4 de ago. de 2025

A GUARDA

A Guarda terá cortes de tráfico durante as Festas do Monte Santa Trega

O sábado suspéndese a celebración do mercadillo polo desfile folclórico tradicional e de bandas mariñeiras 

 



Infogauda / A Guarda 

 Arranca a semana das Festas do Monte Santa Trega e con motivo da celebración de verbenas, do desfile e da subida ao Monte, produciranse diferentes cortes de tráfico durante a semana.  

 O goberno municipal indica que de luns a domingo a partir das 21:00h cortarase o tráfico na rúa Galicia entre os cruces coa rúa Julia Vaquero e a avenida República Dominicana, polo aumento de peóns na zona.  




 O sábado 9 de agosto, co desfile folclórico tradicional e de bandas mariñeiras produciranse cortes pola mañá. A partir das 11:00h cortarase o tráfico na rúa Galicia entre os cruces coa rúa Julia Vaquero e a avenida República Dominicana; así como na rúa Concepción Arenal e na rúa do Porto.  

 Estes cortes manteranse ata o remate do desfile, aproximadamente ás 14:00h, segundo indican desde o Concello de A Guarda. O acceso ao porto producirase mentres tanto polo rúas Circunvalación e Fernández Albor atopándose o corte ao tráfico na rotonda do Monumento ao Mariñeiro. 




 Ademais, lémbrase que durante esta xornada non se celebrará o habitual mercadillo dos sábados.  




 O domingo 10, o día da subida ao Monte Santa Trega é importante seguir as indicacións da Policía Local para evitar atascos e a mellor convivencia entre vehículos e peóns. O paso de vehículos estará permitido antes das 11:00h, cando se pecharán ambos accesos (polo Paseo de Portugal e por San Amaro).  

 No acceso de San Amaro queda prohibido o estacionamento e parada de vehículos xa que é a vía de evacuación en caso de emerxencia. A partir das 19:00h a baixada de vehículos debe realizarse por San Amaro, evitando coincidir co descenso das bandas. Durante toda a xornada o acceso de autobuses estará totalmente prohibido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario