26 de xan. de 2017

TURISMO

Turismo de Galicia presenta a ruta da lamprea en Madrid Fusión cun taller de receitas novas e tradicionais 

No acto participaron tres dos cociñeiros galegos máis destacados do panorama nacional, Pepe Solla, Daniel López e Diego López, xunto con dous alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia 

Turismo de Galicia presentou en Madrid a Ruta da Lamprea con un obradoiro de receitas novas e tradicionais

Infogauda / Madrid

 Dous alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia participaron hoxe en Madrid Fusión na conferencia “A lamprea, un prehistórico galego descoñecido”.

 Turismo de Galicia promoveu este relatorio na que tamén participaron tres dos cociñeiros galegos máis destacados do panorama nacional. Pepe Solla, de Casa Solla (cunha Estrella Michelin) e as novas figuras Daniel López, do restaurante O Camiño do Inglés (Ferrol), e Diego López, do Restaurante La Molinera (Lalín), que prepararon varias receitas diante dun público especializado.
 Así, a través deste taller presentouse a ruta da lamprea, un produto turístico promovido por Turismo de Galicia que enxalza este tradicional peixe. Deste xeito, esta ruta xunta a gastronomía, o patrimonio e a cultura das terras por onde se pesca esta especie presente, case en exclusiva, nos ríos galegos Tambre, Ulla e Miño.

 As receitas elaboradas

 Pepe Solla foi o encargado de amosar como se realiza o sacrificio deste animal e preparou unha lamprea ao estilo tradicional, á bordalesa. Mentres que Dani López, un dos finalistas á cociñeiro revelación que se fallaba nesta edición de Madrid Fusión, elaborou unha lamprea marinada e cocida ao vapor. Pola súa parte, Diego López fixo tamén unha lamprea afumada con caldo de salazóns e grelos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario