14 de mar. de 2012

A GUARDA

HOXE MÉRCORES, ÁS 9:30 H. CONCENTRACIÓN DE AFECTADOS DIANTE DA OFICIÑA DE NOVAGALICIABANCO

Hoxe, mércores, ás 9.30 horas, está prevista unha concentración diante de Caixanova da Guarda. Volvemos a reiterar que os afectados deben unirse e protestar, deixar constancia que foron enganados pola banca. Da forza que fagan, das protestas e mobilizacións que haxa, vai depender que isto se arranxe ou siga todo como ata o de agora. Protestar é facer ruído, levar silbatos, bucinas, etc.

Para mañá xoves, día 15, concentracion diante de Caixanova de Garcia Barbón en Vigo as 17,00. Sairá un autobús da Praza do Calvario, no Rosal ás 15,30 horas.

Estamos á espera de que os concellos do Baixo Miño celebren un pleno extraordinario para apoiar e defender aos afectados. No Rosal xa se levou a cabo e de momento xa están a tomar algunhas medidas, como a dun rexistro de afectados.

(Remitido)

Ningún comentario:

Publicar un comentario