O PARQUE DO MONTE TORROSO ACOLLERÁ UNHA FESTA CULTURAL GASTRONÓMICA
• O sábado día 4 e o domingo día 5 de outubro de 2025
Fotos: Santiago Baz Lomba
Ricardo Rodríguez Vicente / Salcidos
O Parque do Monte Torroso, situado na paraxe de Carreiros, na contorna de Zamar, vai acoller a vindeira fin de semana (sábado, día 4, e domingo, día 5 de outubro de 2025), unha Festa Cultural Gastronómica.
O evento - organizado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos - comezará o sábado día 4, arredor das 10:00 da mañá, cun Concurso de Escultura en Pedra.
Durante a xornada actuarán os grupos de gaitas Entre o Mar e o Río, e Airiños de San Miguel, respectivamente.
Ás 18:00 horas terá lugar o acto de entrega de premios do Concurso de Escultura en Pedra.
E a partir das 20:00 horas, actuará o grupo de rock Cazacús.
Haberá postos de comida e bebidas a prezos populares.
O domingo día 5, a partir das 10:00 horas, Demostración de talla en madeira con motoserra, que contará coa participación dos dous mellores profesionais (masculino e feminino) a nivel nacional.
Da animación musical ocupará o grupo de gaitas Entre o Mar e o Río.
As 12:00 horas, terá lugar á inauguración do monumento o Monte Torroso, realizado polo mestre canteiro Anxo Ferreira Álvarez, e que conta cuns versos de Francisco Álvarez Álvarez (Koki).
Animará á festa o Trío Luetto, que actuará de 15:00 a 17:00 horas.
E a partir das 19:00 horas, actuará o grupo folk Deixandar.
Haberá postos de bebida e comida - e mesmo porco ao espeto -, a prezos populares.
O recinto estará cuberto por unha carpa e haberá inchables para os máis pequenos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario