1 de decembro, Día Mundial da Resposta ante o VIH e a Sida
Prevención e detección precoz, claves para minimizar o impacto do VIH e Sida entre a poboación
Baixo o lema “A información dáche o poder”, a Organización puxo en marcha unha nova campaña de sensibilización coa que se pretende continuar incidindo na importancia da información, a prevención e a detección precoz.
Cruz Vermella Baixo Miño / A Guarda
Cruz Vermella Española e Cruz Vermella Mocidade poñen en marcha a campaña “A información dáche o poder” coa que se pretende incidir na importancia da prevención e a redución de condutas de risco. A campaña realizarase na Guarda cos alumnos do IES A Sangriña, a través dunha mesa informativa á que se poderán achegar todos os alumnos e alumnas que así o decidan e recoller materiais informativos sobre esta xornada. Con iso perséguese sensibilizar e promover cambios en actitudes e comportamentos relacionados co estigma e a discriminación cara ás persoas que viven con VIH e/ou sida.
O VIH continúa sendo un problema de saúde mundial. A pesar de que se produciron importantes avances na prevención, detección e tratamento do VIH, segundo datos de ONUSIDA ao redor dunhas 150.000 persoas vivían con VIH en España e no 2017 producíronse 4.100 novas infeccións. Desde o inicio da sida en España notificáronse un total de 86.663 casos. Tras alcanzar o seu punto álxido a mediados da década dos 90, o número de casos notificados experimentou un descenso progresivo desde 1996 ata hoxe.
En España atopámonos moi preto de alcanzar os obxectivos de 90-90-90 expostos por ONUSIDA para o ano 2020. É dicir, que o 90% das persoas que viven co VIH coñezan o seu estado serológico respecto a a infección, que o 90% das persoas diagnosticadas co VIH reciban terapia antirretroviral continuada e que o 90% das persoas que reciben terapia antirretroviral teñan supresión viral. En referencia ao primeiro obxectivo estamos actualmente no 86,2% de pacientes que se estima viven co VIH e están diagnosticados, mentres que superamos os outros dous obxectivos: un 93,4% das persoas diagnosticadas reciben tratamento e un 90,4% alcanzaron a supresión viral.
A pesar dos logros alcanzados aínda quedan retos pendentes. Un deles é reforzar a prevención para evitar novas infeccións, así como conseguir realizar unha detección precoz cando se produzan. Nos últimos tempos, o número de persoas que descoñecen estar infectadas descendeu desde un 30% ata un 14%, acercándomos moito á consecución dos obxectivos expostos para España por ONUSIDA.
Por outra banda, Cruz Vermella Española tamén se adheriu este ano ao Pacto Social pola Non Discriminación e a Igualdade de Trato asociada ao VIH do Ministerio de Sanidad, Consumo y Benestar Social ( MSCBS).
Servizo Multicanle de Información e Prevención do VIH
Trátase dun servizo que Cruz Vermella presta á poboación a través de diferentes canles como redes sociais, páxina web, teléfono de atención e chat, para atender de forma gratuíta e anónima a diferentes consultas relacionadas con VIH e Sida. A través deste servizo, durante 2018 deuse resposta a máis de 50.000 consultas, das cales un 20% aproximadamente van encamiñadas a axudar a que as persoas accedan ao diagnóstico temperán da enfermidade.
Servizo Multicanle de Información e Prevención do VIH e outras ITS
Ningún comentario:
Publicar un comentario