25 de set. de 2025

O PORRIÑO

O PORRIÑO TERÁ UN CUÑO TURÍSTICO ADICADO Á CASA CONSISTORIAL, OBRA DE ANTONIO PALACIOS 

 

Cuño turístico adicado a Casa do Concello de O Porriño

Marta Verde Rodríguez / O Porriño

 A partir deste venres, 26 de setembro, a localidade pontevedresa de O Porriño, disporá na súa oficina de Correos - rúa Pinar 19-21 baixo (36400) O Porriño - dun cuño turístico adicado a Casa do Concello. O acto de presentación será na Praza Arquitecto Antonio Palacios, ás 12:00 horas dese día. No marco da 55ª edición da Feira Nacional do Selo de Madrid, esta presentación realizarase simultáneamente en O Porriño e Madrid, xa que ambos cuños están adicados o arquitecto. 

 Este cuño conseguiuse grazas á solicitude que realizou o Concello de O Porriño e o apoio da Sociedad Filatélica y Numismática Canguesa. 

 Na imaxe do cuño aparece a Casa Consistorial, obra de Antonio Palacios, e o busto de perfil do arquitecto. Coa presentación deste cuño, como ven sendo habitual, Correos tamén porá en circulación unha tarxeta enteiropostal coa Casa Consistorial no anverso.

 Este cuño estará dispoñible na oficina postal de O Porriño, para calquer cidadán que desexe enviar unha misiva con selo a calquer parte do mundo e así, divulgar a localidade, ó autor e a súa obra.

Antonio Palacios

 Antonio Palacios Ramilo foi un destacado arquitecto porriñés nado en 1874. Estudou arquitectura en Madrid, sendo a capital, a que adopta seus edificios máis emblemáticos da súa obra. Introduciu unha imaxe moderna cun estilo monumentalista. Falece en 1945 en Madrid e seus restos descansan, por expreso desexo seu baixo unha rocha de granito da canteira de Atios, no Cemiterio Municipal de O Porriño.


Casa do Concello de O Porriño

 A Casa Consistorial foi un proxecto que entregou de forma altruista o Concello en setembro de 1919. Ainda que, debido ás dificultades económicas, as obras non comezaron ata 1921, ano no que o indiano Ramón González Fernández decidiu sufragar os gastos da construcción. A obra finalizouse en setembro de 1923 e inaugurouse o 15 de xuño de 1924. 

 O edificio amosa unha linguaxe regionalista de raíces galegas e contidos propios que toma referencias da arquitectura tradicional e da expresión dos estilos medievais en Galicia. Un rexionalismo único, con acentos persoais que o arquitecto define no momento en que se afirma o sentimento galego. Deste edificio parte a orixinal e potente obra rexionalista de Palacios na súa terra. Unha obra que, polo seu carácter persoal e único, supera ese mesmo concepto de rexionalismo arquitectónico. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario