30 de out. de 2025

CAMINHA

CINEMA

Boletim da Sessão nº 658 - “Guia para um Final Feliz” de David O. Russel   

Em  parceria  com  a Associação  de  Psiquiatria  e  Saúde  Mental  de  Viana  do  Castelo  e  do  Departamento  de  Psiquiatria  e  Saúde  Mental  da  ULSAM     

Sexta-feira, 31 de outubro às 21:45 no Teatro Valadares

ATENÇÃO: Lotação Limitada. Entrada Gratuita.




Locus Cinemae / Caminha

 “Após passar algum tempo internado numa clínica psiquiátrica devido a problemas emocionais que quase lhe destruíram a vida, Pat (Bradley Cooper) pretende começar tudo de novo e remediar os erros do passado. Assim, ao mesmo tempo que decide voltar para casa dos pais (Robert De Niro e Jacki Weaver) para tentar uma reaproximação, vai fazer de tudo para se reconciliar com Nikki (Brea Bee), a ex-mulher.  

 Porém, os seus planos caem por terra no momento em que conhece Tiffany (Jennifer Lawrence), uma rapariga problemática que luta contra os seus próprios demónios e se esforça por superar a recente morte do companheiro. Assim, duas almas torturadas e com pouca esperança no futuro acabam por se tornar na inspiração que necessitavam e, ao reencontrar o caminho, retomam o gosto pela vida.  

 Uma comédia romântica com argumento e realização de David O. Russell (The Fighter – Último Round“) segundo o romance de Matthew Quick. (PÚBLICO)”  

cinecartaz.publico.pt/filme/guia-para-um-final-feliz-313422     

FICHA TÉCNICA:  

Título original: “Silver Linings Playbook”, EUA, 2012  

Realização: David O. Russell  

Produção: Bruce Cohen, Donna Gigliotti, Jonathan Gordon  

Argumento: David O. Russell, baseado em “The Silver Linings Playbook”, de Matthew Quick  

Música: Danny Elfman  

Fotografia: Masanobu Takayanagi  

Montagem: Jay Cassidy, Crispin Struthers  

Companhias produtoras: The Weinstein Company, Mirage Enterprises  

Duração: 122 minutos     

FICHA ARTÍSTICA:  

Bradley Cooper — Patrick “Pat Jr.” Solitano  

Jennifer Lawrence — Tiffany Maxwell  

Robert De Niro — Patrizio Solitano “Pat Sr.” 

Jacki Weaver — Dolores Solitano  

Chris Tucker — Danny  

Julia Stiles — Veronica  

Anupam Kher — Dr. Patel  

Brea Bee — Nikki



Programação  

Ciclo Cinema e Saúde Mental 

 Em  parceria  com  a Associação  de  Psiquiatria  e  Saúde  Mental  de  Viana  do  Castelo  e  do  Departamento  de  Psiquiatria  e  Saúde  Mental  da  ULSAM  

31 de outubro, “Guia para um Final Feliz”, David O. Russell, EUA, 2012,  Sessão 658 (M/12)





CAMINHA

Câmara reforça frota de elétricos com viatura para apoio à recolha de biorresíduos


O Município de Caminha adquiriu uma nova viatura elétrica para apoio à recolha de biorresíduos
Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha 

 O Município de Caminha adquiriu uma nova viatura elétrica para apoio à recolha de biorresíduos, no valor de 68 mil euros (acrescido de IVA). A aquisição resulta de uma candidatura apresentada, com sucesso, ao programa RecolhaBio do Fundo Ambiental, que visa financiar projetos municipais de recolha seletiva de biorresíduos.

 Para além da nova viatura elétrica, o projeto, com um investimento previsto de cerca de 125 mil euros, permitiu ainda a aquisição de contentores para deposição de resíduos verdes e equipamentos de apoio à recolha de resíduos orgânicos.

 O investimento concretizado inclui-se nas medidas estratégicas previstas para concretização das metas nacionais e comunitárias para a valorização de biorresíduos, e pretende dar continuidade à melhoria da prestação de serviços na área da gestão de resíduos.

 Constitui ainda um importante contributo para a valorização dos resíduos enquanto recursos, promoção da economia circular, para a diminuição dos resíduos em aterros sanitários, a redução de gases com efeito de estufa, e ainda consciencialização dos cidadãos para o impacto ambiental e económico dos resíduos urbanos.

 No âmbito dos investimentos na área da recolha seletiva de resíduos, o Município de Caminha está ainda a executar o projeto Rede de Recolha Seletiva de Resíduos no Concelho de Caminha, financiado pelo programa NORTE2030, com um investimento previsto de 624 mil euros.

 Ainda no âmbito deste projeto, está prevista a aquisição de duas viaturas elétricas adicionais para recolha de bioresíduos, compostores comunitários e biotriturador de resíduos verdes, ecocentros móveis, equipamentos de contentorização, equipamentos de deposição de resíduos de construção e demolição, e ainda campanhas de comunicação e sensibilização destinadas a promover a prevenção na produção de resíduos, a preparação para a reutilização e reciclagem e o desvio de aterro.

A GUARDA

A unidade móbil de ITV estará na Guarda, en novembro e decembro

 Para a inspección de turismos  




Infogauda / A Guarda 

 A unidade de móbil de inspección técnica de vehículos (ITV) instalarase na Estación de Servicio San Roque (A Guarda) nos próximos meses de novembro e decembro.  

 Do 25 de novembro ao 4 de decembro, realizaranse inspeccións técnicas de turismos en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, agás o día 4 que só se atenderá pola mañá.  

 Para pedir cita previa, pode ser a través do teléfono 981 92 80 80 ou pola páxina web:  

https://www.sycitv.com/es/cita-previa-particulares/  

O ROSAL

O Rosal dálle vida á reciclaxe con dous novos mini puntos limpos en Portecelo e Tabagón  

  Con estas instalacións, que se suman ás do Calvario e Pías e ao punto limpo móbil, o Concello busca fomentar a separación de residuos dun xeito máis cómodo para a veciñanza   


A alcaldesa do Rosal xunto a un dos minis puntos limpos que o Concello vén de instalar en Portecelo e Tabagón
Foto: C.O.R.


Infogauda / O Rosal 

 Reciclar é cada vez máis sinxelo e máis próximo no Rosal. O Concello continúa avanzando cara a un modelo de municipio sostible coa posta en marcha de dous novos mini puntos limpos de proximidade, situados en Portecelo e Tabagón, que permitirán á veciñanza depositar residuos especiais de pequeno tamaño sen necesidade de desprazarse ata o punto limpo. 

 “A mellor reciclaxe é a que está preto da xente”, destacou a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, que destacou que “con estes novos puntos limpos de proximidade seguimos dando pasos firmes para facer máis doado a reciclaxe diaria, eliminando barreiras e ofrecendo solucións cómodas e sostibles para todos os fogares rosaleiros”. 

 Os novos puntos únense aos xa instalados no Calvario e Pías, así como ao punto limpo móbil, reforzando unha rede que busca facilitar á veciñanza o depósito responsable de materiais que non deben ir aos colectores convencionais. Neles poderán depositarse material escolar, pequenos aparellos eléctricos e electrónicos, cápsulas de café, pilas, acumuladores, cartuchos de impresora e lámpadas de baixo consumo, entre outros residuos. 

 Esta iniciativa o Concello busca ofrecer a rosaleiros e rosaleiras unha nova ferramenta proximidade que favoreza a correcta separación e eliminación en orixe dos residuos domésticos dun xeito cómodo e doado, reducindo os desprazamentos e previndo o abandono de refugallos no medio natural. A rexedora salientou ademais que “esta medida non só facilita o depósito responsable, senón que tamén axuda a reducir a cantidade de residuos que acaban no vertedoiro, impulsa o consumo responsable e fortalece a economía circular, un dos eixos do noso modelo de xestión ambiental”. 

 Os mini puntos limpos, estratexicamente situados en zonas con maior densidade de poboación e tránsito, permitirán incrementar a reciclaxe e a concienciación cidadá, contribuíndo á mitigación do cambio climático a través da correcta xestión dos residuos. 

 “Queremos un Rosal limpo, sostible e consciente, onde cada veciño e veciña sexa parte activa deste compromiso común co planeta”, concluíu a rexedora.

OIA

Oia acollerá unha reunión informativa sobre a rede MOVE, que conecta a comerciantes, hostaleiros e produtores   

  O próximo 3 de novembro,  ás 9.00 horas, na Casa do Concello




Infogauda / Oia

 O proxecto Move-Rede de Comercio Local organiza o próximo 3 de novembro en Oia un encontro dirixido a comerciantes, hostaleiros e produtores da zona. Na sesión, que se celebrará ás 9.00 horas na Casa do Concello, ofrecerase información sobre esta iniciativa e os pasos que se deben dar para adherirse a ela. Para participar na reunión é preciso confirmar asistencia no correo move@depo.gal   

 Move é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra e dos concellos adheridos que ten o obxectivo de crear unha rede de comercio local que permita estreitar vínculos entre persoas comerciantes e hostaleiras  da provincia e produtores e provedores.  

 Esta rede provincial pon a disposición dos comerciantes, hostaleiros e produtores unha plataforma en liña co obxectivo de promover relacións comerciais, compartir experiencias e historias e acceder a titoriais e formacións.

TOMIÑO

O TOMIÑO F.C. BUSCA MASCOTA OFICIAL 

  O prazo de presentación de propostas está aberto ata o 30 de novembro 




Infogauda / Tomiño

 O Tomiño F.C. vén de cumplir 91 anos, pero lonxe de ancorarse no pasado segue apostando polo futuro e pola conexión cos veciños e veciñas da vila. Neste senso vén de lanzar un concurso aberto a toda a cidadanía para elixir a mascota oficial do club.  

 Toda aquela persoa interesada en participar pode mandar a súa proposta en formato dixital ao correo electrónico tominofc2025@gmail.com ata o 30 de novembro. De entre todas as propostas recibidas, un xurado escollerá 5 deseños que serán votados polo público a través das redes sociais do club.  

 Os requisitos para as propostas son: que sexan orixinais e inéditas e que se vinculen con Tomiño e coa identidade do club, incorporando as suas cores. A mascota escollida será presentada durante a celebración de Nadal do club e pasará a representar oficialmente ao Tomiño F.C..  

 Dende a directiva animan a todo aquel que o desexe a presentar a súa proposta e pasar a formar parte da historia do Tomiño F.C..

TOMIÑO

Goián soa ao soul e funk da estadounidense Martha High no primeiro paso da ‘Vila da Música’  

 A lendaria cantante, corista de James Brown durante máis de tres décadas, ofrecerá un concerto este venres 31 (23.00 h) na Cantina do Centro Goianés  

 Forma parte do pioneiro proxecto posto en marcha polo Concello en colaboración co músico Julián Maeso, Centro Goianés e Agrupación Musical de Goián  

  

A cantante estadounidense Martha High
Foto: Cedida

Infogauda / Tomiño

 O alma do soul e do funk chega a Tomiño. A inconfundible voz de Martha High, unha das grandes damas da música negra estadounidense, encherá de ritmo e emoción a Cantina do Centro Goianés este venres 31 de outubro ás 23.00 horas. Un concerto que marcará o inicio oficial do proxecto “Vila da Música”, unha iniciativa estratéxica coa que o Concello de Tomiño aliouse co músico Julián Maeso, coa Agrupación Musical de Goián e co Centro Goianés, para transformar Goián nun punto de encontro para artistas, formacións e público, creando sinerxías arredor da música como motor cultural e social. 

 Martha High, voz poderosa e chea de historia, foi durante máis de trinta anos corista e compañeira de xira de James Brown, o “Padrino do Soul”, ademais de colaborar con lendas como Maceo Parker, Little Richard ou Stevie Wonder. A súa carreira, cunha ducia de álbums en solitario, converteuna nunha das figuras máis respectadas do soul clásico. 

 A artista ven da man do recoñecido Julián Maeso, músico e compositor español cunha traxectoria marcada pola súa versatilidade ao órgano Hammond e ao piano, e pola súa participación en proxectos de referencia como The Sunday Drivers, Speaklow ou The Sweet Vandals. Maeso aposta por facer de Goián un laboratorio musical onde convivan talento local e artistas de proxección internacional. 

 As entradas terán un custe de 15€/12€ para socios e xa están dispoñibles na plataforma mutick.com ou en taquilla.

TOMIÑO

Amodiño por Tomiño para unhas rúas máis seguras  

Voces Novas e alumnado do CEP Pedro Caselles Beltrán realizaron unha acción simbólica para visibilizar que as estradas das parroquias tamén son para que as persoas poidan moverse con seguridade e sen medo  


A alcaldesa de Tomiño e o concelleiro de Mocidade, co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEP Pedro Caselles Beltrán e integrantes do grupo de participación infantil e xuvenil Voces Novas, que saíron ás rúas para pedir ás persoas maiores que levanten o pé do acelerador e vaian máis de vagar
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Mans e pancartas en alto para pedir que se vaia amodiño por Tomiño. O alumnado de 5º e 6º de primaria do CEP Pedro Caselles Beltrán e integrantes do grupo de participación infantil e xuvenil Voces Novas saíron ás rúas para pedir ás e aos maiores que levanten o pé do acelerador e vaian máis de vagar e concienciar á veciñanza de que as rúas e estradas das parroquias tamén son  para que as persoas poidan moverse a pé ou en bicicleta con seguridade e sen medo, especialmente os nenos e nenas. 

 Aproveitando o bulir día de mercado na praza do Seixo, a rapazada percorreu as rúas desde o parque Campo da Feira ata o centro urbano, repartindo pegatinas e bolsas de man entre a veciñanza e lembrando a importancia de reducir a velocidade non só en zonas peonís compartidas cos vehículos, senón tamén en todas as vías públicas. Como explicaban mentres facían os seus cánticos e repartían mensaxes de concienciación, “pequenos xestos como frear a tempo ou ir un pouco máis amodiño poden salvar vidas”. 

 A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, estivo coa rapazada na praza do Seixo e destacou o valor simbólico e educativo desta iniciativa. “As rúas son para camiñar e en lugares como as parroquias todos os espazos e estradas tamén teñen que ser para as persoas, non só para circular. Os nosos nenos e nenas teñen dereito a ir a pé ou en bicicleta polas súas rúa sen medo”, recalcou. 

 Pola súa banda, o concelleiro de Mocidade, Agustín González, puxo en valor o compromiso e a creatividade da mocidade tomiñesa. “Esta acción non é un feito illado. É parte dun traballo continuado que imos seguir impulsando con novas accións e propostas para facer de Tomiño un referente en mobilidade segura e participación infantil e xuvenil”, subliñou. 

 Con esta campaña, nacida a iniciativa de Voces Novas, o Concello de Tomiño reafirma o seu compromiso coa seguridade viaria, a mobilidade sostible e o dereito das nenas e nenos a moverse libremente e sen medo polo seu concello. 

VALENÇA DO MINHO

Valença recebe o Space Festival a 9 e 10 de Novembro




Vitor Salvador / Valença do Minho    

 Valença será palco do Space Festival, nos dias 9 e 10 de novembro, acolhendo três concertos dedicados à música experimental e improvisada.  

 Esta edição decorre em três espaços culturais de referência do concelho: Centro Cultural de Verdoejo, Pousada de São Teotónio e Auditório da Academia de Música – Fortaleza de Valença.  

 O festival apresenta um programa que aproxima a criação musical contemporânea de novos territórios e públicos, com atuações de Calcutá & Maria Amaro, REQUIEM e Triedro.  

Calcuta & Maria Amaro  

Sábado - 9 de novembro  

16h30 

Centro Cultural de Verdoejo  

 A artista Teresa Castro (Calcutá) explora a voz, guitarra, harmónio e eletrónica na criação de um ritual sonoro onde convergem folk, drone e música experimental, com influências da música clássica indiana e do canto polifónico. Em palco, é acompanhada por Maria Amaro (contrabaixo, teclado e voz), artista bracarense.  

REQUIEM  

Sábado - 9 de novembro 

18h30 

Pousada de São Teotónio, Valença  

 O duo composto por Mariana Dionísio (voz) e João Carreiro (guitarra) apresenta REQUIEM, um projeto de música experimental e contemporânea que parte da liturgia da missa fúnebre para uma interpretação intimista e improvisada.  

Triedro  

Domingo - 10 de novembro 

18h00 

Auditório da Academia de Música Fortaleza de Valença  

Trio formado por Frederic Cardoso (clarinetes), Ricardo Pinto (piano) e Paulo Costa (percussão), que coloca a improvisação no centro da sua linguagem artística. A atuação explora as interseções entre os instrumentos, oscilando entre estruturas pré-definidas e momentos de espontaneidade plena.  

 O Space Festival é um evento itinerante da Associação Cultural Rock’n’Cave, em parceria com o Space Ensemble, contando com o apoio da Direção-Geral das Artes.  

 A edição de Valença tem ainda a colaboração da Câmara Municipal de Valença, da Associação Cultural de Verdoejo, da Pousada de São Teotónio e da Academia de Música – Fortaleza de Valença. 

VALENÇA DO MINHO

Valença promove Terapia do Riso nas IPSS’s do Concelho  


Dinamizadas por uma terapeuta especializada, as sessões incluem exercícios de respiração, movimentos corporais suaves e técnicas de riso orientadas
Foto: C.M. V. do M.


Vitor Salvador / Valença do Minho

 O Município de Valença assinalou o Dia Internacional da Terceira Idade, celebrado a 28 de outubro, com o início de um ciclo de sessões de Terapia do Riso dirigidas à população sénior institucionalizada do concelho.  

 A iniciativa tem como principal objetivo promover o bem-estar físico, cognitivo e emocional dos participantes, reforçando uma dinâmica de envelhecimento ativo, saudável e socialmente integrado.  

 Dinamizadas por uma terapeuta especializada, as sessões incluem exercícios de respiração, movimentos corporais suaves e técnicas de riso orientadas. Através destas atividades promove-se a socialização, a melhoria do humor e a estimulação emocional e cognitiva da população participante.  

 José Manuel Carpinteira, Presidente da Câmara Municipal referiu que “queremos proporcionar momentos de felicidade, convívio e bem-estar aos nossos seniores, numa política centrada na redução do isolamento social e no reforço da autoestima, promovendo um envelhecimento mais saudável, ativo e feliz”.  

 As atividades decorrem ao longo do mês de outubro em diversas IPSS e espaços de acolhimento sénior do concelho, entre os quais os lares da Santa Casa da Misericórdia de Valença e da Cruz Vermelha Portuguesa, o Centro de Dia da ASRAR, os Centros de Convívio de Verdoejo e de São Pedro da Torre, o São Mamede Solidário, em Friestas, e o Centro de Atividades Ocupacionais (CAO) da APPACDM de Valença.  

 Com esta ação, o Município reforça o seu compromisso com políticas de promoção da saúde mental e emocional da população sénior, contribuindo para uma melhor qualidade de vida e maior integração comunitária.

NIGRÁN

A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Nigrán


A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe, na delegación territorial da Xunta en Vigo, unha reunión de traballo co alcalde de Nigrán, Juan González

Foto: X.G.

Infogauda / Nigrán 

 A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Nigrán, Juan González.  

 No encontro, que tivo lugar esta mañá na delegación territorial da Xunta en Vigo, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas e urbanismo, de interese para este municipio.  

 O Goberno galego continúa prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica da zona.

VIGO

A Xunta de Galicia suma un novo edificio de 20 vivendas públicas en Navia, o terceiro con técnicas industrializadas 

 Allegue destaca que 92 das 293 vivendas públicas agora en construción en Navia están executándose con técnicas industrializadas


A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, supervisou o inicio dos traballos 
Foto: X.G.


Infogauda / Vigo

 A Xunta de Galicia vén de iniciar as obras do terceiro edificio que se constrúe con técnicas industrializadas no polígono de San Paio de Navia, en Vigo. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, visitou hoxe o inicio dos traballos deste inmoble, no que se invisten 4,7M€, dos que o 78% son fondos propios da Xunta e o resto fondos MRR.  

 O novo edificio contará con 20 vivendas de promoción pública, distribuídas en tres plantas. Delas, 4 serán de 2 dormitorios, 13 de 3 habitacións (unha delas adaptada) e 2 de 4 dormitorios.    

 Trátase, como destacou a conselleira, do terceiro inmoble en obras en Navia no que se primaron as técnicas industrializadas xa no proceso de licitación. En total, subliñou,  xa están en construción 92 vivendas con estas técnicas en Navia, do total de 293 fogares que están xa en obras, e está a piques de iniciarse outro novo inmoble de 16 vivendas.  

 Allegue subliñou que a Xunta segue a avanzar cara a un novo modelo de construción pública máis eficiente, sostible e moderno, baseado nestas técnicas industrializadas, co barrio de Navia como exemplo desta aposta.  

 O novo edificio terá estruturas prefabricadas de formigón e aceiro, fachadas modulares lixeiras e módulos industrializados para as zonas húmidas, isto é, cociñas e baños, que xa veñen con todas as pezas sanitarias incluídas, incluída a grifería. Este modo de fabricación permite reducir prazos, minimizar residuos e garantir unha maior calidade e control durante a execución.  

 A conselleira sinalou que en Galicia son xa 397 as  vivendas con técnicas industrializadas en marcha en diferentes fases de execución, das cales 337 se atopan en Navia, outras 40 en Xuxán (A Coruña) e 20 en Mos. “Amosa -engadiu- o compromiso da Xunta coa modernización do sector da construción pública, situando a Galicia á vangarda en todo o Estado. Con proxectos coma este, demostramos que é posible facer vivenda pública de calidade, rápida, sostible e tecnoloxicamente avanzada”.

VIGO

A CIG mobilízase no Cluster de Automoción para reclamar accións urxentes ante a continua perda de emprego no sector 

  Persoas traballadoras e delegadas sindicais desenvolveron unha concentración no CEAGA en Vigo en defensa da industria do automóbil 


Persoas traballadoras e delegadas da CIG no sector da automoción mobilizáronse hoxe diante da sede do Custer de Automoción e Mobilidade de Galiza (CEAGA) 
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 Persoas traballadoras e delegadas da CIG no sector da automoción mobilizáronse hoxe diante da sede do Custer de Automoción e Mobilidade de Galiza (CEAGA) para demandar actuacións urxentes ante o avance da crise na industria do automóbil galega, que está a provocar despedimentos constantes e paradas na produción. 

 A protesta coincidiu precisamente cunha nova parada de Stellantis que se manterá até o domingo, tal e como sinalou a responsábel da automoción da CIG-Industria, María Xosé García. “Centos de compañeiras e compañeiros van para casa por ERE ou por ERTE mentres as empresas continúan a recibir millóns de euros de axudas públicas para proxectos que logo non repercuten no mantemento do emprego aquí, senón que se deslocaliza para outros  países, antes Portugal e agora Marrocos ou Arxelia”. Neste senso, lembrou que o CEAGA recibiu nos últimos anos até 22 millóns de euros só da Xunta de Galiza, mais tamén fondos europeos e do Estado español. 

 Ao tempo que denunciou unha crecente precarización e flexibilización das condicións laborais, que sumado á continua destrución de emprego (o CTAG vén de anunciar un ERE para 150 persoas e AKWEL despediu outras 84) deixan o sector nunha situación crítica. “Levamos tempo advertindo o que ía suceder e chamábannos bárbaros, e mesmo convocamos unha folga -a primeira da historia do sector- na que tivemos que enfrontarnos ás empresas, á administración e ao resto de sindicatos”. Pois un ano despois -lamentou- o sector perdeu o 5% dos postos de traballo: “1.400 compañeiros e compañeiras foron ao paro na situación actual de carestía da vida que sufrimos”. 

 Finalmente, anunciou que a central sindical vai continuar coas mobilizacións para poñer enriba da mesa a necesidade de contar cunha política industrial de país que garanta un sector da automoción con futuro e cunhas condicións laborais dignas. Política industrial da que carece a Xunta, “e que o único que fai é subvencionar as empresa, en definitiva o capital, deixando as persoas traballadoras en segundo plano”, tal e como censurou o secretario nacional da CIG-Industria, Marcos Conde.  

 “Con esta campaña de protestas queremos poñer de manifesto que os procesos de descarbonización nos que estamos inmersos están afectarnos moi negativamente, xa que se están a trasladar axudas europeas mentres as persoas traballadoras padecen cada vez máis precariedade”, detallou o responsábel sindical.  

PRINCIPAIS PROPOSTAS DA CIG PARA A AUTOMOCIÓN: 

Un Plan Industrial para a Automoción galega vencellado ao novo PERTE VEC IV. 

Axudas públicas vinculadas a creación, estabilidade e mantemento do emprego en Galiza. 

Fin dos ERTE abusivos e da precarización do sector. 

Garantir proxectos de futuro como a instalación dunha fábrica de baterías. 

Investimento público e garantías para a instalación dun novo fabricante de vehículos na PLISAN.

MEIS

A Deputación e o Mosteiro de Armenteira colaboran no estudo de produtos de cosmética elaborados con aceite de camelias da provincia de Pontevedra 

 O deputado da Estación Fitopatolóxica Areeiro, Javier Tourís, mantivo unha xuntanza de traballo no Mosteiro de Armenteira na que adiantou que nas próximas semanas se asinará un convenio de colaboración entre ambas entidades para aplicar os derivados da camelia na saúde e coidado da pel


O deputado da Estación Fitopatolóxica Areeiro, Javier Tourís, mantivo unha xuntanza de traballo no Mosteiro de Armenteira
Foto: D.PO.

Infogauda / Meis (Pontevedra)

 A Deputación de Pontevedra e o Mosteiro de Armenteira están a colaborar para avanzar no estudo de produtos de cosmética elaborados con aceite de camelias da provincia de Pontevedra. En concreto, o deputado da Estación Fitopatolóxica Areeiro, Javier Tourís, mantivo unha xuntanza de traballo no Mosteiro de Armenteira na que adiantou que se asinará un convenio de colaboración entre ambas entidades nas próximas semanas, con vixencia para os vindeiros catro anos, para aplicar os derivados da camelia na saúde e no coidado da pel.  

 Areeiro é a primeira entidade de Europa en poñer a punto a técnica de extracción en frío de aceite de camelia empregando sementes dos xardíns da provincia e a través deste acordo está a analizar as posibilidades de promover produtos diferenciables, de calidade e moi recoñecidos no sector cosmético, así como a impulsar a economía da provincia da man da agricultura sostible. Ao detalle, este centro da Deputación de Pontevedra está a estudar as posibilidades das plantacións de camelia e as sementes producidas, o rendemento por planta e por hectárea, o tempo que tardan en estar en plena produción e a calidade do aceite producido, analizando as súas principais características químicas e as posibilidades para fabricar novos produtos cosméticos, especialmente xabóns, xampús, cremas ou bálsamos labiais.  

 Pola súa banda, o Mosteiro de Armenteira está rexistrado para fabricar xabóns e produtos de perfumería e segue todos os controis de calidade obrigatorios na lexislación actual deste sector. Debido á calidade do aceite de camelia feito en Pontevedra e os beneficios para a saúde, especialmente no coidado da pel, pretende a través deste acordo coa Deputación de Pontevedra ofrecer produtos elaborados con aceite obtido de sementes das súas camelias.

OURENSE

Saúde Mental FEAFES Galicia atende a persoas con problemas de saúde mental no rural  

Un ano máis, a través do programa Senda pola Saúde Mental, que conta coa financiación de Fundación “la Caixa”, Saúde Mental FEAFES Galicia prestou apoio e acompañamento a 35 persoas con problemas de saúde mental e 16 familias en concellos do rural ourensán e pontevedrés. 

O 30 de outubro realizouse un acto de peche do terceiro ano de traballo deste proxecto  no Centro de Interpretación de Bande, que contou coa presenza dos concellos participantes, persoal técnico do programa e persoas usuarias do mesmo.  


O Centro de Interpretación de Bande acolleu o acto de peche do terceiro ano de traballo do programa Senda Pola Saúde Mental

 Ana Escrigas Rodríguez / Ourense

 Este xoves 30 de outubro, o Centro de Interpretación de Bande acolleu o acto de peche do terceiro ano de traballo do programa Senda Pola Saúde Mental, un proxecto financiado por Fundación “la Caixa” e desenvolvido por Saúde Mental FEAFES Galicia que dá resposta ás necesidades de atención, apoio e acompañamento que teñen as persoas con problemas de saúde mental nas zonas rurais, concretamente nas comarcas ourensás da Baixa Limia, Terras de Celanova, Terra de Trives e Viana, e, dende este ano como novidade, tamén nas comarcas pontevedresas de Deza, Tabeirós e Caldas. 

 Tras unha visita ás 11:00 polas instalacións do Centro de Interpretación, o acto deu comezo ás 11:30 e contou coa presencia de Sandra Quintas vázquez, alcaldesa de Bande; Jaime Sousa Seara, alcalde de Cartelle e presidente da Mancomunidade de Celanova; Israel León Rodríguez, tenente de alcalde de Muíños; Teresa Barge Dapía, concelleira de Igualdade e Integración Social de Celanova; e Antonio Hernández Fernández, director de Saúde Mental FEAFES Galicia.  

 Realizouse tamén unha mesa redonda na que interviron Félix Alonso e Eva Varela, profesionais de Saúde Mental FEAFES Galicia; Ana Isabel Varela, traballadora social de Bande, Lobeira e Entrimo; e dúas persoas usuarias do programa. Neste coloquio, as cinco persoas contaron, dende os seus distintos papeis no programa Senda Pola Saúde Mental, en que consiste este proxecto e que vantaxes aporta ás persoas con problemas de saúde mental que se benefician del. Tras a celebración do acto, todas as persoas asistentes gozaron duns petiscos.  

A saúde mental no rural, unha realidade desatendida 

 A realidade xeográfica de Galicia provoca que existan territorios rurais afastados nos que o acceso e a conexión aos servizos é moi limitada ou inexistente. Isto implica un gran problema para as persoas con problemas de saúde mental que viven nestas zonas, tanto por estar alonxadas dos servicios de apoio como pola soidade que sofren na maioría dos casos. 

 Por iso, desde xullo de 2022, Saúde Mental FEAFES Galicia desenvolve o programa Senda Pola Saúde Mental en colaboración coa Fundación “la Caixa”. O seu obxectivo é prestar apoio e acompañamento a persoas con problemas de saúde mental que residen nas zonas rurais, traballando en rede cos recursos e profesionais implicados no proceso individual de cada unha delas. Este traballo implica un achegamento do persoal de Saúde Mental FEAFES Galicia ás zonas nas que residen estas persoas, podendo atendelas así na súa contorna. 

 Neste terceiro ano de implantación do programa, aumentamos as nosas zonas de actuación. Traballouse con 35 persoas en concellos ourensás da Baixa Limia (Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños), en Terras de Celanova (A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás y Verea), en Terra de Trives (Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives y San Xoan de Río) e en Viana (A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo y Vilariño de Conso). Este ano, ademais, incorporáronse ao programa concellos pontevedreses de Deza (Silleda, Vila de Cruces, A Golada, Rodeiro, Dozón e Lalín), Tabeirós - Terra de Montes (A Estrada, Figueiroa de Arriba, Forcarei, Soutelo de Montes, Berres, Os Bolos, Godoi-Carricova e Fondevila, Renda e Traspedra) e Caldas (Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga). 

 Co programa Senda Pola Saúde Mental avanzamos no obxectivo de achegar os recursos e servizos ás persoas que viven en núcleos de poboación afastados, ofrecerlles atención individualizada e defender o uso efectivo dos dereitos tanto das persoas participantes como das súas familias e persoas achegadas. Tamén facilita a implicación das usuarias e usuarios coa súa contorna, mellorando a súa vinculación inclusiva, positiva e activa na comunidade.  

 Saúde Mental FEAFES Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1995 coa misión de representar e defender os dereitos e necesidades das persoas con problemas de saúde mental. De carácter social, esta entidade ten como obxectivo principal a mellora da calidade de vida destas persoas e das súas familias. Actualmente agrupa a 12 asociacións repartidas por toda a comunidade galega con centros e servizos en máis de 30 localidades. 

SANTIAGO DE COMPOSTELA

As 40 peregrinas e peregrinos que percorreron o Camiño de Santiago pola saúde mental chegan á praza do Obradoiro 

Tras andar 28 quilómetros do Camiño Francés durante 3 etapas, as peregrinas e peregrinos de Saúde Mental FEAFES Galicia chegan á capital galega hoxe, xoves 30 de outubro.  

Con esta iniciativa, as persoas con problemas de saúde mental queren loitar activamente contra o estigma que sofre o colectivo. 

  

Saúde Mental FEAFES Galicia vén de realizar o Camiño de Santiago por décimo quinto ano

 Ana Escrigas Rodríguez / Santiago

 Saúde Mental FEAFES Galicia vén de realizar o Camiño de Santiago por décimo quinto ano, unha actividade na que participaron arredor de 40 peregrinas e peregrinos entre os que se atopan persoas con problemas de saúde mental e monitoras acompañantes. 

 O percorrido comezou o 28 de outubro en  de maio en Salceda (O Pino) e contou cun total de 28 quilómetros. Hoxe realízase a etapa final dende o Monte do Gozo ata o casco histórico compostelán, contando con chegar á Praza do Obradoiro arredor das 12:00. Alí, as persoas participantes recibirán un certificado que acredite que percorreron ese tramo do Camiño de Santiago. Despois, para despedir a actividade, gozarán dunha comida de confraternidade nun restaurante da cidade.  

 As persoas que realizan este ano o Camiño de Santiago proceden de diversas localidades galegas xa que pertencen ás asociacións Andaina (Dodro e Ordes), Alume (Lugo e Guitiriz), Doa (Vigo e Cangas) e Saúde Mental Ferrol (Narón).  

 As actividades de ocio e deporte que organizan Saúde Mental FEAFES Galicia e as súas asociacións axudan a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias, pois lles permiten romper coa rutina diaria, realizar actividade física dende unha perspectiva lúdica, enriquecerse culturalmente, socializar e integrarse na sociedade. Á súa vez, permiten un respiro ás familias na súa tarefa de coidados. 

 Con esta iniciativa, Saúde Mental FEAFES Galicia quere amosar á sociedade unha imaxe normalizada e integradora das persoas con problemas de saúde mental, combatendo de modo activo os estereotipos negativos e os falsos prexuízos que se asocian a este colectivo. 

 Esta viaxe de tres días tamén serviu para que as persoas con problemas de saúde mental realicen exercicio físico, algo moi beneficioso para a súa saúde. Do mesmo modo, ten un factor lúdico rehabilitador porque permite que as persoas participantes se integren na sociedade e participen en actividades colectivas.   

 Saúde Mental FEAFES Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1995 coa misión de representar e defender os dereitos e necesidades das persoas con problemas de saúde mental. De carácter social, esta entidade ten como obxectivo principal a mellora da calidade de vida destas persoas e das súas familias. Actualmente agrupa a 12 asociacións repartidas por toda a comunidade galega con centros e servizos en máis de 30 localidades.

GALICIA

A Xunta publica os festivos locais dos concellos das catro provincias galegas para o ano 2026 

 O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que detalla por municipios as datas festivas


Infogauda / Santiago de Compostela

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución que dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2026 en Galicia inhábiles para os efectos laborais, retribuídas e non recuperables. A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello e veñen especificados na resolución.   

 En canto ás sete grandes cidades, os festivos locais marcados na Coruña son o 17 de febreiro (martes de Entroido) e o 7 de outubro (festividade do Rosario); en Ferrol, o 7 de xaneiro (festividade de San Xiao) e o 6 de abril (Nosa Señora de Chamorro); e en Santiago de Compostela, o 17 de febreiro (martes de Entroido) e o 14 de maio (Ascensión).   

 No caso de Lugo, os festivos elixidos son o 17 de febreiro (martes de Entroido) e o 5 de outubro (San Froilán), mentres en Ourense tamén escollen o 17 de febreiro e logo optan polo 11 de novembro (San Martiño). En relación coa cidade de Pontevedra, as datas de festas laborais serán o 18 de febreiro (Mércores de Cinza) e o 11 de xullo (San Bieito). Pola súa banda, Vigo terá como festivos locais o 28 de marzo (festa da Reconquista) e o 17 de agosto.    

Resto de festivos 

 Dos outros 12 festivos restantes, á marxe dos locais, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2026 hai dous festivos nacionais de carácter obrigatorio que coinciden en domingo: o 1 de novembro e o 6 de decembro, que son substituídos polo 19 de marzo e 24 de xuño.  

 Os outros tres festivos de carácter nacional son opcionais, é dicir, poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2026 se celebrará o 2 de abril), que na Comunidade galega non se modifica de xeito tradicional; e dáselle a opción ás comunidades de escoller como opcional entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. A Xunta sempre elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.  

Ligazón á resolución  no DOG:    

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251030/AnuncioG0767-221025-0001_gl.html

GALIZA

Xubiladas e Pensionistas da CIG reclaman unha atención digna á dependencia fronte ás políticas desastrosas da Xunta 

  Concentráronse nas sete cidades para reivindicar a creación dun sistema público galego de atención ás persoas 


Mobilización este xoves, na cidade de Vigo - entre outras poboacións -, do Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG, para reclamar unha atención digna á dependencia
Foto: CIG

Infogauda / Santiago de Compostela

 O Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG continuou este xoves coas mobilizacións para reclamar unha atención digna á dependencia e denunciar as “políticas desastrosas” da Xunta de Galiza que deixan “as persoas maiores e dependentes nunha situación insostíbel”. As protestas realizáronse nas sete cidades para reivindicar a creación dun sistema público galego de atención de xestión directa, con recursos económicos e persoais suficientes, e que se preste en condicións laborais xustas. 

 O Colectivo recalca que a atención á dependencia é un dereito que debe garantir a administración pública polo que demandan a creación dun sistema único, público e galego, que xestione directamente todos os recursos: residencias, centros de día, atención á diversidade, Servizo de Axuda no Fogar, Casas Niño, Casas do/a Maior, Xantar na Casa, Transporte Adaptado, etc. Un sistema que conte con orzamentos adecuados, persoal suficiente e condicións laborais xustas, baixo un único convenio colectivo galego.  

 “Queremos unha rede pública que garanta dereitos, que elimine os repagamentos e que priorice sempre a atención directa, non os bonos enganosos nin as axudas que non chegan. E quen coida debe poder facelo con dignidade, con tempo, con recursos e con respecto”, aseveran. 

Sistema saturado  

 Critican que as políticas do PP son un verdadeiro desastre social, inxusto e machista, porque “o modelo que defenden parte dunha idea retrógrada: que os coidados deben recaer nas familias, e sobre todo nas mulleres”. Por iso, no canto de crear máis servizos públicos e profesionais, o Goberno do PP “deixa toda a responsabilidade nos fogares, sen apoio suficiente”. 

 Lembran que o sistema de atención está saturado, que as esperas para a resolución dunha prestación son de máis dun ano, que miles de persoas morren coa dependencia aprobada pero sen chegar a recibila e que “hai milleiros máis agardando, desesperadas, por unha axuda que nunca chega”.  

 Fronte a esta realidade, o Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas denuncia que a Xunta segue a privatizar residencias e centros de día, a tal punto que só o 18% das prazas en residencias son públicas (hai 215 privadas e só 71 públicas); e non existen centros de día en todos os concellos e destes só 97 son de xestión directa.  

 Ao tempo, o servizo de axuda no fogar está desbordado, con persoal insuficiente, que cobra salarios de miseria e ten que prestar o seu traballo en condicións precarias. “A Xunta derivou esta responsabilidade aos concellos e fíxoo ademais sen financiamento suficiente, polo que moitas das administracións locais acabaron privatizando o servizo, afondando aínda máis na mala atención, na desigualdade e na explotación laboral”. 

 “Así non se pode garantir unha atención digna, nin ás persoas dependentes nin ás súas familias”, aseveran. E por iso, o Colectivo da CIG seguirá a mobilizarse para reivindicar a creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas digno e con recursos, “porque o coidado é un dereito, non un negocio, e porque queremos vivir con dereitos, tamén cando somos maiores ou dependentes”. 

Concentración o 17 de novembro no Parlamento 

 Nas concentracións aproveitouse para informar e animar a participar da concentración que a Plataforma Emerxencia Dependencia (da que a CIG fai parte) ten convocada para o vindeiro 17 de novembro ás 11 horas diante do Parlamento de Galiza.

COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

A Xunta defende na Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza unha maior implicación das rexións no próximo cumio ibérico 

  O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE presenta as prioridades galegas en mobilidade, cooperación en materia laboral e desenvolvemento territorial  

  Jesús Gamallo asegura que Galicia e o Norte de Portugal “continúan a mostrar que as fronteiras son espazos de oportunidade, innovación e progreso compartido”


O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na Reunión da Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza (CLECTF)

Foto: Arquivo X.G.

Infogauda / Castro Marim (Portugal)

 O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na Reunión da Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza (CLECTF) en preparación do próximo Cumio Ibérico, que se celebrará antes de que remate o ano. Na súa intervención trasladou as prioridades galegas, consensuadas coa Comisión de Coordinación Rexional do Norte (CCDR-Norte) co obxectivo de reforzar a cooperación de proximidade con Portugal e avanzar en proxectos chave para o desenvolvemento conxunto de ambos os territorios.  

 O representante da Xunta insistiu na petición de que os presidentes rexionais participen activamente nos cumios luso-españois, dado que moitas das materias que se abordan nestes encontros “inciden directamente nas competencias e responsabilidades dos gobernos rexionais”. “A súa presenza non só enriquecería o diálogo bilateral, senón que permitiría articular solucións máis eficientes e adaptalas as necesidades reais dos territorios transfronteirizos”, sinalou.  

 Gamallo fixo referencia, como exemplo de colaboración entre territorios, á reunión da delegación española do Comité Europeo das Rexións, que neste momentos preside Galicia, en Santiago de Compostela o pasado 21 de outubro. Desta xuntanza xurdiu un documento conxunto, a Declaración Galicia, que recolle a posición común das autonomías e dos concellos de España en relación coa proposta da Comisión europea sobre o futuro Marco Financeiro Plurianual 28-34, para reclamar o seu papel na planificación e xestión dos fondos europeos.  

 O director xeral destacou a necesidade de fortalecer a cooperación territorial e de proximidade como a estrutura básica sobre a que se constrúe un desenvolvemento sustentable nos territorios transfronteirizos. Seguindo esta premisa, subliñou a importancia de eliminar os custos transfronteirizos administrativos, fiscais e normativos que aínda hoxe obstaculizan o funcionamento da Eurorrexión, así como o impulso de servizos comúns en sanidade, servicios sociais, cultura ou protección civil, e a institución de novas iniciativas de colaboración entre territorios como é a Macrorrexión Atlántica.  

 Na intervención reclamouse a creación do Estatuto do Traballador Transfronteirizo, que está en espera desde a súa inclusión como medida prioritaria no Cumio Ibérico de 2021 en Trujillo e recordou que a propia Eurrorrexión Galicia-Norte de Portugal ten presentada unha proposta que conta coa aprobación de todos os axentes sociais involucrados nos asuntos laborais da fronteira, como son a Xunta, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a rede EURES transfronteiriza, patronais e sindicatos de ambos os lados da raia.  

Infraestruturas estratéxicas compartidas 

 Outro dos temas a destacar foi o pulo solicitado para as infraestruturas de comunicación entre Galicia e o Norte de Portugal, reiterando a posición conxunta de ambas as rexións sobre a liña de alta velocidade  que debe ser clasificada como “unha prioridade efectiva”.  

 Por outra banda, Gamallo fixo referencia á creación da AECT da Raia Seca-Reserva da Biosfera Gerês-Xurés, un proxecto con preto de tres décadas de cooperación previa que consolidará institucionalmente a colaboración entre ambos os territorios en materia ambiental e de desenvolvemento sustentable.  

 Para rematar, o director xeral asegurou que a cooperación transfronteiriza “non é unicamente un instrumento técnico, é un verdadeiro proxecto político e social que encarno os valores europeos de solidariedade e cohesión” e que “Galicia e o Norte de Portugal continúan a mostrar que as fronteiras son espazos de oportunidade, innovación e progreso compartido”.