22 de maio de 2025

A GUARDA

Os castros na Guarda, por Luis Xulio Carballo Arceo

• O venres, 6 de xuño ás 20:00 h, no Recreo Artístico Guardés. Entrada de balde




Infogauda / A Guarda

 A xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda, vén de facer público que o venres, día 6 de xuño, ás 20:00 h, no Recreo Artístico Guardés, terá lugar unha edición de Charla nos Bares. 

 “Nesta ocasión, contaremos coa intervención do arqueólogo Luis Xulio Carballo Arceo, que nos achegará ao fascinante mundo dos castros na Guarda, a súa historia, valor patrimonial e importancia na nosa identidade. Un encontro aberto e ameno para coñecer mellor o noso pasado e o noso territorio, indican desde a xunta reitora da devandita comunidade de montes, que contan coa colaboración da sociedade Recreo Artístico Guardés

 Entrada de balde, ata completar á cabida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario