28 de nov. de 2019

A GUARDA

O OBRADOIRO DE EMPREGO “MANUEL B. PORTELA VI” FORMA DENDE HOXE A 20 DESEMPREGADAS EN ATENCIÓN SOCIOSANITARIA       

· O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, inaugurou esta iniciativa coa que o alumnado recibirá formación cun certificado de profesionalidade e un contrato de traballo   

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou esta mañá na inauguración do novo obradoiro de emprego da Guarda “Manuel B. Portela VI”
Foto: X.G.


Infogauda / A Guarda

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou esta mañá na inauguración do novo obradoiro de emprego da Guarda “Manuel B. Portela VI”, que permitirá a 20 persoas desempregadas desta localidade formarse en atención sociosanitaria a persoas en domicilio.   

 O delegado estivo acompañado neste acto do alcalde da localidade, Antonio Lomba Baz; a concelleira de Formación e Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez Marcos; a concelleira de Facenda e Persoal, Mª Montserrat Magallanes Álvarez; a técnica de Emprego do Concello, Mª Elena Rodríguez; así coma representantes da corporación municipal, equipo directivo, docente e alumnado do obradoiro.

 Esta iniciativa trátase dun obradoiro dual que permitirá non só levar a cabo unha formación teórica senón tamén práctica. Contará con 20 alumnas que se formarán durante 9 meses. A Xunta achegará para o desenvolvemento do mesmo un total de 336.446 euros.   

 Deste xeito, as alumnas aproveitarán para desenvolver as súas prácticas con visitas a persoas dependentes en domicilio. Ademais dos alumnos, este obradoiro tamén contará con un director, unha titora, e dúas docentes en área sanitaria e social. 

 Tal e como manifestou o alcalde de A Guarda, este é o primeiro obradoiro que se realiza na vila dende o ano 2008, motivo de satisfacción para o Concello, posto que permitirá formar a persoas da localidade nun sector cunha alta demanda na actualidade, promovendo o emprego e a calidade da atención ás persoas dependentes, o que repercutirá na calidade de vida dos nosos veciños.  

 A concelleira de Formación e Desenvolvemento Local quixo agradecer á Xunta de Galicia que aprobase a realización deste obradoiro na vila, unha vella demanda, que permitirá ter novamente na nosa localidade unha formación de calidade cun alto índice de inserción laboral, convidando ao alumnado participante a aproveitar os coñecementos que van a adquirir neste obradoiro para mellorar a nivel persoal e laboral.

 En total, en Galicia aprobáronse 77 iniciativas cun orzamento de 22,3 M€. Os beneficiarios recibirán formación con certificado de profesionalidade e tamén un contrato de traballo. Na provincia de Pontevedra desenvolveranse 21 iniciativas (15 duais e 6 xuvenís).  

 Trátase da segunda convocatoria deste programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación para o emprego recibida, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción laboral. A duración dos obradoiros duais será de 9 meses.  

 Entre os criterios de valoración desta convocatoria destacaron a maior puntuación para os concellos asociados ou resultantes de fusións de dous ou máis municipios, así como para os concellos emprendedores. Tamén se primaron os proxectos que tiveron máis actividades relacionadas coas TIC e coa economía dixital; a relación do proxecto co tecido empresarial do territorio e, nos casos dos obradoiros duais, valorouse o desenvolvemento dun programa de inserción laboral mediante incentivos á contratación laboral durante un mínimo de tres meses a xornada completa.  

 Os obradoiros de emprego forman parte da Axenda 20 para o Emprego que inclúe, entre os seus obxectivos, mellorar a formación, capacitación e especialización dos traballadores ao longo da vida laboral como panca de cambio. Permite, ademais, actualizar a formación para o emprego nun contexto de aparición de novas ocupacións e transformación ou desaparición doutras.

A GUARDA

PATRIMÓNIO

Fortaleza de Santa Cruz, na Guarda, terá Incoação de Expediente Sancionador
 

ENCONTROS POLIORCÉTICOS / A Guarda 

 Violentação da Zona Verde de Proteção Arqueológica (ZVPA), mercê do arranque de raízes e tocões em número superior à centena, determinou a apresentação da correspondente queixa na Direção Geral do Património Cultural da Xunta de Galiza no día 19 de outubro de 2017. Outras queixas foram feitas desde essa data relativamente às omissões do concelho da Guarda, vandalismo e desleixo do anterior concelheiro de Património. Obviamente, têm servido de muito, apesar da guerra suja praticada pelo PSdeG todo este tempo. Atual concelheira-orquestra representa o pior do chequismo cultural e nada de bom fará no relativo ao maltratado expolio arquitetónico militar nestas bandas. Aquando castelos medievais ou fortalezas modernas são alvo de estudo e interpretação em todo o mundo, estes socialistas preconceituosos ousaram contravir tendências assentes em tudo o que for palestra ou tribuna. No mínimo, qualificativo da falta cometida será de GRAVE, dado que uma Zona de Proteção é intocável. 




 Há uns meses atrás uma série de artigos publicados no "Infogauda" falava da importância da obra externa em Santa Cruz; mas os nabos socialistas continuaram a menosprezar todo o tipo de palestras que tocassem a questão poliorcética. Caça às bruxas é pauta permanente no concelho guardense. Demissão da senhora Montserrat Magallaes vai em simultâneo com um verdadeiro plano de GESTÃO na fortaleza de Santa  Cruz. Se o PP estivesse disponível até poderia aproveitar esta ocasião para limpar de vez o consistório guardense. 

A GUARDA

Información sobre a liberación do Segundo Dividendo Dixital para a recepción do sinal TDT 

Na zona de A Guarda o inicio deste proceso está marcado para o primeiro trimestre de 2020


Infogauda / A Guarda 

 O executivo municipal do Concello de A Guarda que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, deu a coñecer este xoves 28 de novembro de 2019 que “a liberación do Segundo Dividendo Dixital é un proceso consistente na reorganización e abandono dalgunhas canles nas que se está a emitir a TDT na actualidade para deixar libre a banda de 700 MHz (frecuencias entre 694 Mhz e 790 MHz), necesaria para os novos servizos de banda larga (5G). 

 Este proceso debe estar rematado a máis tardar o 30 de xuño de 2020 (Decisión (UE) 2017/899 do Parlamento Europeo e do Consello). 

 En xuño de 2019 publicouse o Real Decreto 391/2019 polo que se aproba o novo Plan Técnico nacional da TDT (PTNTDT) e se regulan determinados aspectos para a liberación do Segundo Dividendo Dixital (2DD). 

 Este Real Decreto define as Áreas xeográficas nas que se divide o país, en canto ao uso das canles radioeléctricas asignadas aos prestadores do servizo de comunicación audiovisual televisiva, e identifica os concellos pertencentes a cada área xeográfica. 

 Ademais, recolle as canles radioeléctricas asignadas aos 8 múltiplex dixitais de cobertura estatal e autonómica, en cada unha das áreas xeográficas.

 En setembro de 2019 comezaron as novas emisións nos primeiros centros emisores, despregando as novas canles de emisión, e de forma progresiva iranse acendendo as novas canles no resto de centros afectados. Realizarase simulcast (emisións de forma simultánea na nova canle e a antiga) nos centros máis relevantes. Antes do 30 de xuño de 2020 deberá producirse o cesamento das emisións das canles na banda de frecuencias 694-700 MHz (liberación do segundo dividendo dixital). 

 Na zona de A Guarda o inicio deste proceso está marcado para o primeiro trimestre de 2020.   

 A liberación da banda de 700 MHz implica que as canles que actualmente ocupan a devandita banda desprazaranse a outra parte do espectro radioeléctrico. Isto requirirá a adaptación das infraestruturas de recepción colectiva nalgúns edificios. Esta adaptación dependerá do número de múltiples que empregan a banda de 700 MHz en cada unha das áreas xeográficas.  

¿Qué temos que facer? 

 As adaptacións necesarias que terán que facer os cidadáns para non perder a oferta televisiva: 

•Actuación dun instalador rexistrado de telecomunicacións nos edificios de vivenda con: 

1.Centraliña programable 
2.Amplificador monocanle 

 (Non será necesario realizar adaptación nas vivendas que teñan instalado amplificadores de banda larga, como por exemplo vivendas unifamiliares ou edificios comunitarios de menor tamaño) 

•Resintonización dos televisores en todas as vivendas unha vez que finalicen os simulcast. 

 O custo das actuacións necesarias para a adaptación estará subvencionado. O 21 de xuño de 2019 aprobouse o Real Decreto polo que se conceden subvencións para as actuacións nos sistemas de recepción do sinal de TDT nas edificacións afectadas polo segundo Dividendo Dixital. A contía da subvención oscila entre 104,3€ e 677,95€, en función dos cambios precisos para a adaptación. A solicitude de axudas realizarase en liña a través da sede electrónica do Ministerio de Economía e Empresa, ata o 30 de setembro de 2020 trala realización da adaptación das instalacións de recepción do sinal da TDT. 

 Para máis información pódese consultar na web http://www.televisiondigital.es ou nos teléfonos 901 201 004 910 889 879

SALCIDOS (A GUARDA)

SALCIDOS EN BRANCO E NEGRO -  ÁLBUM FOTOGRÁFICO DA PARROQUIA DE SALCIDOS II

O libro será presentado o vindeiro día 14 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón Parroquial de Salcidos


Infogauda / Salcidos 


 Logo dun tempo de edición, o libro Salcidos en Branco e Negro - Álbum fotográfico da parroquia de Salcidos II, coordinado por Antonio Fontenla Martínez, xa é unha grata realidade, de tal xeito que será presentado o vindeiro día 14 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón Parroquial de Salcidos.

 Ademáis dunha selección de fotografías de varios autores, cedidas por varias familias da parroquia salcidense, na publicación tamén tiveron cabida varios artigos que achegan curiosidades, perfís humanos, sembranzas,..., de persoas de Salcidos que cada unha ao seu xeito, deixaron no pasado século XX súa pegada na memoria colectiva.

 O acto da presentación servirá non soio para dar a coñecer esta nova aportación bibliográfica que contribúe, ao igual que o volume anterior, a difusión do labor de diferentes fotógrafos que exerceron súa actividade profesional na Guarda e súa comarca, e ao mesmo tempo a posta en valor do patrimonio humano, material e inmaterial de Salcidos; senón que servirá para que ás persoas que oportunamente habían feito á reserva dos seus exemplares poidan recollelos e comezar a gozar coa lectura e contemplación do continente e - sobor de todo - do contido de Salcidos en Branco e Negro - Álbum fotográfico da parroquia de Salcidos II. 

 E ás persoas que non fixeron súa reserva de exemplares tamén poden asistir á presentación, xa que alí mesmo serán informadas axeitadamente como e onde poden mercar os exemplares que desexen.

TUI

Conferencia  

“O Monumento aos Mártires de Sobredo na obra de Camilo Nogueira e na historia da arte galega”, por  Carlos L. Bernárdez, escritor e crítico de Arte  

Sábado 30 de novembro do 2019, ás 19:00 horas, na Sala Félix Rodríguez – Parte traseira Área Panorámica (Tui)   
 


IEAMSo / Tui

 Carlos L. Bernárdez, escritor e crítico de Arte impartirá, o sábado, 30 de novembro, a partir das 19:00 horas (sete da tarde) a conferencia titulada “O Monumento aos Mártires de Sobredo na obra de Camilo Nogueira e na historia da arte galega”. Terá lugar na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica (Tui).  

 Abordase con este tema o aspecto artístico dunha obra escultórica concibida para perpetuar a memoria dos sucesos de Sobredo, nos que perderon a vida tres persoas e varias ducias resultaron feridas, o 28 de novembro do ano 1922, neste lugar da parroquia tudense de Guillarei, cando a Garda Civil disolveu a tiros a concentración de labregas e labregos que participaban nun acto solidario, de apoio a un veciño de Sobredo, que por non pagar rendas de foros ia sufrir un embargo de bens.  

 O Monumento aos Mártires realizado por Camilo Nogueira, por encargo de entidades sociais e subscrición popular, inaugurouse en 1932, no décimo cabodano dos feitos. A obra, nos primeiros días do golpe de estado franquista, sufriu un atentado con dinamita que a derrubou. Foi reconstruída nos anos 80, así mesmo, por iniciativa de entidades asociativas, cincuenta anos despois da súa destrución, nunha das primeiras iniciativas de recuperación de memoria histórica, promovida por colectivos sociais (Asociacións de veciños, Culturais, e Comunidades veciñais propietarias de montes en man común).  

 Presentará ao conferenciante Marga do Val, escritora e directora do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSo), entidade que organiza a actividade, dentro do ciclo “Sobredo, 97 anos despois”, co que se continua cos actos de conmemoración dos sucesos de Sobredo.

RANDUFE (TUI)

X MOSTRA TEATRAL "MIGUEL TRONCOSO"

Organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza



IGUALDADE

Carmela Silva recolle o premio Meninas á Deputación de Pontevedra, única institución pública galega distinguida este ano polo seu labor a prol da igualdade  

A presidenta provincial lanzou o reto ás administracións "para dar un paso adiante e non organizar actos ou foros nos que non haxa unha representación paritaria

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego - na primeira fileira, 2ª pola dereita -, recolleu hoxe no acto da Delegación do Goberno en Galicia, en Santiago de Compostela, o premio Meninas 2019
Foto: D.PO.


Infogauda / Pontevedra

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, recolleu hoxe no acto da Delegación do Goberno en Galicia, en Santiago de Compostela, o premio Meninas 2019 pola súa contribución á Igualdade. A Deputación, única institución galega merecente do galardón que patrocina o Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, ve deste xeito recoñecido o seu labor neste eido, que comezou no ano 2015, ao chegar ao goberno provincial, coa creación do servizo de Igualdade e, a partir de entón, pola continua actividade a prol da igualdade e a loita contra as violencias machistas.  

 Durante a cerimonia de entrega en Compostela, que pecha unha semana marcada polas conmemoracións do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, destacouse a  acción continua e o esforzo da Deputación de Pontevedra "en tódolos ámbitos da vida política, económica, cultural e social da provincia". Recoñeceuse a súa colaboración con entidades de iniciativa social e tamén cos concellos e citouse o desenvolvemento de accións de sensibilización e a posta en marcha de campañas contra as violencias machistas. De feito, o delegado do Goberno, Javier Losada, recalcou no seu discurso que o premio para a Deputación pontevedresa débese "ao seu compromiso coa Igualdade de palabra e de obra" e engadiu, ademais, "un recoñecemento especial a Carmela Silva, porque ela sabe o que é sufrir o machismo en primeira persoa". 

 A presidenta da Deputación, que subiu ao estrado acompañada da deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, lanzou un reto na súa intervención. Invitou ás administracións públicas a non organizar ningún acto institucional, xornada ou conmemoración na que non haxa unha representación paritaria de mulleres e homes. "Estamos fartas de ver fotos con presencia exclusiva de homes", denunciou. "As mulleres estamos en tódolos eidos, somos o 52% da poboación e o 54% das persoas tituladas, temos os mellores expedientes, os currículos máis notables e por iso  queremos estar en todo e dirixir a metade de todo". 

 Carmela Silva comezou o seu discurso de agradecemento lembrando ás 52 mulleres asasinadas no que vai de ano pola violencia machista e ás 1.028 dende que hai rexistros, é dicir, dende 2003, "e a todas as mulleres asasinadas polo feito de ser mulleres aínda que non estean recoñecidas na Lei". Subliñou Silva que para a Deputación de Pontevedra non hai prioridade maior que a Igualdade e o traballo constante para loitar contra a invisibilización, o silencio e o maltrato das mulleres. Neste senso fixo unha defensa explícita da linguaxe inclusiva "porque o pensamento nace da linguaxe".  

 A presidenta provincial rematou con dúas citas de feministas tan coñecidas como Amelia Valcárcel e Simone de Beauvoir. Aproveitou a advertencia da escritora francesa sobre a suficiencia dunha crise para que se volvesen cuestionar os dereitos das mulleres, para retar aos negacionistas da violencia de xénero "que campan por España e polo mundo": "Como ela dixo, estamos vixiantes, estamos alerta e sen dar un paso atrás. Que saiban que non o imos a consentir". En declaracións previas aos medios de comunicación, Silva felicitou ao resto de colectivos que este ano recibiron o premio Meninas, así como ás persoas que obtiveron mencións polo seu traballo diario. Ademais, destacou a importancia deste tipo de galardóns, pois teñen, afirmou, "un enorme valor simbólico para visibilizar ás persoas que traballan polo obxectivo máis potente da humanidade, que é a Igualdade".  

 Xunto coa Deputación de Pontevedra recibiron o premio Meninas o Centro de Estudios de Xénero e Feminismos da Universidade da Coruña, a Asociación Mirabal de Betanzos, a Asociación de Mulleres Escola Rural de Saúde da Limia e a Asociación Aliad Ultreia. Recibiron mencións o equipo de Muller e Menor da Garda Civil de Pontevedra; a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño; a inspectora xefa da sección da Unidade Central de Redes de Inmigración Ilegal e Falsidades Documentais da Policía Nacional na Coruña; a Unidade de Familia e Muller da Policía Nacional de Lugo e, finalmente, a psicóloga no servizo de Xestión de Penas e Medidas Alternativas de Pereiro de Aguiar, Ana Belén Pardo López. Os Premios Meninas entréganse desde o ano 2004 a nivel estatal da man da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero.

EMERXENCIAS

A Xunta de Galicia avoga pola cooperación transfronteiriza para acadar avances na atención e xestión das emerxencias  

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na inauguración da cuarta edición do Alto Minho Firecamp, un seminario de referencia sobre incendios forestais incluído no proxecto ARIEM+

O Goberno galego lidera este programa, no que participan Portugal e Castela e León, destinado á prevención e mitigación dos efectos do cambio climático mediante unha xestión conxunta dos recursos

     Foto: X.G.

Infogauda / Viana do Castelo

  O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na inauguración da cuarta edición do Alto Minho Firecamp, un seminario que se celebra cada dous anos sobre os incendios forestais e o cambio climático, e que se enmarca nas actuacións do proxecto ARIEM+ liderado pola Xunta. Na súa intervención, destacou a importancia da cooperación transfronteiriza para acadar avances na xestión e atención das emerxencias que repercuten en beneficio dos cidadáns.  

 Villanueva incidiu en manter e fortalecer esta cooperación co norte de Portugal e incluír a novos socios, como é o caso de Castela León, que tamén forma parte do ARIEM+. A través deste proxecto, a Xunta colabora con Portugal e con Castela e León en materia de emerxencias e riscos transfronteirizos, en torno á prevención e xestión de riscos naturais relacionados co clima e coas actividades humanas. Nesta liña, o director xeral de Emerxencias sinalou que a cooperación entre rexións fronteirizas permite acadar máis eficiencia e tamén máis oportunidades para acceder a fondos comunitarios no novo modelo financeiro da Unión Europea.  

 Ás xornadas tamén asistiu o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, que ofreceu unha ponencia sobre o ARIEM+ e as vantaxes de compartir recursos transfronteirizos. Este proxecto, ademais de avaliar a prevención de riscos naturais e por factores humanos, define as medidas de adaptación e mitigación do cambio climático con medidas para sensibilizar á poboación, de protección civil e relacionadas coa creación de sistemas e infraestruturas de xestión de catástrofes.  

 Así, no marco deste programa que da continuidade ao ARIEM 112, a Xunta e os seus socios traballan na xestión conxunta dos recursos humanos e materiais en situacións de risco para mellorar a atención e a coordinación das emerxencias dun e outro lado da fronteira, xunto coa identificación dos riscos da zona e a posta en marcha dun plan de actuación contra eles.  

 O Alto Minho Firecamp reunirá hoxe e mañá a expertos, persoal dos servizos operativos de combate e prevención de incendios, técnicos e responsables de administracións de distintos países para compartir coñecementos. Nesta cuarta edición do seminario abordarase o papel da administración pública na prevención e na extinción de incendios, o uso do lume e as súas modificacións na paisaxe e a investigación e a operativa no combate dos futuros lumes. Este espazo de debate é xa un referente na análise do problema dos incendios forestais e nos riscos que supoñen as alteracións provocadas polo cambio climático.

LABORAL

PROTESTA APV 

Este venres 29 de 10:00 a 10:30 horas coincidindo co consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo

Infogauda / Vigo

 A CIG de Vigo convoca unha protesta simbólica este venres 29 de novembro, de 10:00 a 10:30 horas, coincidindo co consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo (APV) para esixir contar con representación no organismo, tal e como lle corresponde como sindicato máis votado nas eleccións sindicais da APV. 

 A mobilización terá lugar diante do edificio de sesións do ente público, situado no peirao de trasatlánticos, despois de que o presidente do ente público non contestase os requirimentos feitos en varias ocasións pola central nese sentido.

SAÚDE

1 de decembro, Día Mundial da Resposta ante o VIH e a Sida 

Prevención e detección precoz, claves para minimizar o impacto do VIH e Sida entre a poboación

Baixo o lema “A información dáche o poder”, a Organización puxo en marcha unha nova campaña de sensibilización coa que se pretende continuar incidindo na importancia da información, a prevención e a detección precoz.


Cruz Vermella Baixo Miño / A Guarda

 Cruz Vermella Española e Cruz Vermella Mocidade poñen en marcha a campaña “A información dáche o poder” coa que se pretende incidir na importancia da prevención e a redución de condutas de risco. A campaña realizarase na Guarda cos alumnos do IES A  Sangriña, a través dunha mesa informativa á que se poderán achegar todos os alumnos e alumnas que así o decidan e recoller materiais informativos sobre esta xornada. Con iso perséguese sensibilizar e promover cambios en actitudes e comportamentos relacionados co estigma e a discriminación cara ás persoas que viven con VIH e/ou sida.   

 O VIH continúa sendo un problema de saúde mundial. A pesar de que se produciron importantes avances na prevención, detección e tratamento do VIH, segundo datos de  ONUSIDA ao redor dunhas 150.000 persoas vivían con VIH en España e no 2017 producíronse 4.100 novas infeccións. Desde o inicio da sida en España notificáronse un total de 86.663 casos. Tras alcanzar o seu punto álxido a mediados da década dos 90, o número de casos notificados experimentou un descenso progresivo desde 1996 ata hoxe.       

 En España atopámonos moi preto de alcanzar os obxectivos de 90-90-90 expostos por  ONUSIDA para o ano 2020. É dicir, que o 90% das persoas que viven co VIH coñezan o seu estado  serológico respecto a a infección, que o 90% das persoas diagnosticadas co VIH reciban terapia antirretroviral continuada e que o 90% das persoas que reciben terapia antirretroviral teñan supresión  viral. En referencia ao primeiro obxectivo estamos actualmente no 86,2% de pacientes que se estima viven co VIH e están diagnosticados, mentres que superamos os outros dous obxectivos: un 93,4% das persoas diagnosticadas reciben tratamento e un 90,4% alcanzaron a supresión  viral.   

 A pesar dos logros alcanzados aínda quedan retos pendentes. Un deles é reforzar a prevención para evitar novas infeccións, así como conseguir realizar unha detección precoz cando se produzan. Nos últimos tempos, o número de persoas que descoñecen estar infectadas descendeu desde un 30% ata un 14%,  acercándomos moito á consecución dos obxectivos expostos para España por  ONUSIDA.      

 Por outra banda, Cruz Vermella Española tamén se adheriu este ano ao Pacto Social pola Non Discriminación e a Igualdade de Trato asociada ao VIH do Ministerio de Sanidad, Consumo y Benestar Social ( MSCBS).    

Servizo Multicanle de Información e Prevención do VIH  

 Trátase dun servizo que Cruz Vermella presta á poboación a través de diferentes canles como redes sociais, páxina web, teléfono de atención e chat, para atender de forma gratuíta e anónima a diferentes consultas relacionadas con VIH e Sida. A través deste servizo, durante 2018 deuse resposta a máis de 50.000 consultas, das cales un 20% aproximadamente van encamiñadas a axudar a que as persoas accedan ao diagnóstico temperán da enfermidade.

Servizo Multicanle de Información e Prevención do VIH e outras ITS

Chat Facebook Twitter Web 900 111 000

ARCOS DE VALDEVEZ

Câmara Municipal apoia em 102 mil euros a recuperação de mais 11 casas de famílias desfavorecidas  

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A promoção da melhoria das condições de habitabilidade das famílias continua a marcar a intervenção social do Município de Arcos de Valdevez.

 De facto, a casa representa um bem essencial para a organização da vida familiar, individual e social, sendo por isso, uma prioridade de intervenção do Município, que desenvolve uma política que aposta nas pessoas e na melhoria das suas condições de vida. Foi neste sentido que na última reunião de câmara aprovou mais 11 pedidos de apoio no valor total de 102.004,40€. 

 Este montante será direcionado para obras relacionadas com a recuperação de telhados, resolução de problemas de infiltrações de água, recuperação de soalhos, construção de casas de banho, melhoramento de infraestruturas elétricas, entre outros. 

 Estes apoios somam-se a outros já concedidos neste último ano, que perfazem um valor global de 320 mil euros canalizados para 38 famílias, as quais englobam 73 pessoas.

LABORAL

A CIG-Industria reclama máis seguridade laboral en Lear cunha protesta no Porriño 

A empresa de automoción rexistrou 2 sinistros mortais nos últimos meses

A federación de Industria da CIG de Vigo desenvolveu hoxe unha concentración ás portas de Lear Corporation no Porriño
Foto: CIG

Infogauda / O Porriño

 A federación de Industria da CIG de Vigo desenvolveu hoxe unha concentración ás portas de Lear Corporation no Porriño para reclamar máis seguridade laboral na empresa do sector da automoción, despois de que nos últimos meses se rexistrasen tres accidentes graves, dous deles mortais. A central denuncia os altos niveis de precariedade laboral e subcontratación e insta a Inspección de Traballo e Fiscalía a actuar para depurar responsabilidades.  

 Traballadores/as de Lear e delegados/as sindicais da industria viguesa do automóbil participaron nunha protesta que se desenvolveu de 11:00 a 12:30 horas nas instalacións da compañía no polígono das Gándaras, onde despregaron unha faixa na que se podía ler “A precariedade laboral mata”.  

 Ao remate da mobilización, o secretario comarcal da CIG-Industria de Vigo, Xulio Fernández, tomou a palabra para asegurar que a sucesión de accidentes laborais de tanta gravidade nesta empresa “non poden ser casualidade”.  

 O responsábel sindical fixo fincapé na elevada precariedade das condicións de traballo e nas cadeas de subcontratación, xa que Lear nútrese de persoal de ETT, empresas multiservizos e Centros Especiais de Emprego, o que se traduce na entrada de traballadores/as sen a experiencia nin a formación axeitada para os postos que logo ocupan.  

Galiza, á cabeza en sinistralidade  

 Tamén lembrou que Galiza está á cabeza da sinistralidade laboral grave no conxunto do Estado, unha problemática que non para de medrar a raíz das sucesivas reformas laborais aprobadas por PP e PSOE. “Agora ademais atopámonos con que os traballadores/as poden ser despedidos/as por coller varias baixas laborais aínda que sexan xustificadas, o que fai que moitas persoas vaian ao traballo por medo aínda que non se atopen en condicións óptimas”.  

 Finalmente, instou a Inspección de Traballo e a Fiscalía a investigar o que está a acontecer en Lear, onde se rexistraron tres accidentes moi graves nos últimos meses -os dous últimos con resultado de morte-, “xa que son as administracións públicas as encargadas de velar pola saúde e seguridade dos traballadores/as”.

A GUARDA

A Unidade Móbil de inspección técnica de turismos estará en novembro e decembro  2019

Infogauda / A Guarda

 A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de turismos desprazarase ao Concello de A Guarda do 29/11/2019 ao 12/12/2019 na Estación de Servicio San Roque (A Guarda).  

 O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás:  

•    O 29/11/2019 e 12/12/2019 que será horario só de mañá   

 Para solicitar cita previa:      

 Por teléfono: 902 30 90 00     

 A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa  

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

A GUARDA

A Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores virá en xaneiro de 2020


 Infogauda / A Guarda

 A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de ciclomotores desprazarase ao Concello de A Guarda o venres 24/01/2020 na Estación de Servicio San Roque (A Guarda). 

 O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas. 

 Para solicitar cita previa:      

 Por teléfono: 902 30 90 00     

 A través da páxina web: www.sycitv.com - Cita previa  

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

ARCOS DE VALDEVEZ

Bombeiros Voluntários apoiados em 60 mil euros 


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Câmara Municipal aprovou a prorrogação por mais um ano do protocolo a celebrar com a Associação Humanitária dos Bombeiros Voluntários de Arcos de Valdevez, no valor de 60.000,00 euros.     

 Este protocolo de cooperação tem como objetivos fundamentais a cooperação das duas entidades nos domínios do aviso, alerta, intervenção, apoio e socorro através do corpo de Bombeiros Voluntários; Colaboração com o Serviço Municipal de Proteção Civil, na implementação e coordenação de programas de prevenção e vigilância de fogos florestais; no asseguramento, com plena eficácia, das comunicações telefónicas, via rádio ou outras, na Central de Comunicações, 24 horas por dia, todos os dias do ano e assegurar a emergência pré-hospitalar, como reforço complementar ao SBV – Suporte Básico de Vida, de forma a garantir a continuidade de parâmetros de qualidade na assistência pré-hospitalar à população. 

 Aos Bombeiros Voluntários caberá também colaborar também ao nível da limpeza de neve e espalhamento de sal; na abertura de sargetas; na verificação da operacionalidade da rede de pontos de água, conjuntamente com os serviços municipais; na verificação da operacionalidade de hidrantes, conjuntamente com os serviços municipais; e na colaboração com os serviços municipais em caso de intempéries. 

 Com estes investimentos o Município pretende dotar as populações dos melhores meios de salvaguarda de pessoas e bens, bem como proporcionar uma assistência eficaz em caso de necessidade.

MADRID

O PROFESOR XUBILADO PELÁEZ VALLE REPASA O SÉCULO XIX ESPAÑOL E OS SEUS PROTAGONISTAS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID  

Impartiu a entretida conferencia “Personaxes, anécdotas e curiosidades do século XIX español”

José María Peláez Valle e Ramón Jiménez, mentres o primero imparte a conferencia
Fotos: Casa de Galicia


Infogauda / Madrid

 O escritor, experto en armería e profesor xubilado da Universidade de Vigo José María Peláez Valle descubriu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia reviravoltas do século XIX español e os seus personaxes públicos, na conferencia “Personaxes, anécdotas e curiosidades do século XIX español”, que impartiu na tarde de onte.  

 Acompañou e presentou ao conferenciante o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, en representación do director da mesma e delegado da Xunta, José Ramón Ónega. Jiménez presentou ao conferenciante como gran coñecedor da España do século XIX e lembrou que pronunciou outras conferencias nesta Casa, a última “fai xa case dous anos sobre o Marqués de Salamanca”, e que nela presentou o seu libro “Héroes en el olvido”. Engadiu que tamén é autor da novela histórica “Honra y rebeldía” e doutros libros como “Pequeña estatuaria de bronce”, “Armería vasca de lujo no século XIX”, “Desafíos”, “Encuentros y Duelos de Honor. Armas de Reglamentos” e da novela “El hombre de las muñecas”. Ademais, exerceu durante moitos anos a docencia como profesor numerario de Enxeñería de Materiais e Metalurxia Histórica da Universidade de Vigo, está en posesión do título de Enxeñeiro Europeo –Euroenxeñeiro-, realizou investigacións sobre metalurgia de obxectos de arte antigos, publicados no Consello Superior de Investigacións Científicas e outras importantes entidades, e labores de asesoramento para museos e de experto para anticuarios e salas de poxas internacionais. 

Un momento da conferencia con parte do público, que a seguiu con sumo interese


 Peláez iniciou a súa entretida conferencia cunha visión global da complexidade -máis de cen gobernos- e violencia -terribles guerras: Independencia, Guerras Carlistas, Guerras de África, motíns, sublevacións, algaradas, perda de colonias, desastres de Cuba e Filipinas- dominante ao longo da centuria e unha reflexión sobre as súas posibles causas, expoñendo opinións respecto diso de historiadores como Américo Castro, Sánchez Albornoz e Salvador de Madariaga. Cunha interesante clasificación por grupos de personaxes afíns a moi diferentes ambientes, orixes e actividades, “baixo un punto de vista pouco xulgador de feitos e condutas”, fixo un relato seleccionado da vida dalgúns dos personaxes máis destacados, anécdotas, singularidades e comportamentos de reis, iluminados, guerrilleiros, militares, bandidos, políticos, artistas, toureiros, etc.  

 Ademais, enmarcou os feitos e os personaxes no seu ámbito económico e social e foi facendo encaixar aos personaxes no desenvolvemento de avances e transformacións no ámbito urbanístico e social da capital, partindo de que tanto nos episodios históricos como nos seus protagonistas observábase “unha certa autocensura con ocultación de datos por protección de intereses de altos personaxes”. Así, lembrou algúns proxectos importantes como a realización da Canle de Isabel II, “coa destacable achega na canalización de auga con tubaxes de presión de fundición de ferro, feitas na Real Fábrica de Sargadelos de Galicia”.  

 Entre os personaxes abordados por Peláez figuran os reis do período. De Carlos IV referiu as súas afeccións, o sojuzgamiento (sic) de María Luisa de Parma, a aceptación de Godoy e o comportamento na súa abdicación; de María Luisa de Parma, o seu carácter furioso, o seu amor por Godoy, que tivo 24 embarazos e 14 fillos e o descubrimento dun documento do seu confesor manifestando que ningún deles o era do lexítimo matrimonio; de Godoy, a orixe do seu valemiento, a súa fulgurante carreira militar e o seu comportamento político; de Fernando VII, o sentimento de amor e odio cara á súa nai, a derrogación da Constitución de 1912, a traizón aos seus súbditos, o Trienio Liberal e que foi amante da Naranjera, que tamén o era, simultaneamente, do bandido Luis Candelas.  

 Peláez referiuse así mesmo a José I; a Napoléon, a súa relación coa guerra de España, o final da súa vida en Santa Helena, os seus amores finais coa esposa do Conde de Montolón, a súa morte e manipulación do cadáver e a poxa do seu pene, en 1999, en Chrysties, e a María Cristina de Borbón, a quen atribuíu carácter intrigante.  

 Detívose así mesmo en Isabel II, a súa lista de amantes, na que puxo en dúbida a Olózaga e Salamanca e sinalou como recoñecidos publicamente a: xeneral Serrano, José María Ruiz de Arana (El Pollo Arana), Enrique Puigmoltó, Miguel Tenorio de Castilla e Carlos Marfiori e Calleja, que a acompañou ao desterro; en quen foi o seu marido, Francisco de Asís, reputado de inmoral, ao que atribuíu “varias amantes femininas e unha relación definitiva cun home de apelido Meneses con quen vivirá ata a súa morte, despois da súa separación de Isabel II”; en Amadeo de Saboya e en Alfonso XII e os seus matrimonios con María de las Mercedes e María Cristina de Habsburgo.  

 No capítulo dos guerrilleiros o conferenciante falou do Cura Merino, A Partida do Brigante, A Morena, A Brita, Juana a Loca, Fermina a Navarra, A Matahombres, o Capuchino e Franceschi, Porlier o Marquesito e o Cura Santa Cruz.  

 No dos militares, citou a Espartero, Serrano, Narváez, Ros de Olano, xeral Concha, Marqués del Duero, Prim e Weyler; no dos banqueiros a Salamanca e a súa relación con Isabel II e Guy Stefan; no dos poetas a Larra e Espronceda; no dos iluminados a Sor Patrocinio, a Monja de las Llagas; e no dos toureiros a Paquiro, Cúchares e El Tato.  

 No dos bandoleiros, ao Tempranilllo e a súa fase de comandante do Escuadrón de Protección e Seguridade Pública de Andalucía e a Luis Candelas, o máis soado bandido madrileño, amante da Naranjera, que compartiu con Fernando VII.