28 de feb. de 2012

O ROSAL

AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES CONCENTRÁRONSE DIANTE DA SUCURSAL DE NOVACAIXAGALICIA

Concentración de persoas afectadas diante da oficina de Novacaixagalicia, de O Rosal
Ás 9,30 do martes, día 28, tal e como estaba previsto, iniciouse a concentración dos afectados das Participacións Preferentes, fronte á sucursal de Caixanova no Rosal, pouco máis dunha ducia de persoas. A medida que transcorrían os minutos, o número de persoas foi aumentando e ás 10,15 horas xa eran preto de medio cento os concentrados. Asubíos, bucinas e pancartas de protesta, pedindo a devolución dos cartos e dando conta do engano feito por Caixanova, acompañaron esta concentración. Este é, coma denominou alguén, o primeiro asalto duns aforradores enganados pola banca, banca que da altos soldos e xubilacións millonarias aos seus directivos, mentres que os aforradores quedan sen os seus cartos.

Preto de medio cento de persoas de tódalas edades, concentráronse para recramar que lles devolvan os seus cartos

Non ten explicación que o Banco de España permitira o “negocio sucio”. Así que os que piden o que é seu, e que lles retén o banco, lles sexa devolto. Foi, como dixemos, o primeiro asalto, pero quedan máis. O segundo terá lugar o vindeiro sábado, en Vigo, onde haberá unha manifestación na que deberan estar todos os enganados. Dende O Rosal está previsto que saia un autobús. As persoas que desexen utilizalo, deberán dirixirse ao seguinte enderezo electrónico: afectadoscaixanovarosal@gmail.com. Animamos a todos os afectados a que se sumen á dita manifestación, porque ninguén vai resolver o fraude das participacións preferentes se non son os propios implicados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario