26 de xan. de 2017

CULTURA

A ALHAMBRA: UNHA XOIA ANDALUSÍ, EN TERRAS DE GRANADA

   Patio dos Leons, na Alhambra de Granada
   Foto: Santiago Baz Lomba

 A importancia da Alhambra e o Generalife de Granada e a súa influencia sobre a contorna circundante quedou recoñecida ao longo da historia. 

 Así, por Orde da Regencia do Reino do 10 de febreiro de 1870, confirmada pola Real Orde do 21 de xullo de 1872, e ampliada pola Real Orde do 11 de xuño de 1896, declárase monumento nacional, histórico e artístico, o Alcázar da Alhambra, en Granada, co seu xardíns e dependencias accesorias, incorporada a Porta Elvira. 

 Posteriormente, xa no século XX, por Decreto do 27 de xullo de 1943, decláranse Xardíns Históricos, o formado polo conxunto dos da Alhambra e o formado polo conxunto do Generalife. 

 Máis recentemente, na Convención da UNESCO, celebrada en Buenos Aires entre o 29 de outubro e o 2 de novembro de 1984, o Comité do Patrimonio Mundial procedeu a inscribir oficialmente na Lista do devandito Patrimonio á Alhambra e o Generalife de Granada. 

 Isto significa, sobre todo, o compromiso internacional que España adquire de conservar e protexer este Conxunto Monumental e a súa contorna de modo especialmente coidadoso, cuestión que recae tanto na Administración do Estado como na Administración da Junta de Andalucía, en virtude do citado compromiso internacional.


Ningún comentario:

Publicar un comentario