3 de ago. de 2025

O BAIXO MIÑO

MAIS DE 600 OLLOS NO MONTE  

 Unhas 50 comunidades de montes e máis de 300 veciños do Distrito Forestal XVIII (suroeste de Pontevedra) coordínanse en labores de vixiancia ante o alto risco de incendios  


Vista parcial dalgúns dos montes da comarca do Baixo Miño
Foto: Infogauda

Mancomunidade de Montes do Baixo Miño 

 Dende o pasado mércores as comunidades de montes das comarcas de Vigo, Val Miñor e o Baixo Miño patrullan de xeito coordinado os montes do suroeste de Pontevedra ante o elevado número de incendios.  

 Estes grupos de vixianza manteñen contacto permanente co Distrito Foestal XVIII e co SEPRONA para alertar en tempo real de calqueira conato de lume ou actividade sospeitosa.  

 A tarefa que están a levar a cabo permitiu atallar nestes días varios conatos de incendio, grazas a rápida intervención tanto das brigadas antilumes como, nalgúns casos, das propias comunidades de montes.  

 Ante o alto risco de incendio, dende as Mancomunidades de Montes de Vigo, Val Miñor e o Baixo Miño alertan dos perigro que supón o uso de maquinaria e as cabichas dos cigarros. Xa han sido varios os lumes provocados por estas circunstancias máis alá daqueles claramente intencionados.  

 Lembran que ante calquer lume o teléfono o que hai que chamar e o 085 (incendios) ou o 112 (emerxencias) e que ante calquer actividade sospeitosa débese avisar o SEPRONA.  

 Esta é a primeira vez que as comunidades de montes da zona actúan de xeito coordinado e valoran esta iniciativa de xeito moi positivo, como único medio para abordar uns incendios que cada vez mais hai que entedelos como de territorio. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario