A OMIX Tomiño inaugura a programación 2025 con dous cursos de costura
• De nivel básico e avanzado, cada obradoiro terá unha duración de 20 horas que serán impartidas os sábados de mañá e tarde.
• Os formularios de inscrición xa están dispoñibles na páxina web do Concello
Infogauda / Tomiño
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, inaugura a súa oferta de actividades do 2025 con dous cursiños de costura (nivel básico e nivel avanzado).
Ambos obradoiros impartiranse os días sábados en horario de mañá e tarde, segundo o nivel escollido.
CURSO BÁSICO DE USO DE MÁQUINA DE COSER E INICIACIÓN Á COSTURA
De 20 horas de duración, está dirixido a todas aquelas persoas que queiran aprender os fundamentos básicos da costura. En concreto, neste curso aprenderase a manexar a máquina de coser, así como as técnicas básicas de costura e poderase realizar as primeiras pezas de roupa ou complementos.
O obxectivo é adquirir as habilidades necesarias para realizar costuras sinxelas e crear proxectos propios, facendo do proceso de costura unha actividade práctica e creativa.
O inicio será o sábado 25 de xaneiro, de 10.30 a 14.30 horas, tendo un prezo de 20 euros. O lugar onde se impartirá é a PrazaCultura, e o único requisito de inscrición é ter 12 anos ou máis.
O formulario de inscrición debe cubrirse a través de internet, na seguinte ligazón: https://tomino.gal/formulario-de-inscricion-curso-basico-de-uso-de-maquina-de-coser-e-iniciacion-a-costura-2025/
CURSO AVANZADO DE COSTURA E PATRONAXE
Terá tamén unha duración de 20 horas e está dirixido a aquelas persoas que xa teñen coñecementos básicos de costura e queren perfeccionar as súas habilidades. Impartiranse técnicas máis complexas, como a confección de proxecto de mochila con asa regulable, patronaxe e confección de saia nivel avanzado, entre outras prendas.
A finalidade é adquirir a destreza necesaria para realizar proxectos máis avanzados e creativos, integrando coñecementos de patronaxe adaptados a deseños propios.
Inicio: 25 de xaneiro. Horario: sábados de 15.30 a 19.30 horas. Prezo inscrición: 20€. Lugar: PrazaCultura. Requisitos de inscrición: a partir de 16 anos.
O formulario de inscrición debe cubrirse a través de internet, na seguinte ligazón: https://tomino.gal/formulario-de-inscricion-curso-avanzado-de-costura-e-patronaxe-2025/
Ningún comentario:
Publicar un comentario