BALONMÁN
O Atlético Guardés convoca á súa masa social e afección a unha reunión informativa
• Será o vindeiro martes 11 de agosto ás 20.0 horas no pavillón da Sangriña. O Club roga máxima asistencia
• Antes de iniciar un novo proceso electoral para buscar un novo presidente, o Club comunicará nesta reunión aos seus seguidores a situación actual tras a dimisión da gran maioría da súa Xunta Directiva
Redacción Deportes/A Guarda
O Club Balonmán Atlético Guardés convoca os seus socios, socias, abonados, abonadas e afección a unha reunión informativa aberta a razón dos últimos acontecementos, o vindeiro martes, 11 de agosto ás 20.00 horas en convocatoria única, no pavillón da Sangriña.
Tras a dimisión, comunicada onte pola entidade, de 11 dos 13 membros do seu recentemente constituída Junta Directiva, o club baixomiñoto convoca os seus seguidores a unha nova reunión informativa na que aclarar de xeito oficial o motivo destas saídas.
Así mesmo, darase conta da situación actual á que se enfronta a entidade e cales son os pasos para seguir, que pasan pola procura dun novo presidente ou presidenta para que, cando apareza, sexa votado ou votada por unha Asemblea Extraordinaria de socios, corrixindo así a información achegada inicialmente polo Club esta mañá, que chamaba directamente a esta figura.
O Club roga aos seus socios, abonados e afeccionados a máxima asistencia posible, dada a gravidade da situación organizativa e ante a necesidade do apoio da súa masa social nestes momentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario