
O GRUPO DE AFECTADOS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES DO BAIXO MIÑO, informa a tódolos afectados que este martes, día 20 de marzo, ás 8,30 da mañá, o Concello da Guarda convoca un PLENO EXTRAORDINARIO para tratar o asunto da estafa das preferentes por parte de diversas entidades bancarias. Segundo as nosas estimacións, na Guarda os afectados das preferentes rebasan, con moito, os 200 afectados, a maioría deles en Novagalicia Banco, pero hainos tamén doutras entidades, como La Caixa.
Este pleno convócase pouco máis dunha semana despois de que este GRUPO DE AFECTADOS presentara sendas solicitudes de convocatoria de pleno extraordinario en tódolos concellos do Baixo Miño. Dado o grande número de afectados que hai neste concello, esperamos que, a pesares da hora a que está convocado o pleno, acuda o maior número de persoas posible.
(Remitido)
Ningún comentario:
Publicar un comentario