREAS DENUNCIA A ACTITUDE DO GOBERNO MUNICIPAL 

Infogauda / Ponteareas 

 No día de hoxe recibimos na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo o seguinte comunicado:



(R.)