FILATELIA
ANTONIO PALACIOS: DESDE O PORRIÑO PARA O MUNDO
• Unha fermosa homenaxe por medio do correo postal
Marta Verde Rodríguez / O Porriño
Onte á mañá, na Praza Arquitecto Antonio Palacios, presentouse o cuño turístico coa imaxe da Casa Consistorial e o busto de perfil de Antonio Palacios, xunto coa tarxeta enteiropostal onde aparece a Casa Consistorial como protagonista. Simultáneamente, no marco da 55 edición da Feira Nacional do Selo en Madrid, presentouse outro cuño turístico e outra tarxeta enteiropostal, pero co Palacio de Cibeles, obra tamén do arquitecto porriñés Antonio Palacios; ámbalas catro pezas son para homenaxear a éste.
A idea de filatelizar a obra de Palacios xurde da biblioteca municipal “co obxetivo de recuperar a maxia da correspondencia escrita”.
Tanto o alcalde, Alejandro Lorenzo Alonso; como a xefa territorial de Cultura, Lingua e Xuventude, María Isabel Couselo; como o xefe de Correos, Borja Otero e a presidenta da Comisión de Filatelia Aberta de FESOFI, Marta Verde, concordaron na mesma mensaxe: voltar a pór en valor a correspondencia escrita.
A quén non lle gusta recibir unha carta ou postal de alguén coñecido?
Deste xeito, o concello pon a disposición da veciñanza, tarxetas enteiropostais para que sexan escritas e enviadas. Desta maneira, o legado de Antonio Palacios percorrerá o mundo enteiro.
Para animar máis a veciñanza, ó entregar no Concello a tarxeta escrita, participarán no sorteo dunha cesta de productos do Nadal.
No acto, ademáis de filatélicos de distintas partes de Galicia e da veciñanza que non se quixo perder o evento, participaron máis de 200 escolares de 5º de primaria dos colexios de O Porriño, onde escribiron postais que irán dirixidas aos distintos centros educativos de toda España.
O acto de presentación concluíu coa cancelación conxunta de membros de filatelia e autoridades.
O rematar, os máis de 200 nenos de 5º de primaria de distintos centros educativos de O Porriño, levaron as súas tarxetas ao buzón máis próximo, acompañados polo alcalde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario