17 de xul. de 2020

PONTEVEDRA

O REVITALIZA LEVA AOS CONCELLOS AS SÚAS ACTIVIDADES EDUCATIVAS SOBRE COMPOSTAXE  PARA OBRADOIROS E CAMPAMENTOS DE VERÁN   

Os municipios adheridos ao plan provincial poderán realizar de modo gratuíto xornadas divulgativas para rapazada e familias
  
Todos os concellos que estean adheridos ao Plan Revitaliza teñen dereito á realización destas actividades de xeito totalmente gratuíto
Foto: D.PO.


Infogauda / Pontevedra

 O Revitaliza da Deputación de Pontevedra vén de ofrecer aos concellos adheridos ao plan aposibilidade de realizar actividades educativas sobre compostaxe destinadas a nenas e nenos nos meses deverán. Nestes momentos están confirmadas xa actividades nos concellos de Cambados, Bueu, Vila de Cruces, Gondomar e Portas, que se iniciarán o vindeiro 29 de xullo en Cambados para grupos de entre 4 e 11 anos coa actividade ‘Quen vive aí?’.  

 Segundo explica o deputado responsable do Revitaliza, Uxío Benítez Fernández, a situación vivida co COVID-19 provocou unha paralización temporal das actividades programadas pola Deputación e o CEIDA para todos os colectivos e os colexios da provincia. Sen embargo, coñecedores de que moitos municipios poderían realizar actividades para nenas e nenos durante o verán (campamentos urbanos, obradoiros, xornadas divulgativas), ofreceuse a colaboración do Revitaliza para as e os participantes.  

 Todos os concellos que estean adheridos ao Plan Revitaliza teñen dereito á realización destas actividades de xeito totalmente gratuíto. O contido das actuacións será mixto, cunha pequena parte teórica e outra práctica, traballando nos distintos aspectos da compostaxe dunha maneira lúdica aproveitando o período vacacional, sempre en grupos reducidos (entre 8 e 10 crianzas), para acadar a seguridade necesaria segundo o establecido polas autoridades sanitarias e escolares.  

 A duración das actividades será de entre 60 e 90 minutos. En xeral a equipa educativa do CEIDA poderá adaptarse ás diferentes necesidades de cada concello, se ben as actividades están destinadas a nenas e nenos de Primaria (e Secundaria no caso de non cubrir todas as datas). Tamén está aberta a posibilidade de actividades para grupos familiares no caso de que os concellos asoferten.   

 Entre os obradoiros a disposición dos concellos están os xa coñecidos ‘Xogo da miñoca’, ‘Quen vive aí?’, ‘Microcompostaxe’, charlas sobre a compostaxe e visitas aos composteiros comunitarios en función da dispoñibilidade das e dos mestres composteiros de cada localidade.   

 O número máximo de actividades a realizar estará suxeita á dispoñibilidade e enfunción da demanda do programa.As solicitudes dos concellos poden facerse aínda cubrindo o formulario colgado na web revitaliza.depo.gal (onde se poden consultar máis datos) e enviándoo a: revitalizapontevedra@gmail.com.

Ningún comentario:

Publicar un comentario