24 de set. de 2025

A GUARDA

Atadeiras

A gobernanza das redeiras da Guarda


Chus Castro - 2ª pola esq. - nunha reunión de traballo con integrantes do equipo de Cidadanía, na nave de redeiras de A Guarda

Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais, S. Coop. Galega

 A Asociación de redeiras do Baixo Miño Atalaia pon en marcha o proxecto Atadeiras, que ten por obxectivo aumentar a súa gobernanza mediante o reforzo das capacidades persoais e as lóxicas asociativas.  

 Ao longo desta iniciativa formarémonos en habilidades de comunicación, sacaremos á luz a historia de vida da asociación tras 20 anos de traxectoria profesional, e aprenderemos sobre o modelo cooperativo e a súa aplicación á entidade.  

 Pretendemos, ademais, aumentar a visibilidade do colectivo, mediante vídeos e fotografías tomadas por Brais Lorenzo, e a xeración dunha páxina web deseñada por Marta Villar. Ademais, contaremos coa visión creativa de Amalia Puga para dotar á nave dunha identidade que transmita os valores do sector pesqueiro.  

 Atadeiras é posible grazas ao apoio do GALP Ría de Vigo – A Guarda, a través do FEMPA.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario