Areeiro aconsella manter o nivel de vixilancia ante o desenvolvemento do mildio pese á estabilidade meteorolóxica
O centro dependente da Deputación de Pontevedra lanzou un novo aviso fitosanitario no que recomenda a vixilancia do oídio e o control dos cítricos ante a Psila africana
Infogauda / Pontevedra
A Estación Fitopatolóxica Areeiro,
centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanzou un novo
aviso fitosanitario no que reporta unha situación bastante tranquila do mildio
nas viñas, debido ás condicións ambientais maioritarias destes días,
con tempo estable, solleiro e ventos moderados. Non obstante, ante a
probabilidade de mudanza das condicións meteorolóxicas, o centro
recomenda continuar vixiando as viñas e non descoidar as prácticas
culturais que permitan alixeirar a vexetación e favorecer a aireación.
En canto ao oídio, Areeiro avisa que as condicións destes días están a ser relativamente favorables á enfermidade. Ademais, as previsións coinciden en que o aumento da humidade relativa do aire estará acompañada por un leve descenso térmico, o que xerará un maior risco. Por isto, Areeiro recomenda manter a vixilancia, en especial das viñas que xa teñan presenza do fungo. Nas viñas tamén se comezaron a observar ataques de trips de forma moi espallada, polo que se debe manter a alerta con respecto a estes insectos.
Ademais, sobre os cicadelidos o centro de Areeiro observou resultados que distan do limiar de intervención. En relación aos ácaros, esta semana o centro observou un maior número de viñas con síntomas de erinose de verán. No que respecta ás avelaíñas do acio, aínda que polo momento o risco é baixo, na estación observaron algúns ovos esporadicamente, polo que lembran que a realización de intervencións fronte a esta praga debe realizarse razoadamente para evitar a eliminación dos inimigos naturais desta e doutras pragas.
No que respecta aos cítricos, Areeiro sinala que se observou a presenza de Psila africana en todas as comarcas con poboacións bastante elevadas nas diferentes formas de desenvolvemento. A recomendación habitual de retirar estes órganos e a instalación de trampas segue a ser válida, pero hai que lembrar que no caso de árbores grandes pode ser conveniente tamén intervir cun insecticida autorizado para o control dos psílidos. Sobre as maceiras, o centro da Deputación avisa que antes de decidir realizar un tratamento fronte ó pulgón laníxero debe comprobarse a aparición de formas parasitadas, xa que a temperatura destes días beneficia ó parasitoide Aphelinus mali.
Por último, a Estación Fitopatolóxica Areeiro informa do incremento da presenza e do tamaño das eirugas de Cydalima perspectalis (bolboreta do buxo) nas plantas dos buxos. No que atinxe ó black-rot e á botrite o centro explica que a incidencia dos síntomas se mantivo estable durante o transcurso da semana, se ben no caso do segundo o tempo solleiro e os ventos poderían favorecer ao patóxeno.

Ningún comentario:
Publicar un comentario