28 de xul. de 2026

DEPORTES

A nova Xunta Directiva do Atlético Guardés dimite en bloque 

O presidente Fernando Reyes e os demais membros da Xunta Directiva do Club, constituída hai apenas dúas semanas, dimitiron en bloque este luns 

Proximamente convocarase aos socios a unha nova Asemblea Extraordinaria para buscar a un novo presidente 


Fernando Reyes González
Foto: CBAG

Redacción Deportes/A Guarda

 O presidente do Club Balonmán Atlético Guadés, Fernando Reyes González, xunto cos demais membros da súa Xunta Directiva, presentaron cadansúas dimisións este luns 27 de xullo. 

 Alegando motivos persoais, desfaise a nova organización que o Club conseguira conformar hai apenas dúas semanas despois dun mes de incerteza trala saída previa de Jesús López González. 

 Nos vindeiros días o Club convocará á súa masa social e afeccionados a unha nova Asemblea Extraordinaria coa que iniciar o camiño para buscar un novo presidente que tome as rendas da entidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario