30 de out. de 2025

TOMIÑO

O TOMIÑO F.C. BUSCA MASCOTA OFICIAL 

  O prazo de presentación de propostas está aberto ata o 30 de novembro 




Infogauda / Tomiño

 O Tomiño F.C. vén de cumplir 91 anos, pero lonxe de ancorarse no pasado segue apostando polo futuro e pola conexión cos veciños e veciñas da vila. Neste senso vén de lanzar un concurso aberto a toda a cidadanía para elixir a mascota oficial do club.  

 Toda aquela persoa interesada en participar pode mandar a súa proposta en formato dixital ao correo electrónico tominofc2025@gmail.com ata o 30 de novembro. De entre todas as propostas recibidas, un xurado escollerá 5 deseños que serán votados polo público a través das redes sociais do club.  

 Os requisitos para as propostas son: que sexan orixinais e inéditas e que se vinculen con Tomiño e coa identidade do club, incorporando as suas cores. A mascota escollida será presentada durante a celebración de Nadal do club e pasará a representar oficialmente ao Tomiño F.C..  

 Dende a directiva animan a todo aquel que o desexe a presentar a súa proposta e pasar a formar parte da historia do Tomiño F.C..

Ningún comentario:

Publicar un comentario