SALCIDOS EN BRANCO E NEGRO - ÁLBUM FOTOGRÁFICO DA PARROQUIA DE SALCIDOS II
O libro será presentado o vindeiro día 14 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón Parroquial de Salcidos
Infogauda / Salcidos
Logo dun tempo de edición, o libro Salcidos en Branco e Negro - Álbum fotográfico da parroquia de Salcidos II, coordinado por Antonio Fontenla Martínez, xa é unha grata realidade, de tal xeito que será presentado o vindeiro día 14 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón Parroquial de Salcidos.
Ademáis dunha selección de fotografías de varios autores, cedidas por varias familias da parroquia salcidense, na publicación tamén tiveron cabida varios artigos que achegan curiosidades, perfís humanos, sembranzas,..., de persoas de Salcidos que cada unha ao seu xeito, deixaron no pasado século XX súa pegada na memoria colectiva.
O acto da presentación servirá non soio para dar a coñecer esta nova aportación bibliográfica que contribúe, ao igual que o volume anterior, a difusión do labor de diferentes fotógrafos que exerceron súa actividade profesional na Guarda e súa comarca, e ao mesmo tempo a posta en valor do patrimonio humano, material e inmaterial de Salcidos; senón que servirá para que ás persoas que oportunamente habían feito á reserva dos seus exemplares poidan recollelos e comezar a gozar coa lectura e contemplación do continente e - sobor de todo - do contido de Salcidos en Branco e Negro - Álbum fotográfico da parroquia de Salcidos II.
E ás persoas que non fixeron súa reserva de exemplares tamén poden asistir á presentación, xa que alí mesmo serán informadas axeitadamente como e onde poden mercar os exemplares que desexen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario