26 de feb. de 2012

EDITORIAL

HOXE FAI UN ANO: A INEFICIENCIA CONTINÚA

O día 26 de febreiro de 2011 e unha data que non se nos esquecerá na vida. Como moitos dos lectores de Infogauda se lembrarán - xa que da “fazaña” demos cumplida información nese xornal dixital -, dous cidadáns con responsabilidades públicas – para que non se diga que non somos respectuosos co próximo -, o parecer molestos con parte do contido publicado nese modesto medio de comunicación, libre, plural, aberto a tódalas opinións e sensibilidades, sen nengún tipo de condicionantes - agás as inevitables de tipo técnico, alleas a nosa vontade, ou as de forza maior, por imperativos de saúde - ; tiveron a desafortunada “valentía” de dar instruccions a un despacho de avogados, para tentar cortarlle ás as a persoa que administra o xornal dixital Infogauda. Fixéronno con premeditación, vía burofax con certificación de acuse de recibo, sen ter siquera a dignidade de dirixirse previamente o destinatario da súa misiva para tentar crarexar o que fose preciso. Se huberan tido a gallardía de haberse dirixido a nós de bo talante – caso de que o teñan, que o dubidamos -, sen recorrer a un despacho de avogados, teríanse evitado quedar en ridídulo, como quedaron os dous persoaxes, diante da opinión pública. A determiñación que adoitaron os devanditos cidadáns non somentes acadou o rexeitamento de moitas persoas de A Guarda e da súa contorna, senón de outros lugares da xeografía peninsular.

Cando transcorreu un ano desde aquel 26 de febreiro de 2011, sentímonos no deber de agradecer novamente, tódalas mostras de apoio que recibimos, tanto da cidadanía como de colegas de varios medios de comunicación. Tamén houbos silencios, e respectámolos. Fai tempo que sabemos quen está connosco e quen non. Non podemos – nin o pretendemos – agradar a todo o mundo. Infogauda é un medio plural, o cal non quer decir que se alguén – como os devanditos cidadáns que requeriron os servizos de un despacho de avogados, que foi de onde procedeu o devandito burofax – nos da nunha meixela, lle imos amosar a outra. Van moi equivocados!

Un ano despois dese “saúdo” recibido a traverso do aludido despacho de avogados que ten como cliente – entre outros – o Concello de A Guarda; estamos máis decididos que nunca a informar de todo e para todos, na medida en que nos sexa humanamente posible. Contando sempre coas impagables colabouras de varias persoas que o igoal que o administrador de Infogauda, fánno de xeito totalmente desinteresado e voluntario.

Sen nengún tipo de resentimento, e o mesmo tempo sen esquecer o que nos demostraron pretender os dous aludidos cidadáns, queremos decirlles a éstes que cando se está desempeñando un cárrego público nunha institución ou se desenvolven tarefas profisionais para a Administración, hai que saber encaixar as opinións que outros poidan ter.

Nunha sociedade democrática – estámolo vendo cada día – ninguén se escaquea da crítica, xa sexa en artigos de opinión, a traverso de viñetas, guiñois, etc.. Os dous cidadáns que deron instruccións a un despacho de avogados non deberan haber esquecido que eles non ían ser unha excepción. E decímoslles algo máis: O problema non é o que Infogauda poida publicar. O quid da cuestión está na bisoñez e na incompetencia de algúns, que en máis dunha ocasión semellan ter amnesia nas súas obrigas. Cando rematen súas respectivas responsabilidades públicas, veremos cal será a “herencia” que algúns lle deixarán o pobo de A Guarda. Iso é o que debera preocuparlles.

A cidadanía merece contar con representantes públicos e profisionais de demostrada capacidade, que desenvolvan súas labouras con acreditado celo e rigor, axustándose escrupulosamente a vixente lexislación e normativa aplicable, e dese xeito eviten no posible, a crecente xudicialización en ámetos moi concretos, cuios nefastos resultados – en parte xa consumados - non fai falla relembrar e que figuran na lembranza dos afectados e demais veciños, e por suposto nas hemerotecas.

Desde fai varios anos – como xa está demostrado – o pobo de A Guarda estáse vendo notoriamente perxudicado pola presunta ineficiencia de algúns. Iso é, en opinión de Infogauda, o verdadeiramente preocupante, ainda que para tentar desvia-la atención da opìnión pública algúns na súa incapacidade para resolver as cousas a traverso do diálogo, recorran a un despacho de avogados.

INFOGAUDA


Novas relacionadas

Ningún comentario:

Publicar un comentario