¿QUE PENSA FACER O CONCELLO PARA REDUCIR OS INDICES DE PARO NO NOSO CONCELLO?
Unha das funcións que ten un o grupo de goberno e buscar o benestar de todos os seus cidadáns, pois isto houbo de esquecerse, fago este comentario con motivo dos datos que sinalou un periodista nun medio dixital local, sobre a taxa de paro na nosa Comarca no mes de xaneiro, que acadou os 5990 parados, dos que unhas 1000 persoas son do concello da Guarda.
Isto é unha situación alarmante, onde dos 5.990 persoas que están inscritas nas oficinas de desempleo na comarca, 589 teñen menos de 25 anos.

Dende o Centro Democrático Liberal da Guarda facémonos a seguinte pregunta: ¿que medidas ten tomado o concello da Guarda para intentar minimizar o que isto leva consigo? ¿ten feito algún plan para reducir o número de parados?
Pois ben, dende o CDL – A Guarda facemos algunha suxestión:
Solicitar por parte da Xunta de Galicia a creación dunha escola de oficios ou dunha escola obradoiro. Esta opción era moi ben acollida polos usuario e polos cidadán, que ollaban como se viña
1. acicalando o noso pobo e arranxando varias lavadoiros como pode ser o de Santa Catalina ou o da Ribeira, preparación de xardíns como son os da Armona ecetera.
2. Elaboración por parte do concello dun plan de explotación turística onde se lle pediría colaboración tanto os empresarios, as diversas asociacións ou incluso a Turgalicia; consideramos que debemos de explotar mellor o premios EDEN (excelencia turística). Neste eido deben fomentar o turismo náutico, deportivo. Entre outros.
3. Mediante as comunidades de montes do concello contratación de diversas brigadas para limpeza e de contra incendios desta maneira teríamos outro empuxe económico como pode ser a creación de empresas de aproveitamento forestais e da biomasa.
4. Facilitar que as empresas veñan o noso concello axudándolle coa tramitación que seria feita polos funcionarios municipais ou incluso coa bonificación dalgunha taxa.
5. Solicitar por parte do ente publico que teña a Xunta de Galicia para a posta en funcionamento o Parque Empresarial do Concello da Guarda – Rosal o máis axiña posible.
6. A elaboración de plans para fomentar o traballo dos colectivos xuvenil, feminino e de discapacidade, que é de todos sabido que son os máis prexudicados.
Con estas medidas impulsaríase crecemento demográfico, o benestar do cidadán e o incremento económico non so do concello senón da comarca.
Xermán Cordero Verde
Presidente municipal do Centro Democrático Liberal da Guarda
A Guarda a 9 de Febreiro do 2012

Ningún comentario:
Publicar un comentario