15 de xan. de 2025

A GUARDA

O ESCULTOR PEDRO DOBAO AMOSA SÚA PREOCUPACIÓN POLO ESTADO DA OBRA"ARQUITECTURA", DA SÚA AUTORÍA

•  O inexorable e paulatino proceso de deterioro desa obra, semella indicar que vai despedíndose do mundo terreal


"Arquitectura" (1993), da autoría de Pedro Dobao Rodríguez
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O concello de A Guarda posúe un patrimonio escultórico considerable, do que semella que non sempre somos conscentes da súa importancia. A presenza, en lugares públicos, de obras de diferentes artistas, témola tan interiorizada que poida parecer que sempre foi así. E non. Non sempre foi así. Ese patrimonio foise creando  devagar, e é toda unha sorte que poidamos gozar coa súa contemplación - e respecto - uns bens que pertencen á comunidade, sendo deber de todos e cada ún de nós, procurar que ese legado artístico tamén poida ser desfrutado polas xeracións que nos sucedan. E nese labor de protección, as Administracións públicas, teñen moito que decir. E lamentablemente non sempre é así.

 Ese é o caso da escultura "Arquitectura" (1993), da autoría de Pedro Dobao Rodríguez. Desde fai anos vimos comprobando periódicamente, como esa obra está deteriorándose de xeito paulatino e inexorable, feito do cal xa informamos con anterioridade neste xornal dixital transfronteirizo. 

 A devandita obra, está situada na - a todas luces mellorable - área de descanso da rúa Doadores de Sangue, a carón da estrada autonómica PO-552, Vigo-Tui por Baiona. O estado da escultura amosa un lamentable estado de conservación, como se pode comprobar in situ, e tamén como reflicten as fotografías que acompañan esta crónica.






 Coidamos que a Xunta de Galicia, en primeiro lugar, e o Concello de A Guarda, a continuación, deberan procurar - sen demora - atopar unha solución. 

 A día de hoxe, o autor desa escultura, ainda está, afortunadamente, en activo e en disposición de traballar. Non hai pois, nestes momentos, inconvenientes de ningún tipo. Tan soio é necesario que se adoiten - por parte de quen corresponda - os acordos necesarios para que non desapareza esa obra de Pedro Dobao.

 Coñecedor da situación na que se atopa a devandita escultura, o artista solicitou a este cronista, fotografías desa obra. A reportaxe fotográfica foi realizada na mañá do luns 13 de xaneiro de 2025. Nesa mesma data, o escultor enviou por correo electrónico, ao Concello de A Guarda, a seguinte comunicación:

En atención al Excmo. Sr. alcalde del Ayuntamiento A Guarda 

Sr. D. Roberto Álvarez Carrero 

Praza do Reló, 1, 36780 A Guarda, Pontevedra 

Vigo, a 13 de enero de 2025 

Excelentísimo Señor. 

 Me dirijo a Ud. en mi condición de autor de la obra escultórica titulada “Arquitectura” y situada en área de descanso Doadores de Sangue. Se trata de una escultura realizada en acero corten al Carbono, que fue encargada por la Consellería de Obras Públicas de la Xunta de Galicia, en el año 1993. 

 Le escribo dado que la mencionada obra se encuentra en un estado de deterioro y abandono de que supone una clara vulneración del derecho moral a la integridad de la obra reconocido en el artículo 14.4 de la vigente Ley de Propiedad Intelectual. Este artículo faculta a los autores para exigir a cualquier tercero respeto a la integridad de su obra, impidiendo cualquier deformación, modificación, alteración o atentado contra ella que perjudique a sus intereses o menoscabe su reputación. Es por ello por lo que, estando mi obra en posesión del Ayuntamiento de A Guardia, exijo se respeten mis derechos morales. 

 La falta de mantenimiento se puede observar a todas luces su deterioro y el abandono del entorno plagado suciedad y vegetación. 

 Junto con esta carta les remito las fotografías del estado original y del estado actual de la obra. 

 Asimismo, en virtud del artículo 46 de la Constitución Española se garantiza la conservación del patrimonio histórico, cultural y artístico de los pueblos de España por parte de los poderes públicos. Por lo que existe un especial deber de conservación y mantenimiento de las obras pertenecientes a las Administraciones Públicas, como en este caso el Ayuntamiento de La Guardia. 

 Este deber de conservación por parte de los Ayuntamientos se ve reforzado por lo dispuesto en el artículo séptimo de la Ley 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español, que impone a los Ayuntamiento la obligación de cooperar en la conservación y custodia del Patrimonio Histórico Español comprendido en su término municipal, adoptando las medidas oportunas para evitar su deterioro, pérdida o destrucción. En este sentido, son múltiples las Sentencias de los Tribunales de nuestro país que atribuyen a las Administraciones Públicas un especial deber de conservación de las obras, haciéndole responsable de los daños que en ellas pudieran ocasionarse. 

 Es por todo lo aquí expuesto que me dirijo a usted, manifestándole mi preocupación por el estado actual de mi obra, solicitándole que tome las medidas adecuadas para su mantenimiento y conservación, de acuerdo con la obligación del Ayuntamiento de cumplir con la legalidad vigente y respetar mi derecho moral como autor. 

 A tal efecto, me quiero poner a su entera disposición en la confianza de poder encontrar la solución que permita resolver la actual situación. 

 Quedo pues a la espera de sus noticias y le mando un saludo muy cordial. 

 Pedro Dobao

A GUARDA

Handball Fest

•  Este sábado, 18 de xaneiro, de 23:00 a 3:30 horas no pavillón




Club Balonmán Atlético Guardes / A Guarda

 Este sábado, despois do partido de décimo terceira xornada contra Beti-Onak, celebrarase o Handball Fest que quedara cancelado durante o Nadal. Será unha festa con música de temática dos 80 e 90 a cargo do DJ Cristian Pereyra, con bebida en cantina e en horario de 23:00 a 3:30 horas no pavillón.  

 A entrada é GRATUITA tanto para socios como para non socios, polo que dende o Club animámosvos a convidar a quen desexedes (só maiores de idade). Queremos celebrar a entrada de ano do mellor xeito posible na Sangriña!  

 Por outra banda, lembramos que só quedan cinco días no sorteo de Cluber dun viaxe para catro personas a PortAventura. Participacións e toda a información na ligazón: https://app.cluber.es/legacy/clubes/b84295873d95a8a4fb331b3b487c16e3cb4794ea/pagos/673f0415c234b587475303?fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEAAabTMwdSWSO-BBiDQY8FiSYvwlZoUOrQjNMeFYBylzh-G3EUlvcyzIsFX70_aem_5GSjrAD1Cst6fGAksoNccw

TOMIÑO

A OMIX Tomiño inaugura a programación 2025 con dous cursos de costura   

  De nivel básico e avanzado, cada obradoiro terá unha duración de 20 horas que serán impartidas os sábados de mañá e tarde.  

 Os formularios de inscrición xa están dispoñibles na páxina web do Concello 



Infogauda / Tomiño 

 A Oficina Municipal de Información Xuvenil  (OMIX) de Tomiño, inaugura a súa oferta de actividades do 2025 con dous cursiños de costura (nivel básico e nivel avanzado). 

 Ambos obradoiros impartiranse os días sábados en horario de mañá e tarde, segundo o nivel escollido.  

CURSO BÁSICO DE USO DE MÁQUINA DE COSER E INICIACIÓN Á COSTURA

 De 20 horas de duración, está dirixido a todas aquelas persoas que queiran aprender os fundamentos básicos da costura. En concreto, neste curso aprenderase a manexar a máquina de coser, así como as técnicas básicas de costura e poderase realizar as primeiras pezas de roupa ou complementos. 

 O obxectivo é adquirir as habilidades necesarias para realizar costuras sinxelas e crear proxectos propios, facendo do proceso de costura unha actividade práctica e creativa.  

 O inicio será o sábado 25 de xaneiro, de 10.30 a 14.30 horas, tendo un prezo de 20 euros. O lugar onde se impartirá é a PrazaCultura, e o único requisito de inscrición é ter 12 anos ou máis. 

 O formulario de inscrición debe cubrirse a través de internet, na seguinte ligazón: https://tomino.gal/formulario-de-inscricion-curso-basico-de-uso-de-maquina-de-coser-e-iniciacion-a-costura-2025/  

CURSO AVANZADO DE COSTURA E PATRONAXE 

 Terá tamén unha duración de 20 horas e está dirixido a aquelas persoas que xa teñen coñecementos básicos de costura e queren perfeccionar as súas habilidades. Impartiranse técnicas máis complexas, como a confección de proxecto de mochila con asa regulable, patronaxe e confección de saia nivel avanzado, entre outras prendas. 

 A finalidade é adquirir a destreza necesaria para realizar proxectos máis avanzados e creativos, integrando coñecementos de patronaxe adaptados a deseños propios. 

 Inicio: 25 de xaneiro. Horario: sábados de 15.30 a 19.30 horas. Prezo inscrición: 20€. Lugar: PrazaCultura. Requisitos de inscrición: a partir de 16 anos. 

 O formulario de inscrición debe cubrirse a través de internet, na seguinte ligazón: https://tomino.gal/formulario-de-inscricion-curso-avanzado-de-costura-e-patronaxe-2025/

O PORRIÑO

O PSdeG-PSOE do Porriño denuncia a “chapuza baixo custo” do Templete de San Luís 

 A Xunta de Galicia deixou a medias a restauración da obra patrimonial de Antonio Palacios, sumándose á desastrosa remodelación que o Concello fixo do parque que a alberga 


Templete de San Luís, instalado no concello de O Porriño

 Réplica do Templete de San Luís, existente no centro de Madrid
A imaxe de arquivo amosa como era o Templete de San Luis orixinal, en Madrid



Infogauda / O Porriño

 A agrupación socialista do Porriño denuncia que a Xunta de Galicia demostra, unha vez máis, o seu desprezo polo patrimonio porriñés, esquecéndose de restaurar un elemento esencial do Templete de San Luís, como é a totalidade da marquesiña de cristal orixinal. A restauración dun dos elementos máis emblemáticos do Porriño, obra de Antonio Palacios, resultou ser unha “chapuza baixo custo” que pon de manifesto a falta de planificación e a desidia na xestión de recursos públicos. 

 O portavoz socialista, David Alonso, indica que “é inconcibible que a Xunta, con todos os recursos á súa disposición, deixase a medias a restauración dun espazo tan representativo para os porriñeses. Isto non é restaurar, é unha intervención superficial e indignante que desconsidera a historia e a importancia arquitectónica deste templete”. 

 Desde un enfoque técnico e arquitectónico, a intervención realizada carece de sensibilidade estética ignorando aspectos históricos fundamentais. O Templete, cuxa estrutura orixinal foi deseñada cunha marquesiña circular no remate e con cimentos pensados para albergar este elemento arquitectónico histórico, chegou mutilado desde Madrid hai décadas. A Xunta de Galicia tivo a ocasión de repoñer esta marquesiña de cristal, omitindo a súa incorporación no proxecto de restauración; un grave erro que deixa en evidencia a falta de coñecemento e o escaso interese por conservar o valor cultural do noso patrimonio. 

 A concelleira socialista, Sthela Táboas, sinala como responsables políticos ao  conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e ao alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, considerando que “eludiron dar respostas claras ás críticas de expertos e de cidadáns que sinalaron estas carencias. A ausencia da marquesiña circular, unha peza crave do deseño orixinal, reflicte un descoñecemento preocupante sobre a relevancia histórica deste Templete. O que se necesita non é un parche, senón unha restauración que respecte o modelo orixinal, realce a beleza e o valor cultural do monumento". 

 O proxecto, que contou cun orzamento público considerable que ascende a 225.000 €, deixou  o templete incompleto, non só desde o punto de vista arquitectónico, senón tamén en canto á súa funcionalidade. A falta da marquesiña de cristal fai que a restauración non sexa máis que unha maquillaxe superficial. 

 Este fracaso institucional resulta aínda máis grave, no marco do 150 aniversario do Porriño, que non se dedicou nin un minuto de recoñecemento ao porriñés e ex-alcalde Raúl Francés Rodríguez, quen atopándose en Madrid leu unha publicación da Gaceta na que se informaba da demolición do Templete, dando aviso de inmediato ao alcalde porriñés por aquel entón, Gonzalo Ordoñez. 

 Con todo, o Goberno do PP no Porriño, non perdeu o tempo en organizar actos conmemorativos con Ayuso e Almeida, ofrecendo discursos partidistas que nada tiñan que ver coa figura de Palacios e si con referencias burlescas cara ao Presidente do Goberno, Pedro Sánchez. 

 O PSOE do Porriño esixe, de forma categórica, que a Xunta de Galicia asuma a súa responsabilidade e complete de inmediato a restauración da marquesiña de cristal do Templete, cumprindo cos estándares de harmonía que este monumento merece. O Porriño e o seu patrimonio histórico non poden seguir sendo vítimas da incompetencia e as mentiras do PP. 

 “O patrimonio do Porriño non é negociable. Esiximos que o templete de cristal sexa restaurado de forma íntegra e respectuosa co seu valor histórico e arquitectónico. Só así poderemos sentirnos orgullosos do que representa este espazo para os porriñeses”, conclúe Alonso 

TUI

O alcalde de Tui e o presidente da RAG abordaron a conmemoración do centenario do tudense Manuel Lago González 

  A Real Academia Galega celebrará en Tui un acto en lembranza do que foi un dos fundadores desta institución 


De esq. a der.: Xosé Henrique Monteagudo Romero, Víctor Fernández Freixanes, Enrique Cabaleiro González e Rafael Sánchez Bargiela, na sede da Real Academia Galega
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, vén de manter, o pasado luns, 13 de xaneiro, unha xuntanza  co presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, e co vicesecretario da Academia, Xosé Henrique Monteagudo Romero, na sede desta institución na Coruña. Tamén estivo presente o técnico municipal tudense, Rafael Sánchez Bargiela. O tema deste encontro, solicitado dende o Concello de Tui, foi a celebración, o vindeiro 18 de marzo, do centenario do falecemento do egrexio tudense Manuel Lago González, que ocupaba daquela a sede arcebispal de Santiago de Compostela.  

 No decurso do encontro a Real Academia Galega comunicoulle ao rexedor tudense que está previsto organizar un acto na nosa cidade en lembranza de Manuel Lago González, que foi un dos fundadores da Academia, e salientou o seu compromiso a prol da lingua galega, tanto dende os seus labores eclesiásticos como na produción poética.  

 O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expresa o seu agradecemento á Real Academia Galega pola favorable acollida á proposta do concello tudense e que afonda nunha colaboración entre ambas institucións que xa vén de hai anos. Con este acto, que se celebrará no vindeiro mes de marzo, preténdese lembrar a figura e traxectoria de Lago González así como a súa obra literaria e xornalística, pero singularmente a súa achega á nosa lingua e literatura, que Manuel Lago cultivou con especial atención. As actividades en lembranza de Manuel Lago chegarán tamén a Santiago en colaboración co arcebispado compostelán.  

Manuel Lago González  

 Manuel Lago naceu en Tui o 25 de outubro de 1865. Alí estudou a carreira eclesiástica, realizando trece cursos en dez anos coas mellores cualificacións e premios. Comezou a escribir aos catorce anos e, só dous máis tarde, recibiu xa as súas primeiras distincións académicas. En 1887 desempeñou a cátedra de Grego e Hebreo no Seminario de Tui, onde un ano despois recibiu as Ordes Maiores.  

 Na súa cidade natal contribuíu a crear o diario La Integridad (1888) e participou nos famosos Xogos Florais de 1891 co discurso "Gabanza da lingua galega". En 1896 trasladouse a Lugo para desempeñar a cátedra de Teoloxía do seminario e gañou por oposición unha praza de cóengo na catedral desa cidade. Posteriormente accedeu á dignidade episcopal. Xa en 1906 ingresou na Real Academia Galega co discurso Elogio de la lengua gallega. Foi nomeado bispo de Burgo de Osma en 1909. De alí pasou a Tui, e en 1923 marchou como arcebispo a Compostela, cidade onde faleceu o 18 de marzo de 1925.  

 Lago González foi un importante teólogo, gran coñecedor de linguas, orador, arqueólogo e, especialmente, un destacado poeta. Era un creador formalista, que puña freo á súa creación coa rixidez da norma e do canon. A formación bíblica e clásica recibida ao longo da súa vida levouno ao uso das amplificacións, reiteracións e estruturas paralelísticas. Os principais eixes temáticos da súa obra son a natureza, algúns motivos histórico-narrativos e relixiosos, así como as lembranzas da mocidade, da cidade natal e das súas xentes. A lingua empregada oscila, dependendo do poema, entre un amplo repertorio de ornamentos literarios e os xiros da fala familiar aldeá.  

 O conxunto dos seus sesenta e dous poemas galegos foi recollido en 1967 por Filgueira Valverde, ao quedaren moitos deles manuscritos ou espallados en publicacións da época, como La Integridad, El Norte de Galicia ou Galicia Diplomática. Tamén é autor dalgúns poemas e obras eruditas en castelán.  

 No ano 1973 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas.  

 Fonte: Real Academia Galega 

TUI

A Deputación de Pontevedra despide en Tui o ciclo de conferencias de Teresa Portela sobre a súa vida olímpica e os valores deportivos ante case 200 rapaces 

  O deputado provincial Roberto José Álvarez Carrero presentou a actividade, enmarcada na alianza entre a institución e unha das deportistas con máis renome internacional da provincia de Pontevedra co obxectivo de levar o nome das Rías Baixas por todo o mundo


A actividade, que foi presentada polo deputado Roberto José Álvarez Carrero, puxo así o broche de ouro a esta alianza establecida entre a institución provincial e a olímpica pontevedresa para levar o nome das Rías Baixas por todo o mundo
Fotos: D.PO.
Teresa Portela, unha das deportistas de máis renome internacional da provincia, compartiu cun auditorio ateigado de público os valores deportivos máis importantes da súa carreira

Infogauda / Tui

 A Deputación de Pontevedra celebrou este mércores, 15 de xaneiro, no novo espazo sociocultural da rúa José Cela, de Tui, a última dos conferencias do ciclo Unha vida olímpica, na que Teresa Portela, unha das deportistas de máis renome internacional da provincia, compartiu cun auditorio ateigado de público os valores deportivos máis importantes da súa carreira. A actividade, que foi presentada polo deputado Roberto José Álvarez Carrero, puxo así o broche de ouro a esta alianza establecida entre a institución provincial e a olímpica pontevedresa para levar o nome das Rías Baixas por todo o mundo.  

 Roberto José Álvarez Carrero destacou a importancia da piragüista, “unha muller que leva unha vida olímpica, pero non só pola súa traxectoria deportiva, senón porque nos transmite a todos os valores do deporte e do olimpismo: o espírito de superación, o tráballo diario e a resiliencia”. Unha carreira deportiva, a de Teresa Portela, na que destaca a súa prata olímpica en Tokio, pero tamén as 17 en campionatos mundiais e as outras 17 en europeos: “É, sen dúbida, a mellor embaixadora que podían ter Aldán, Cangas, as Rías Baixas e o conxunto da provincia de Pontevedra”. Ademais, o deputado provincial recordou que esta alianza entre a deportista e a Deputación xurdiu “porque queremos levar o nome da nosa terra por todo o mundo a través dela, porque representa á perfección a nosa identidade, os nosos valores e a nosa capacidade de afrontarnos a todo o que se nos poña por diante”.

 A conferencia Unha vida olímpica chegou hoxe ao seu fin en Tui, despois de celebrarse na vila natal de Portela, Cangas do Morrazo, así como en Vigo e Pontevedra. Nas conferencias, a olímpica afondou na importancia e incidencia dos valores deportivos na sociedade, ademais de dar a coñecer a súa traxectoria deportiva e de explicar como eses valores deportivos e mais a pegada da provincia de Pontevedra influíron no seu éxito.

TUI

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura dun convenio de colaboración   

  O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras 


O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, reuniuse coa directora xeral de ACOUGO, Carmen Dourado, nun encontro no que tamén participou a traballadora social, Carmen González
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 O Concello de Tui e a Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO), dan os primeiros pasos para a sinatura dun convenio entre ambas entidades para visibilizar o traballo desta asociación e dar a coñecer a situación dos menores en centros de acollida e apoiar ás familias tudenses que desexen ser familias acolledoras.  

 Con este motivo recentemente o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, reuniuse coa directora xeral de ACOUGO, Carmen Dourado, nun encontro no que tamén participou a traballadora social, Carmen González. No mesmo abordaron o programa “Contigo Florece” que ten por obxectivo xerar conciencia de cultura de acollemento, capacitar ás persoas participantes e axudar ás familias acolledoras a previr e tratar as dificultades derivadas do acollemento familiar.  

 ACOUGO naceu da man dun grupo de familias de acollida que buscaba involucrarse en maior medida na defensa dos dereitos da infancia e adolescencia que están no sistema de protección público.

ECONOMÍA

A CIG-Construción insiste en reclamar un marco galego que blinde os convenios provinciais 

  Delegados/as e traballadores/as desenvolveron hoxe unha concentración diante da sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra, en Vigo


Persoas traballadoras e delegadas da central na construción de todo o país desenvolveron hoxe unha concentración diante da Confederación de Empresarios/as de Pontevedra (CEP), en Vigo
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A CIG-Construción insistiu hoxe na necesidade de establecer un marco galego de negociación no sector que permita blindar os convenios provinciais, tras o cambio lexislativo que lle dá prioridade os convenios autonómicos fronte os estatais. Persoas traballadoras e delegadas da central na construción de todo o país desenvolveron hoxe unha concentración diante da Confederación de Empresarios/as de Pontevedra (CEP), en Vigo, para reclamar unha xuntanza coa patronal galega do sector.

 Coa nova normativa aprobada no Congreso polo que se lle dá prioridade aos convenios autonómicos fronte aos estatais, os sindicatos e asociacións empresariais que reúnan os requisitos de lexitimación “poderán negociar convenios colectivos e acordos interprofesionais de comunidade autónoma”.  

 Por iso a CIG-Construción leva dende o verán solicitando unha xuntanza coa patronal galega FEGACONS co obxectivo de pactar un convenio ou acordo a nivel galego que permita blindar as melloras contempladas nos convenios provincias fronte ao estatal. E deste xeito poder evitar o acontecido co convenio de Pontevedra, que foi impugnado pola patronal porque contemplaba mellores condicións respecto ao estatal.  

 A central cursou até tres peticións de reunión coa federación galega dende o pasado mes de xullo, que non contestou as solicitudes, polo que decidiu iniciar un calendario de mobilizacións cunha unha primeira protesta na sede de Santiago. Mais a FEGACONS optou novamente por non responder, de xeito que a CIG trasladou as medidas de presión á patronal de Ourense o 16 de decembro, e hoxe á CEP Vigo.  

 Ao tempo que anuncia novas protestas na Coruña e en Lugo nas vindeiras semanas, así como que promoverá unha folga no sector a nivel galego se a patronal continúa ignorando as peticións de xuntanza dende a central sindical máis representativa do país.

Condicións impostas  

 Neste senso, o secretario nacional da CIG-Construción, Plácido Valencia, explicou que con estas mobilizacións pretenden convencer a patronal da necesidade de manter unha xuntanza para negociar un convenio galego de sector unha vez que a nova normativa nos dá a posibilidade de ter un marco propio no que decidir as condicións laborais.  

 Unhas condicións que na actualidade “veñen impostas de Madrid”, porque o convenio estatal “estrangula” os provinciais ao ter reservadas todas as materias obxecto de negociación, até o punto de os provinciais terminan pactando unicamente o calendario laboral. “Excepto o de Pontevedra, que como temos a maioría da representación intentamos que superase o estatal, pero foi impugnado pola patronal madrileña mesmo en contra dos intereses da patronal pontevedresa”.  

 Tras o cambio lexislativo que lle dá prevalencia aos convenios autonómicos fronte aos estatais existe a posibilidade de establecer un marco galego que protexa o pactado nos provinciais. “Neste ámbito é no que se teñen que pactar os convenios, porque é onde se coñecen as necesidades específicas do sector en cada provincia”.  

 Ao igual que aconteceu en Ourense, unha delegación da CIG-Construción mantivo un breve encontro no interior da sede patronal cun representante da patronal da construción pontevedresa para instar a que presionen a federación galega a reunirse se consideran necesario pactar un marco galego que protexa os acordos negociados aquí”. 

PONTEVEDRA

Abel Losada pídelle a Portos de Galicia menos confrontación e máis cooperación con Costas para avanzar na reversión dos terreos portuarios 

Remite cartas aos alcaldes e alcaldesas para que esixan que nas xuntanzas con Portos de Galicia estean tamén técnicos do Servizo Provincial de Costas 

Explica que Portos devolve os terreos portuarios innecesarios a Costas e correspóndelle ao Estado a cesión indefinida se así o solicitan os concellos 


Abel Losada, subdelegado do Goberno
Foto: S. do G.

Infogauda / Pontevedra

 O subdelegado do Goberno, Abel Losada, vén de remitir unha carta aos alcaldes e alcaldesas dos municipios con instalacións de Portos de Galicia para pedirlles que esixan que nas xuntanzas que está a organizar Portos de Galicia para a reversión dos terreos portuarios innecesarios cos concellos da provincia participen tamén os técnicos do Servizo Provincial de Costas, dado que se trata dun trámite que afecta ás tres Administracións. “Se o que se quere é atender ao interese xeral e ao servizo público toca comportarse con máis lealdade e practicar a cooperación institucional en lugar de buscar continuamente a confrontación”, sinalou. 

 Abel Losada remitiu o escrito aos alcaldes e alcaldesas de Cangas, A Guarda, Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Marín, Moaña, Nigrán, O Grove, Poio, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Vigo, Soutomaior, Tui e Vilaboa e tamén ao presidente de Portos de Galicia. 

 Na carta expresa a “disconformidade” coa celebración de xuntanzas a dúas bandas para falar dun procedemento administrativo que afecta a tres Administracións. Ademais explícalle aos alcaldes e alcaldesas que os terreos portuarios innecesarios van ser devoltos a Costas e non aos concellos. Por tanto, volven formar parte do Dominio Público Marítimo Terrestre (DPMT) e ao Estado correspóndelle, a continuación, un proceso de desafectación do dominio público e a cesión indefinida aos concellos, trámites que involucran a dous ministerios e que finalizan cunha publicación no Boletín Oficial do Estado. “O lóxico é que, se se quere avanzar e non xerar expectativas apresuradas, nesas xuntanzas estean tódalas partes”. 

 Por último, o subdelegado aplaude que Portos de Galicia teña dado este paso dado que en moitas ocasións falamos de terreos incorporados á trama urbana e polos que Portos cobraba taxas de ocupación na organización de eventos municipais, a pesar de que os concellos corrían co mantemento ordinario.

CULTURA

O XORNALISTA E ESCRITOR MANUEL F. RODRÍGUEZ PUBLICA A MULLER DO MURO, UNHA NOVELA SOBRE O MUNDO DO INEXPLICABLE   

 Realizada pola editorial Bolanda cun innovador deseño, presentarase o 5 de febreiro na libraría Couceiro, de Santiago 



Teresa Rocamonde / Santiago de Compostela

 Unha trama que combina a cultura galega do alén coas máis recentes teorías e investigacións sobre determinados fenómenos inexplicables. Esta é a proposta de fondo da novela A muller do muro, obra do xornalista e escritor Manuel F. Rodríguez, que acaba de saír á rúa. Publícaa a editorial compostelá Bolanda cun innovador deseño de Sebas Pazos que inclúe, entre outras solucións, unha tipografía especificamente galega creada por Marcos Dopico.  

 A novela, de 312 páxinas, ten como protagonista principal un xornalista, Xenebrando Río que, unha determinada mañá, vive un feito inesperado por completo. Un feito que nin comprende nin desexa en absoluto. E que, menos aínda, pode aceptar. Porque o imposible é imposible. Pero, como avanza a contraportada do libro, Río iniciará un camiño sen retorno.  

 A muller do muro presentarase o próximo 5 de febreiro, ás 19:30 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. O acto contará coa participación de Suso de Toro. Nas semanas seguintes o autor estará noutras cidades e localidades galegas.  

 Esta é a segunda novela de Manuel F. Rodríguez, natural de Sarria e residente en Teo. A primeira, A viaxe á fin do mundo, editada tamén por Bolanda en 2017, parte do roubo, en 1906 na catedral de Santiago, da cruz grega de Afonso III o Magno, que os peregrinos de media Europa adoraran durante séculos. Tras a repercusión obtida na edición en galego, esta novela publicouna en 2023, con distribución en toda España e co título de El viaje al fin del mundo. Los buscadores, a editorial madrileña Evohé, especializada en novela histórica.  

 Manuel F. Rodríguez ten publicadas en Bolanda outras obras, entre elas a guía histórica da Compostela xacobea, Santiago de Compostela para los peregrinos, da que se prepara unha nova edición na súa versión en español, e sobre todo La Gran Enciclopedia del Camino de Santiago. Diccionario de la cultura jacobea (2010), obra en 18 tomos con tres mil entradas da que foi director e autor principal. Esta enciclopedia, que está pendente de actualización, pode consultarse en internet, con acceso libre, como Xacopedia. Polo seu labor de investigación e divulgación do Camiño de Santiago, Rodríguez leva recibido distintos recoñecementos en Galicia e no exterior, entre eles, o prestixioso Premio Internacional Aymeric Picaud. 

ARCOS DE VALDEVEZ

Autarquia entregou 25 cartões de acesso gratuito a medicamentos 

 Do “Programa Abem - Rede Solidária do Medicamento” 


O Município de Arcos de Valdevez entregou os primeiros 25 cartões aos beneficiários/as que identificou no âmbito do programa “Abem: Rede Solidária do Medicamento”
Foto: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez entregou os primeiros 25 cartões aos beneficiários/as que identificou no âmbito do programa “Abem: Rede Solidária do Medicamento”. Este programa assegura o acesso gratuito a medicamentos comparticipados, prescritos a pessoas em situação de insuficiência económica.  

 A adesão ao programa Abem implica uma comparticipação financeira, por parte da Câmara Municipal, no valor de 135€ anuais por pessoa referenciada que serve para cobrir parte do custo dos medicamentos. 

 Esta ação surge no âmbito do protocolo celebrado com a Associação Dignitude, uma Instituição Particular de Solidariedade Social (IPSS) que nasceu da parceria entre o setor social – Cáritas Portuguesa e Plataforma Saúde em Diálogo, a Associação Nacional das Farmácias e a Associação Portuguesa da Indústria Farmacêutica, tem uma abrangência nacional e promove programas solidários com impacto social, visando melhorar a qualidade de vida das pessoas. 

 Para João Manuel Esteves, Presidente da Câmara Municipal, esta “é mais uma resposta que reforça o compromisso do Município no apoio às pessoas vulneráveis, que tem como objetivo permitir o acesso gratuito aos medicamentos prescritos a quem não tem capacidade financeira para os adquirir.”