12 de mar. de 2016

VILA NOVA DE CERVEIRA·

A Fundação Bienal de Arte de Cerveira, F. P. (FBAC) comemora o centenário do Dadaísmo com os artistas Mário Cesariny, Eurico Gonçalves e Cruzeiro Seixas


A exposição “100 anos de Dadaísmo”, inaugurada ontem 12 de março (sábado) no Fórum Cultural de Cerveira, apresenta ao público mais de 50 obras representativas do movimento.



Fundação Bienal de Cerveira 

 O início do movimento Dadaísta remonta a 1916, tendo como epicentro o bar Cabaret Voltaire, em Zurique, na Suíça. Passados cem anos apresentam-se, até 9 de abril, em Vila Nova de Cerveira, “três portugueses que mais se identificaram com esta tendência artística, que não se configurou como manifestação de longa duração, mas que foi muito influente nas manifestações posteriores”, explica o coordenador artístico e de produção, Cabral Pinto.  
 A vanguarda artística e cultural dadaísta teve origem durante a Primeira Guerra Mundial, questionando de forma irreverente o conceito de arte, servindo-se de várias formas de expressão na composição das obras (objetos, fotografias, poesias, músicas, jornais, etc.). Possuía como caraterística principal a rutura com as formas de arte institucionalizadas, apresentando um forte cariz anárquico e de crítica ao capitalismo e consumismo. Formado por um grupo de escritores, poetas e artistas plásticos, o movimento teve como principais embaixadores: Hugo Ball, Man Ray, Marcel Duchamp, Francis Picabia, Sophie Täuber, Tristan Tzara e Hans Arp. Integrada nas comemorações do centenário do movimento Dada, a FBAC promoveu, ainda, após a sessão inaugural (12 março, 16h00), a conferência “Dada: Arte e Anti-arte. Contestação e rutura”, com os oradores Dalila D’Alte e Eurico Gonçalves.  


 A mostra “100 anos de Dadaísmo” conta com o apoio da Fundação Cupertino de Miranda, que cedeu a maioria das obras, e da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira. 

 Artistas representados: Cruzeiro Seixas (1920), Eurico Gonçalves (1932) e Mário Cesariny (1923-2006).   

A GUARDA

Os GES denuncian o estado da base de emerxencias do Concello de A Guarda

Os GES de A Guarda teñen súa base na que ía ser á Estación de Autobuses do munipio guardés


Infogauda / A Guarda

 A Sección sindical de CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda ven de presentar un amplo informe sobre o estado lamentable no que se atopa a base de traballo do grupo de emerxencias no que os integrantes do GES “viven” permanentemente en quendas de 24 horas ao dÍa


 Os GES de A Guarda teñen súa base na que alguén pretendía que fose á estación de autobuses do municipio guardés. Segundo ven de facer público a Sección sindical de CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda “o acondicionamento para este cambio no uso foi case nulo por parte dos responsables de governo sendo na medida do posible paliado polos propios traballadores e traballadoras que aportan solucións propias ante a falta de recursos que destina o Concello


 As queixas dos traballadores/as dos GES sobre a base son múltiples, entre as detalladas no informe: a falta de aillamento da humidade, os malos cheiros derivados da deficiente instalación de fontanería, a insuficiencia de espazos e medios para a descontaminación dos equipos logo das intervencións, a fallas na conexión de internet a través do que se conectan á centralita de emerxencias, ou o uso “variado” das instalacións que se ven facendo por parte de distintos colectivos que impiden o normal funcionamento das actividade propias dos GES”, afirman desde á Sección sindical de CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda.



 Fontes sindicais afirman que “tras poñer en coñecemento reiteradamente do Concelleiro de Emerxencias Miguel Ángel Español Otero, o estado da base, a realidade é que todo segue igual, e non se agardan novidades pola falta de compromiso do concello de A Guarda polo que a situación de precariedade da base de emerxencias continúa aumentando

 Segundo afirman desde á CNT, “non hai vontade política para solucionar os problemas dos GES por parte dos responsables do Concello que son incapaces de acadar uns compromisos cos seus traballadores e traballadoras” cuestión que, recordan “repercute na atención á cidadanía dos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda”

A GUARDA

O BNG demanda á peonalización da rúa do Porto 

A proposta nacionalista foi presentada tanto no Concello da Guarda como en Portos de Galicia

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG na Corporación Municipal de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego presentou unha serie de escritos no rexistro do Concello da Guarda como en Portos de Galicia nos que amosa unha proposta para poñer fin aos problemas de tráfico existentes na zona peonil da rúa do Porto da Guarda

 En decraracións a Infogauda, Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG na Corporación Municipal de A Guarda, dixo: O BNG ve con preocupación que ante as continuas situacións de perigo nas que conviven día a día veciños e usuarios da Rúa do Porto, tense remitido mil e unha reclamacións o longo destes anos, ao Concello e a Portos de Galicia e a día de hoxe non se teña solucionado o problema

 Para o BNG xa non son momentos de perder o tempo en notas de prensa e si en tomar decisións cun custo económico asequíbel e sobre todo efectivas e inmediatas

“Pretendemos que se faga algo canto antes porque a Xunta e o Concello non saben máis que marearnos a todos. Queremos que a rúa do Porto se converta nun lugar para gozar sen verse en perigo polo continuo rodar dos coches”, afirmou Ángel Luis Baz Vicente.

 Así, o BNG presentou tanto no Concello como en Portos de Galiza unha proposta que consiste na colocación duns “portais-maceteiros” nos extremos da rúa, unha regulación de horarios de carga e descarga, así como a dotación de elementos que aporten unha imaxe máis peonil e facilite o goce da mesma como bancos, bambáns, testos con plantas, ..., concluiu o voceiro nacionalista no Concello de A Guarda.

PORTUGAL

PATRIMONIO

Forte de Milréu ou de S. Pedro da Ericeira


Forte de Milréu ou de S. Pedro da Ericeira

José Buiza Badás


  Ao norte da Ericeira, vila balnear por excelência, entre as praias de Alibabá e dos Mil Regos, encontra-se este posto militar costeiro e maneirista, de singular traço arquitetónico. Desde a estrada N-247 nom é difícil aceder ao forte por dous sendeiros. Este Imóvel de Interesse Público, reconhecido por Decreto de 29 de Setembro de 1977, ergueu-se  entre os anos de 1670 e 1675 e estivo sujeito a toda classe de atribulaçons e sediaçons,  desde os danos estruturais decorrentes do grande terramoto de Lisboa, até um persistente hóstigo a danhar os lenços murários, nom faltando abandonos e reocupaçons como posto de soldados miguelistas, da Guarda Fiscal, etc.. A finalidade primeira pola qual levantou-se foi a de impedir desembarcos na Praia próxima de Ribeira d´Ilhas, de maneira a defender a vila da Ericeira. Este forte de orientaçom ganha todos os louros quanto a verticalidade e sentido da vertigem, sendo original no seu todo.

 A sua planta básica é rectangular. A casa-forte tem 15 metros de comprimento e 5 m. de  largura (tal como o terraço de cima). O espaço baterístico recolhe 20 m. de comprimento e 10 m. de largura. Contudo, há um desenvolvimento parapetal de 48 metros onde contabilizamos 4 troneiras e 1 guarita em tijolo, cilíndrica e estreita, de cobriçom cónica. Antes existiam duas destas. Curiosamente, o cordom a toda a volta nom separa taludes de parapeitos com diferente verticalidade ou alambor; aquí temos a nossa frente um bloco rectangular compacto e de umha só queda vertical. Na fachada sul dispom-se um arco plano de volta perfeita com jambagem de 4 por 4 peças de cantaría, 2 impostas e umha aduelagem de 5 peças da sua vez. Um corredor ou trânsito de 5 metros une este acesso com o da fachada norte, tendo disposiçom abobadada no tecto. Esta fachada tem algumha simetría na posiçom do arco relativamente a duas janelas que o flanqueiam. De referir que umha das janelas tem arco de descarga.

 O efeito ascendente-descendente da rampa-escadaria de acesso ao terraço superior cria também um elo de ligaçom entre alturas diferentes. Na realidade a bateria de parapeitos inclinados tinha um reforço evidente com este terraço para tiros de fusil. Há um aproveitamento de espaços neste posto militar caracterizado pola sua pequenez.

 Relativamente à utilizaçom de materiais, aplicou-se um aparelho ordinário de mui diferentes tamanhos, respeitando a regularidade de determinadas cantarías nos vans, nos cunhais aquí de feiçom rusticada, no cordom ou nas canhoneiras.

R.P.I.

DEPORTES

VI TORNEO U.D. RIBERA 
FÚTBOL INFANTIL
Sábado 26 de marzo, no Campo da Mata (O Rosal)



PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra comeza o novo programa "Depo en marcha" para a terceira idade

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva

Infogauda / Pontevedra

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou onte a licitación do novo proxecto de envellecemento activo "Depo en marcha", aprobado pola Xunta de Goberno, destinado ás persoas da terceira idade da provincia.  

 Co novo programa "Depo en marcha" ofértaselles ás entidades da provincia que traballan coa terceira idade ou no eido dos maiores un catálogo de 29 obradoiros, recollidos en oito bloques temáticos.  

 Segundo subliñou Carmela Silva, estes bloques serán "Traballando coas mans", que inclúe obradoiros de cestería, pintado de teas, reciclaxe ou arte floral; "Entre fogóns", que oferta obradoiros de cociña galega, elaboración de conservas, licores, panadería, repostería, tapiñas ou petiscos; "Aprendendo da natureza", que conta cun obradoiro de plantas medicinais e outro de poda e tarefas de campo; "Móvete", que oferta cursos de pilates, ioga, taichí, ximnasia de mantemento e zumba; "Activando corpo e mente", que contará con cursos de conservación da memoria, musicoterapia, risoterapia ou control e manexo da ansiedade e o estrés; "Enredando", que inclúe obradoiros de xogos tradicionais, teatro e fotografía; "Dálle marcha", que contará con bailes de salón, pandeireta e canto popular; e "En rede", que ofertará tres obradoiros, sobre internet e correo electrónico, iniciación á informática e informática avanzada.  

 A presidenta informou tamén da posta en marcha, de xeito inmediato, doutro proxecto denominado "Tecendo lazos", no que se pretende que as persoas maiores poidan transmitirlles as súas experiencias aos máis cativos.  

 "Son proxectos que poñemos en marcha, en colaboración coas asociacións e entidades que traballan cos maiores e cos concellos, que queremos que aporten algo máis que simplemente levalos de excursión pola provincia", subliñou Carmela Silva.     

 Por outra banda, a presidenta anunciou a firma dos convenios de colaboración con clubs e entidades deportivas de toda a provincia desde o próximo luns ata finais de mes. Así, o día 14 a Deputación asinará o convenio de colaboración coa Sociedade Deportiva Teucro, por importe de 45.000 euros; o martes día 15 firmarase co Club Balonmán Cangas un convenio, por importe de 45.000 euros; o día 22, en Vigo, asinarase o convenio co Celta, por valor de 200.000 euros; o día 29 firmarase, no Concello de Pontevedra, o convenio co Pontevedra Club de Fútbol, por importe de 160.000 euros; por último neste mes, o día 30 firmarase, en Vigo, o convenio co Coruxo, por importe de 100.00 euros.  

 Finalmente, a Xunta de Goberno aprobou as últimas partidas dedicadas á liña catro de Plan Concellos 2016, destinadas ao emprego. Os últimos dous concellos que faltaban eran Dozón e Sanxenxo, que hoxe viron aprobadas as súas axudas por valor de 23.001 euros e 250.484 euros, respectivamente.  

 Con estes dous últimos concellos todos municipios da provincia xa recibiron a totalidade do Plan de Emprego, salvo Valga, que decidiu optar por dedicar a cantidade de emprego a investimentos. Silva apuntou que en setenta días a Deputación aprobou as axudas de 9 millóns de euros para emprego en 59 concellos, coas que se crearán 1.200 empregos.

PONTEVEDRA

Un total de 44 homes e mulleres cunha media de 40 anos completan o equipo provincial máis reducido dos últimos anos  

O equipo de Rueda terá unha vicesecretaría única, 11 coordinadores comarcais e 6  coordinadores de área 

Elena Muñoz, actual voceira do PP de Vigo, será a vicesecretaria 

Ampla presenza de alcaldes, voceiros e presidentes locais.  


Infogauda / Pontevedra

 O candidato á presidencia do Partido Popular na provincia, Alfonso Rueda, avanzou o sábado día 12 de marzo, a estrutura que vai ter o Comité Executivo que el encabeza e que vai dirixir o partido a partir do XVII Congreso Provincial que se vai celebrar mañá, así como o listado completo de nomes que o forman.     

 Unha vicesecretaría única, 11 coordinadores comarcais, 6 coordinadores de área e 22 vogais. Un total de 45 homes e mulleres, cunha media de idade de 40 anos, que completan o equipo provincial máis reducido dos últimos anos, cabe recordar que a anterior executiva que saíu do último Congreso Provincial de 2013 tiña un total de 88 membros.   

 “Neste equipo están as miñas apostas persoais, como son todos aqueles representantes locais que ata o momento permaneceron máis nun segundo plano, e tamén unha representación de moitos que me trasladaron a súa disposición de dedicarlle tempo a este partido e que teñen ganas e ilusión para facelo”, apunta o candidato popular.   

 A única vicesecretaría xeral que terá a executiva, estará ocupada por Elena Muñoz, actual voceira do PP de Vigo. Un posto que Rueda quixo reservar para a cidade olívica que, xunto coa capital da provincia terán un papel importante na dirección do Partido Popular de Pontevedra.   

 Destacan grandes áreas como Participación e Novas Canles de Comunicación, Acción Electoral, Medio Rural, Políticas Sociais e Igualdade, Mar ou Política Económica e Emprego.   
 Terá un protagonismo destacado a política municipal, ao resaltar a ampla presenza de alcaldes, voceiros e presidentes locais do partido. Haberá un coordinador por cada unha das 11 comarcas da provincia, e en todos os casos son alcaldes, concelleiros ou ex alcaldes os que se van encargar desta tarefa, “como bos coñecedores da realidade do partido en cada un dos concellos limítrofes así como tamén dos temas que máis preocupan na súa zona”.    

 Os coordinadores comarcais serán:

· Baixo Miño: Cristina Correa Pombal 
· Caldas – Umia: José María Bello Maneiro 
· Condado: Marta Valcárcel Gómez 
· Deza: Luis López Diéguez 
· Morrazo: María Ramallo Vázquez 
· Paradanta: Miguel Domínguez Alfonso 
· Pontevedra: Ángel Moldes Martínez 
· Salnés: Lourdes Ucha Varela 
· Tabeirós: José López Campos 
· Val Miñor: Jesús Vázquez Almuíña 
· Vigo: Javier Bas Corugeira  

PONTEVEDRA

PREVISIÓNS DO PP PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA ESTE DOMINGO, DÍA 13 DE MARZO DE 2016  




PONTEVEDRA


O PP de Pontevedra elixe este domingo ao seu presidente provincial no XVII Congreso, ao que asisten o presidente do Goberno en funcións e do Partido Popular, Mariano Rajoy, e o presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

Hora:       O congreso comeza ás 10.00  horas, e a clausura será a partir das 12.30 horas.
               
Lugar:     Sede Afundación Pontevedra

   (Rúa Augusto González Besada, 2)

TOMIÑO

CORES TOURÍS ANUNCIOU O INVESTIMENTO DE CASE 200.000 EUROS NA PARCELARIA DE ESTÁS-GOIÁN-FIGUEIRÓ EN TOMIÑO    


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que a Consellería de Medio Rural levará a cabo as derradeiras obras para acadar firmeza e a modificación dos acordos desta concentración  

A Xunta achegará 22 millóns de euros no presente ano para impulsar este tipo de iniciativas co obxectivo de rematar as 137 zonas activas en Galicia    

O delegado territorial - a dereita da imaxe - visitou o concello de Tomiño para informar destas novas a alcaldesa da localidade, Sandra González, acompañado do xefe territorial de Medio Rural, Miguel Pérez Dubois, así como do portavoz do PP da localidade, Esteban González

Infogauda / Tomiño 

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou na mañá deste sábado día 12 de marzo, que a Consellería de Medio Rural destinará 200.000 euros para a concentración parcelaria de Estás-Goián-Figueiró en Tomiño, o que permitirá levar a cabo as derradeiras obras para acodar firmeza e a modificación dos acordos.  

 O delegado territorial visitou o concello de Tomiño para informar destas novas a alcaldesa da localidade, Sandra González, acompañado do xefe territorial de Medio Rural, Miguel Pérez Dubois, así como do portavoz do PP da localidade, Esteban González, quen solicitou a visita de José Manuel Cores Tourís para coñecer o investimento que a Xunta de Galicia vai realizar nesta parcelaria no presente ano.  

 Deste xeito, a Consellería de Medio Rural destinará case 200.000 euros para executar as derradeiras obras para acadar firmeza e as modificacións de acordo necesarias nesta tramitación ao longo de 2016.   

 Ademais, a administración autonómica actuará sobre catro quilómetros de camiños secundarios, nos cales abrirá tres novos camiños, e mellorará o firme do resto dos viais desta concentración.  

 Esta parcelaria afecta a tres parroquias do municipio de Tomiño: Estás, Goián e Figueiró e beneficia a 1.288 propietarios, que pasarán de contar con 12.256 parcelas a 2.697. A superficie concentrada é de 776 hectáreas, dedicándose case a metade delas, o 42%, á actividade agrícola.  
Achega de 22 millóns de euros   
 José Manuel Cores Tourís recordou a importancia de continuar cos procesos de concentración parcelaria, xa que permitirá mellorar a rendibilidade da actividade produtiva e facilitar que os predios abandonados ou que non formen parte de explotacións poidan mobilizarse para uso agrario. Ademais, a parcelaria axuda tamén a minimizar os efectos que poidan ter as grandes obras públicas ou explotacións de coutos mineiros, potenciar a conservación das zonas de maior interese ambiental, así como reducir as emisións que se derivan dos longos desprazamentos polas explotacións dispersas.  

 O delegado territorial recordou que a semana pasada o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, avanzou a achega de 22 millóns de euros en 2016, o maior investimento nos últimos sete anos, para impulsar a concentración parcelaria. “Na provincia de Pontevedra serán 10 millóns de euros os que se investirán nas parcelarias, é dicir, case o 45% do total previsto pola administración autonómica”, explicou Cores Tourís.  

 O obxectivo é multiplicar por tres o investimento dedicado a este fin, de cara a rematar as 137 zonas activas, que supoñen preto de 120.000 hectáreas, un millón de parcelas e 100.000 propietarios, e empezar a traballar nas zonas prioritarias agro-grandeiras.   

 A Xunta de Galicia pretende finalizar administrativamente todas as concentración parcelarias iniciadas en Galicia nun prazo de catro anos. A orde de prioridade para decidir as actuacións será a seguinte: aquelas que favorezan o final de procesos de reestruturación parcelaria que estaban a piques da súa finalización definitiva; as que propicien o avance dos procesos de reestruturación que teñan unha incidencia económica importante; e os traballos previos ao decreto de utilidade pública de novas zonas de reestruturación parcelaria.  

CAMINHA

As histórias, as ideias, as imagens e a escrita de Afonso Cruz na Biblioteca Municipal de Caminha

O escritor e ilustrador estará na Biblioteca no dia 16 de março, pelas 18 horas


Afonso Cruz

Infogauda / Caminha


Na próxima semana, o concelho e Caminha vai receber Afonso Cruz. A Biblioteca Municipal de Caminha vai receber o escritor e ilustrador no dia 16 de março, pelas 18 horas, numa conversa aberta, onde o público em geral poderá falar com o autor. Para além da Biblioteca, o autor vai estar na Escola Básica e Secundária Sidónio Pais e na Escola Básica do Vale do Âncora.  

 Afonso Cruz estará no concelho de Caminha no âmbito da Semana da Leitura promovida pelo Agrupamento de Escolas Sidónio Pais e pelas Bibliotecas Escolares, de 14 a 18 de março, onde irá realizar várias sessões para os alunos do 2º ciclo e um ateliê para o Curso de Artes Visuais.   

 Na Biblioteca de Caminha, o escritor e ilustrador também marcará presença numa sessão onde as pessoas o poderão questionar sobre a sua obra, ou sobre a forma como escreve ou até mesmo para pedir um simples autógrafo.  

 Além de escritor, Afonso Cruz é também ilustrador, cineasta e músico da banda The Soaked Lamb. Nasceu em 1971, na Figueira da Foz, e viria a frequentar mais tarde a Escola António Arroio, em Lisboa, e a Escola Superior de Belas Artes de Lisboa, assim como o Instituto Superior de Artes Plásticas da Madeira. Já conquistou vários prémios: Grande Prémio de Conto Camilo Castelo Branco 2010, Prémio Literário Maria Rosa Colaço 2009, Prémio da União Europeia para a Literatura 2012, Prémio Autores 2011 SPA/RTP; Menção Especial do Prémio Nacional de Ilustração 2011, Lista de Honra do IBBY – Internacional Board on Books for Young People, Prémio Ler/Booktailors – Melhor Ilustração Original, Melhor Livro do Ano da Time Out 2012 e foi finalista dos prémios Fernando Namora e Grande Prémio de Romance e Novela APE e conquistou o Prémio Autores para Melhor Ficção Narrativa, atribuído pela SPA em 2014.