20 de maio de 2025

GALIZA

As traballadoras das residencias privadas de maiores desenvolverán este mércores, 21 de maio, o cuarto día de folga por un convenio xusto 

 Denuncian o bloqueo da patronal, que non senta na mesa de negociación dende o pasado mes de outubro 


Traballadoras de residencias privadas nunha mobilización precedente
Foto: CIG

Infogauda / Galiza 

 As traballadoras das residencias privadas de maiores e dos centros privados de día, desenvolverán este mércores, 21 de maio, a cuarta xornada de folga en demanda dun convenio colectivo digno. Para darlle máis visibilidade á súa loita e ás súas reivindicacións a prol duns salarios e dunhas condicións xustas, a CIG ten convocadas as seguintes mobilizacións: 

  • A Coruña: ás 10:30h, ximnasia terapéutica reivindicativa no Obelisco. 

  • A Laracha: 13:00h, concentración na residencia da Laracha. 

  • Cervo: 11:30h, concentración na residencia de San Cibrao (Avda. da Veiga). 

  • Chantada: 12:00h, concentración na residencia DomusVi (Avda. de Lugo). 

  • Compostela: ás 15:30h, concentración na residencia Domusvi Santiago (Pontepedriña). 

  • Ferrol: 11:00h, enterro polo convenio con saída da Residencia Mi Casa e remate diante do edificio da Xunta. 

  • Noia: 15:00h, concentración na residencia DomusVi. 

  • Pereiro de Aguiar: 11:30h, concentración na residencia DomusVi (A Medorra). 

  • Poio: 11:00h, concentración na residencia Ballesol (Avda. Antelo Mariño). 

  • Pontevedra: 12:00h, concentración diante do edificio da Xunta de Galiza. 

  • Ribeira: 12:30h, concentración na residencia DomusVi. 

 • Vigo: 11:30h, manifestación dende a residencia DomusVi Barreiro (Avda. Ramón Nieto) até a residencia DomusVi Fátima.

Ningún comentario:

Publicar un comentario