A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ UNHA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA
• O mércores, 24 de setmbro, ás 20:00 horas, na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, convocou un pleno de carácter ordinario para o próximo mércores, 24 de setembro, ás 20:00 horas no salón de plenos da Casa dos Alonso.
Os asuntos da orde do día, son os seguintes:
1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 30.07.2025.
2. Dar conta dos decretos desde o 16/07/2025 ata 15/07/2025.
3. Dar conta dos reparos de intervención.
4. Dar conta do informe de morosidade e período medio de pago do segundo trimestre do 2025.
5. Proposta alcaldía. Revogación para anulación das liquidacións dos recibos 14065_2021 (ID 548994) e 14065_2022 (ID 602235) IVTM 2021 E 2022 VEHÍCULO 2292FSF e devolución do ingreso indebidamente realizado.
6. Proposta alcaldía. Aprobación convenio residuos aparellos eléctrico 2025.
7. Proposta alcaldía. Aprobación convenio recollida pilas e acumuladores 2025.
8. Proposta alcaldía. Aprobación rectificación inventario agosto 2025.
9. Proposta alcaldía. Aprobación rectificación invetario agosto 2025.
10. Moción presentada polo grupo municipal do BNG para recuperar a liña de axudas da Deputación de Pontevedra á rehabilitación e conservación do patrimonio marítimo e fluvial nos orzamentos de 2026 e sucesivos.
11. Rogos e preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario