27 de set. de 2025

DEPORTES

FÚTBOL

Primeira Galicia 1ª FUTGAL - GRUPO 6

O SPORTINF GUARDÉS RECIBIRÁ AO DOMAIO C.F.

 Este domingo, 28 de setembro, ás 16:30 horas, no estadio municipal A Sangriña




 Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo da vitoria (0-2) a domicilio, no campo de As Gaiandas, feudo do Gondomar C.F., na xornada precedente, correspondente ao 21 de setembro; o Sporting Guardés recibirá ao Domaio C.F..  Será este domingo, día 28 de setembro, ás 16:30 horas, no Campo Municipal de A Sangriña. 

 De tres encontros xogados, o Domaio C.F. anotouse dúas derrotas (1-2 e 0-2) no seu campo - A Granxa, en Domaio (Moaña), fronte ao Juvenil de Ponteareas e o Tomiño C.F., respectivamente. E entre medias, unha vitoria (1-2), no campo - A Madroa - da UVCD Candeán. 

 O conxunto do Morrazo posúe polo de agora, 3 puntos, e atópase no posto 14º da táboa clasificatoria.

 Pola súa banda, o Sporting Guardés leva colleitado un empate (3-3),. no campo de A Gándara, fronte ao Caselas C.F.; e dúas vitorias (2-0 e 0-2), fronte ao Rápido Castrelos - no municipal de A Sangriña -  e o Gondomar C.F. - nas Gaiandas -, respectivamente.

 O equipo de A Guarda ten 7 puntos, e está situado no 3º posto da táboa.

 Dado que o fútbol, como deporte, non ten  - na nosa opinión - moita relación coa ciencia, calqueira dos equipos ten a priori as mesmas posibilidades de acadar o seu obxectivo. É decir, a vitoria. Todo vai depender do desempeño que realice cada un dos contendentes e tamén das oportunidades que logren crear - e aproveitar - cada conxunto. 

 Hai, obviamente, outros factores que poden influir no resultado final. Un deles - que é o que o que nos importa -, ten seu fundamento no apoio que os seareiros transmitan aos xogadores. Por iso, unha vez máis, animamos aos afeccionados do Sporting Guardés a que acudan ao campo municipal A Sangriña para alentar aos mozos que adestra Antonio Rodríguez (Toñete), a que aporten deportivamente toda súa enerxía e seu bo saber facer, para procurar que os tres puntos en xogo queden na Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario