17 de feb. de 2012

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DOS RISCOS EXISTENTES PRETO DO PIRÚN POLA FALLA DA TAPA DUNHA ARQUETA

Reportaxe fotográfica: Converxencia Galega / A Guarda
En diversas ocasións e dende fai bastante tempo, veciños da zona do Pirún, veñen manifestando os riscos existentes naquel víal a causa da carencia dunha tapa/arqueta que dé seguridade.
Cada pouco tempo, teñen que estar arranxando a madeiras e coidando que ningún vehículo se aproxime a esa parede diante do risco de que cedan as tablas e poida quedar metido nesa Caixa, que máis parez unha trampa caza-rodas, sen esquecer o perigo que supón para os rapaces que por alí pasan.
Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, pois o que está a vista non precisa moita explicación.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar as imaxes da realidade da rúa A Cal próxima a intersección ca Estrada de Circunvalación, para que a maior brevedade posible se den ás ordes oportunas o persoal e se proceda o arranxa deste problema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario