12 de mar. de 2016

A GUARDA

O BNG demanda á peonalización da rúa do Porto 

A proposta nacionalista foi presentada tanto no Concello da Guarda como en Portos de Galicia

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG na Corporación Municipal de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego presentou unha serie de escritos no rexistro do Concello da Guarda como en Portos de Galicia nos que amosa unha proposta para poñer fin aos problemas de tráfico existentes na zona peonil da rúa do Porto da Guarda

 En decraracións a Infogauda, Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG na Corporación Municipal de A Guarda, dixo: O BNG ve con preocupación que ante as continuas situacións de perigo nas que conviven día a día veciños e usuarios da Rúa do Porto, tense remitido mil e unha reclamacións o longo destes anos, ao Concello e a Portos de Galicia e a día de hoxe non se teña solucionado o problema

 Para o BNG xa non son momentos de perder o tempo en notas de prensa e si en tomar decisións cun custo económico asequíbel e sobre todo efectivas e inmediatas

“Pretendemos que se faga algo canto antes porque a Xunta e o Concello non saben máis que marearnos a todos. Queremos que a rúa do Porto se converta nun lugar para gozar sen verse en perigo polo continuo rodar dos coches”, afirmou Ángel Luis Baz Vicente.

 Así, o BNG presentou tanto no Concello como en Portos de Galiza unha proposta que consiste na colocación duns “portais-maceteiros” nos extremos da rúa, unha regulación de horarios de carga e descarga, así como a dotación de elementos que aporten unha imaxe máis peonil e facilite o goce da mesma como bancos, bambáns, testos con plantas, ..., concluiu o voceiro nacionalista no Concello de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario