8 de ago. de 2025

NIGRÁN

A Deputación destina 74.000 euros a Nigrán para promover o Val Miñor entre os peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa 

  Trátase dunha achega a través do plan de cooperación anual da Deputación cos concellos, que Nigrán investirá na colocación dunha escultura realizada por José Molares Fernández

 

 Un momento da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, celebrada este venres
Foto: J.Phillipot 

Infogauda / Nigrán

 O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, informou este venres da aprobación na Xunta de Goberno dunha achega ao Concello de Nigrán por valor de máis de 74.000 euros para a promoción do Val Miñor entre os peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa cara a Santiago de Compostela.  

 En concreto, sinalou o vicepresidente, con estes recursos da Deputación “Nigrán financiará a subministración dunha escultura de José Molares Fernández que homenaxea a figura da peregrina”. Esta dotación estará situada no centro dunha rotonda onde conflúen tres estradas autonómicas (PO-325, PO-550 e PO-340) e será realizada en bronce. A figura da peregrina contará cos accesorios habituais para facer o Camiño: o bastón, un traxe de augas ou unha mochila.  

 Ademais de promover o Val Miñor, a escultura permitirá enriquecer o carácter estético do enclave, á vez que o dota de maior valor patrimonial e cultural. O investimento realízase a través dun reinvestimento dunha anualidade anterior do plan de cooperación municipal da Deputación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario