29 de set. de 2025

O BAIXO MIÑO

A XUNTA DE GALICIA APROBA O PROXECTO DE TRAZADO PARA DOTAR A VAC TUI-A GUARDA DUN ENLACE COMPLETO CO POLÍGONO DE AREAS, QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE 1,6 M€ 

 O obxectivo é a execución dos ramais en sentido Tomiño para completar os movementos do enlace de Areas, dentro da VAC Tui-A Guarda, mellorando as conexións do polígono situado neste punto 

 O ramal de saída a Tomiño sitúase na marxe dereita da vía de alta capacidade e resolve o movemento de saída do polígono de Areas en sentido A Guarda 

 O ramal de entrada localízase na marxe esquerda da VAC e resolve o movemento de saída da autovía en sentido Tui cara ao enlace de Areas 

  Esta intervención súmase ao treito que unirá o enlace de Areas coa PO-350, entre Tui e Tomiño, cun investimento de máis de 17M€ e cuxas obras están avanzando 


A actuación consistirá en duplicar o paso inferior baixo a autovía, cuxa execución está contratada no marco da obra do treito entre o enlace de Areas e a estrada PO-350 Fonte: X.G.



Infogauda / O Baixo Miño

 O Consello da Xunta aprobou hoxe definitivamente o proxecto de trazado para dotar a vía de alta capacidade Tui-A Guarda dun enlace completo co polígono de Areas, que suporá un investimento de preto de 1,6M€. O Goberno galego tamén aprobou o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas. 

 A Xunta prevé seguir avanzando nesta tramitación para poder redactar o proxecto construtivo e licitar a execución das obras. 

 O obxectivo é executar os ramais en sentido Tomiño para completar os movementos do enlace de Areas, dentro da VAC Tui-A Guarda, mellorando as conexións do polígono situado neste punto. 

 A actuación consiste en duplicar o paso inferior baixo a autovía, cuxa execución está contratada no marco da obra do treito entre o enlace de Areas e a estrada PO-350. 

 O ramal de saída a Tomiño sitúase na marxe dereita da vía de alta capacidade e resolve o movemento de saída do polígono de Areas en sentido A Guarda. O ramal de entrada a Tomiño sitúase na marxe esquerda da VAC e resolve o movemento de saída da autovía en sentido Tui cara ao enlace de Areas. 

 Ademais, disporase unha senda peonil adxacente á vía de conexión co polígono que permita a circulación de viandantes de forma segura e sustentable. Esta intervención súmase ao treito que unirá o enlace de Areas coa PO-350, entre os concellos de Tui e Tomiño, cuxas obras están avanzando. 

 Na actualidade está en servizo o treito da VAC Tui–A Guarda, entre Goián e A Guarda, cunha lonxitude de 10,15 km, que percorre os concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda, e que entrou en funcionamento en 2014; e o enlace coa autovía A-55 e o polígono de Areas. 

Nova relacionada, publicada en Infogauda o 16 de xuño de 2025.

Ningún comentario:

Publicar un comentario