Os GES denuncian o estado da base de emerxencias do Concello de A Guarda
Os GES de A Guarda teñen súa base na que ía ser á Estación de Autobuses do munipio guardés
Infogauda / A Guarda
A Sección sindical de CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda ven de presentar “un amplo informe sobre o estado lamentable no que se atopa a base de traballo do grupo de emerxencias no que os integrantes do GES “viven” permanentemente en quendas de 24 horas ao dÍa”.
Os GES de A Guarda teñen súa base na que alguén pretendía que fose á estación de autobuses do municipio guardés. Segundo ven de facer público a Sección sindical de CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda “o acondicionamento para este cambio no uso foi case nulo por parte dos responsables de governo sendo na medida do posible paliado polos propios traballadores e traballadoras que aportan solucións propias ante a falta de recursos que destina o Concello”.
“As queixas dos traballadores/as dos GES sobre a base son múltiples, entre as detalladas no informe: a falta de aillamento da humidade, os malos cheiros derivados da deficiente instalación de fontanería, a insuficiencia de espazos e medios para a descontaminación dos equipos logo das intervencións, a fallas na conexión de internet a través do que se conectan á centralita de emerxencias, ou o uso “variado” das instalacións que se ven facendo por parte de distintos colectivos que impiden o normal funcionamento das actividade propias dos GES”, afirman desde á Sección sindical de CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda.
Fontes sindicais afirman que “tras poñer en coñecemento reiteradamente do Concelleiro de Emerxencias Miguel Ángel Español Otero, o estado da base, a realidade é que todo segue igual, e non se agardan novidades pola falta de compromiso do concello de A Guarda polo que a situación de precariedade da base de emerxencias continúa aumentando”.
Segundo afirman desde á CNT, “non hai vontade política para solucionar os problemas dos GES por parte dos responsables do Concello que son incapaces de acadar uns compromisos cos seus traballadores e traballadoras” cuestión que, recordan “repercute na atención á cidadanía dos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda”

Ningún comentario:
Publicar un comentario