12 de mar. de 2016

PONTEVEDRA

Un total de 44 homes e mulleres cunha media de 40 anos completan o equipo provincial máis reducido dos últimos anos  

O equipo de Rueda terá unha vicesecretaría única, 11 coordinadores comarcais e 6  coordinadores de área 

Elena Muñoz, actual voceira do PP de Vigo, será a vicesecretaria 

Ampla presenza de alcaldes, voceiros e presidentes locais.  


Infogauda / Pontevedra

 O candidato á presidencia do Partido Popular na provincia, Alfonso Rueda, avanzou o sábado día 12 de marzo, a estrutura que vai ter o Comité Executivo que el encabeza e que vai dirixir o partido a partir do XVII Congreso Provincial que se vai celebrar mañá, así como o listado completo de nomes que o forman.     

 Unha vicesecretaría única, 11 coordinadores comarcais, 6 coordinadores de área e 22 vogais. Un total de 45 homes e mulleres, cunha media de idade de 40 anos, que completan o equipo provincial máis reducido dos últimos anos, cabe recordar que a anterior executiva que saíu do último Congreso Provincial de 2013 tiña un total de 88 membros.   

 “Neste equipo están as miñas apostas persoais, como son todos aqueles representantes locais que ata o momento permaneceron máis nun segundo plano, e tamén unha representación de moitos que me trasladaron a súa disposición de dedicarlle tempo a este partido e que teñen ganas e ilusión para facelo”, apunta o candidato popular.   

 A única vicesecretaría xeral que terá a executiva, estará ocupada por Elena Muñoz, actual voceira do PP de Vigo. Un posto que Rueda quixo reservar para a cidade olívica que, xunto coa capital da provincia terán un papel importante na dirección do Partido Popular de Pontevedra.   

 Destacan grandes áreas como Participación e Novas Canles de Comunicación, Acción Electoral, Medio Rural, Políticas Sociais e Igualdade, Mar ou Política Económica e Emprego.   
 Terá un protagonismo destacado a política municipal, ao resaltar a ampla presenza de alcaldes, voceiros e presidentes locais do partido. Haberá un coordinador por cada unha das 11 comarcas da provincia, e en todos os casos son alcaldes, concelleiros ou ex alcaldes os que se van encargar desta tarefa, “como bos coñecedores da realidade do partido en cada un dos concellos limítrofes así como tamén dos temas que máis preocupan na súa zona”.    

 Os coordinadores comarcais serán:

· Baixo Miño: Cristina Correa Pombal 
· Caldas – Umia: José María Bello Maneiro 
· Condado: Marta Valcárcel Gómez 
· Deza: Luis López Diéguez 
· Morrazo: María Ramallo Vázquez 
· Paradanta: Miguel Domínguez Alfonso 
· Pontevedra: Ángel Moldes Martínez 
· Salnés: Lourdes Ucha Varela 
· Tabeirós: José López Campos 
· Val Miñor: Jesús Vázquez Almuíña 
· Vigo: Javier Bas Corugeira  

Ningún comentario:

Publicar un comentario