Últimas prazas dispoñibles para a obra de teatro infantil “Lázaro de Tormes”
A representación será este sábado día 18 de xullo, ás 20:00 horas, no auditorio de San Bieito
Infogauda / A Guarda
O Auditorio de San Benito será este sábado día 18 de xullo, ás 20:00 horas, o escenario da representación teatral “Lázaro de Tormes”, unha actividade destinada principalmente para público familiar.
A
representación teatral “Lázaro de Tormes” corre a cargo da Compañía
Pedras de Cartón, que chega a refrescante vila guardesa despois de
participar no Festival de Teatro Clásico de Almagro.
Pedras de Cartón
presenta a historia do Lazarillo de Tormes contada por primeira vez con
máscaras e sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con
profesionáis cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da
man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro. Así, baixo a dirección de Pablo Sánchez e Laura Sarasola; Xosé
Manuel Esperante, Xosé Vilarelle e Juan Rodríguez abordan dende o
escenario esta
coñecida peza da literatura que ademáis forma parte do currículo
educativo nas escolas.
O Concello de A Guarda fai fincapé na realización de actividades seguras, mantendo as medidas de hixiene e seguridade vixentes en cada momento, establecendo as citas e inscricións previas para evitar aglomeracións.
Para a obra de teatro “Lázaro de Tormes” deste sábado é preciso inscribirse no Centro Cultural da Guarda (Teléfono 986 611 850 - Correo electrónico: centrocultural@aguarda.es), quedando xa as últimas prazas libres.
Haberá un protocolo COVID para garantir a seguridade e a hixiene no recinto, con asentos numerados e separados entre si.
“Lázaro de Tormes”, unha comedia sen palabras para gozar en familia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario