
Un grupo de afectados está xestionando a creación dunha plataforma de afectados no Baixo Miño polo fraude das participacións preferentes. Como se sabe, os responsables dalgúns Bancos e Caixas desta comarca, ao igual que o fixeron noutros pobos e cidades, aproveitándose da confianza que tiñan os clientes, ofrecéronlle un produto enganoso que non era o que estas persoas querían. Os produtos son as denominadas participacións preferentes, para o cal os responsables bancarios non dubidaron en sinalar que non tiñan risco ningún; que poderían ser retirados cando o cliente o estimase oportuno; etc, etc. Resulta que as participacións son perpetuas, e polo tanto coa posibilidade de que o aforrador quede definitivamente sen eses cartos. No momento actual, os aforradores non poden retirar os cartos depositados. Resulta que a artimaña utilizada en diferentes sucursais bancarias é a mesma que se utilizou practicamente en tódolos puntos do estado, polo que, moi probablemente, todos traballaban coa mesma consigna o coas mesmas intencións: captar os cartos dos clientes a base de engano.
Aquelas persoas afectadas que desexen sumarse a este grupo de afectados, poden poñerse contactar con nós a través do correo electrónico:
fraudeparpre@gmail.com, tamén no teléfono 616 180 557 ou no facebook, neste último iremos poñendo as novidades que xurdan e diversa información, mesmo o nome das persoas que levaron a cabo o engano.
A Guarda, a 12 de febreiro de 2012
GRUPO DE AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES - BAIXO MIÑO
(Remitido)
Ningún comentario:
Publicar un comentario