23 de maio de 2025

CULTURA

O Castro de Viladonga, escenario dunha homenaxe a Abraham Cupeiro 

  Organizada pola asociación lucense ‘Vindicta’


Abraham Cupeiro, artista sarriao, multiinstrumentista e luthier, foi nomeado socio de honra da agrupación lucense de recreación histórica ‘Vindicta’

Foto: X.G.


Infogauda / Castro de Rei (Lugo)

 O Castro de Viladonga (Castro de Rei), dependente da Xunta de Galicia, foi hoxe escenario do nomeamento de Abraham Cupeiro como socio de honra da agrupación lucense de recreación histórica ‘Vindicta’. A iniciativa foi promovida polo propio colectivo.  

 O director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, sumouse ao acto, no que lle trasladou o recoñecemento da Xunta ao artista sarriao, multiinstrumentista e luthier que destaca entre as principais figuras do panorama musical galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario