30 de abr. de 2024

DEPORTES

REMO ERGÓMETRO

DAMIÁN ALONSO ALONSO VÉN DE COLLEITAR CATRO NOVAS MEDALLAS

 No Campionato Europeo e no Campionato do Mundo de Remoergómetro, respectivamente


 Damián Alonso Alonso amosando dúas das medallas que logrou en Praga
Foto: FB

Redacción Deportes / A Guarda

 O remo guardés non deixa de darnos boas novas. O remeiro guardés Damián Alonso Alonso acadou diferentes triunfos no Campionato Europeo e no Campionato do Mundo de Remoergómetro respectivamente.  

 Nestes dous campionatos, celebrados ambos os dous en Praga (República Checa), Damián Alonso amosou un grandísimo nivel, acadando unha medalla de bronce (2.000 m) e unha de prata (500 m) no europeo, e dúas medallas de bronce (500 m e 2.000 m) no mundial na categoría de peso lixeiro. 

A GUARDA

BÁRBARA DOMÍNGUEZ GONZÁLEZ, NOMEADA SECRETARIA DE GALEGUIDADE E EMIGRACIÓN DA EXECUTIVA NACIONAL GALEGA DO PSdeG 


Bárbara Domínguez González desempeñará a Secretaría de Galeguidade e Emigración.

Infogauda / A Guarda

 Este pasado domingo tivo lugar o congreso extraordinario do PSdeG, en Santiago de Compostela, onde foi proclamado José Ramón Gómez Besteiro como secretario xeral e o resto de compañeiros e compañeiras que conforman a comisión executiva nacional galega. A executiva está conformada por 40 persoas entre as que se atopa Bárbara Domínguez González, que ocupará a Secretaría de Galeguidade e Emigración.   

 “Asumo con moita responsabilidade e ilusión esta nova andadura sendo consciente da importancia de traballar, para que coma min, moitas máis mozas e mozos poidan retornar a Galicia despois de ter que marchar a traballar fora”, declarou Bárbara Domínguez González. ”Hai moito traballo que facer nas duas áreas, sobre todo pola desidia do Partido Popular nas políticas destes últimos anos”, engadíu. 

 “Estamos moi satisfeitos despois de coñecer que a nosa compañeira da Agrupación Socialista da Guarda forma parte desta nova executiva”, comenta Mª Montserrat Magallanes Álvarez, secretaria xeral da agrupación local do PSdeG-PSOE de A Guarda. “A agrupación afronta esta nova etapa con gran ilusión, e sabemos que traballará arreo no proxecto que lidera Besteiro para que a nosa vila e a comarca estén presentes na toma de decisións”, afirma Mª Montserrat Magallanes.

O ROSAL

Obradoiro de maruxiñas con teas recicladas para a cativada no mercado de moda de segunda man Rula Roupa Rosal  

 Será o vindeiro 12 de maio ás 17.00 horas na Praza do Calvario  

 Dirixido a nenos e nenas dende 3 anos, a actividade contará con prazas limitadas. Xa está aberto o prazo de inscrición  

 



Infogauda / O Rosal 

 Rula Roupa Rosal segue tecendo o seu programa de actividades para o vindeiro domingo 12 de maio. O primeiro mercado de moda e complementos de segunda man do Rosal contará cun programa apto para a cativada cun obradoiro creativo de maruxiñas, figuras recortables ás que nenos e nenas poderán irlles cambiando o estilismo empregando deseños realizados con teas recicladas.  

 Con esta actividade ao abeiro do Rula Roupa, o Concello busca “fomentar a creatividade e a conciencia ambiental dende idades temperás, achegando a rapaces e rapazas á idea de consumir roupa de xeito responsable e sostible, minimizando o posible o impacto da industria téxtil. Porque queremos seguir avanzando para facer do Rosal un concello máis verde e sostible no que a calidade de vida continúe a ser unha prioridade”, resalta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.  

 O obradoiro estará dirixido a nenas e nenos dende os 3 anos e contará cun máximo de 30 prazas. As persoas interesadas deberán inscribir aos rapaces e rapazas no propio Concello ou enviando un correo electrónico a informacionxuvenil@orosal.gal indicando nome e apelidos, idade da ou do participante e un teléfono de contacto.    

 O concelleiro de Comercio, Alejandro González, explicou que este obradoiro encádrase dentro do programa de actividades para dinamizar o mercado de moda e complementos de segunda man Rula Roupa, que se celebrará o mesmo 12 de maio de 11.00 a 20.30 horas de forma ininterrompida e na que poderán participar de balde ocupando un dos 23 expositores dispoñibles todas as asociacións sen ánimo de lucro ou persoas interesadas en ofertar produtos aos que darlles unha segunda vida.  

 As persoas ou entidades interesadas poden presentar aínda a súa solicitude ata hoxe martes 30 de abril. As solicitudes presentaranse cumprimentando a instancia sinalando os produtos que se van a ofertar e incluíndo o DNI da persoa solicitante e das persoas que participarán no posto, autorización de representante legal para menores de 16 a 18 anos e, no caso das asociacións, CIF e DNI da persoa representante. A documentación poderá presentarse de forma presencial no Rexistro do Concello de 09.00 a 14.00 h ou a través da Sede Electrónica municipal.  

 Para amenizar a xornada, durante todo o día o Mercado municipal contará cun concerto para todos os públicos, así como cunha actuación para público infantil e postos de comida para que, como destaca González, “a veciñanza goce dunha xornada na que lecer, aprendizaxe e responsabilidade ambiental, económica e social camiñarán  novamente da man”.

OPINIÓN

SÁNCHEZ HIZO MUY BIEN DÁNDOSE CINCO DÍAS PARA DECIDIR




Manuel Vázquez de la Cruz

 Ayer, 29 de abril de 2024, don Pedro Sánchez ha dicho que sigue. Me alegré y creo que hizo muy bien dándose cinco días para decidir. Él pensó, y muchos más, yo incluido, también. Mi pensamiento voló y voló. Voló a 21 querellas criminales que abrieron a Podemos con mentiras; a la señora de Canarias y su marido; y a todos los casos que ustedes conocen. Y pensándola revisé mis papeles. No suelo ser muy ordenado pero tengo muy buena memoria y vi, más que recordé, a Acebes y Zaplana caminando entre mesas, medio sonrientes, para soltar la enorme y más monumental mentira que jamás se dijo a todos los españoles. Y volví a sentir odio cuando sé que se sigue mintiendo en un todo vale para ganar el gobierno. Dicen que van contra el “Sanchismo” pero también van contra mí y muchos más que somos sobre todo, demócratas. Aquel día lo conté en un escrito que copio y pego:  

HORROR DE AQUEL MALDITO 11 DE MARZO DE 2004    

  Aquel once de marzo de 2004 permanecerá siempre en nuestra memoria. Recuerdo que estaba debajo de una parra. Sonó el teléfono. Escuché la voz de mi hermano, pero sentí miedo y pena porque no era su voz. Algo muy grave la distorsionaba. Era una voz triste y amarga. Los trenes de cercanías de Madrid que yo conocía. Atocha, aquellas mareas humanas saliendo por todas las puertas corriendo a sus trabajos. Bombas contra inocentes en un todo vale con tal de causar mal a todos. Todo me lo contó él. Poco después asistí al politiqueo más horroroso y a la mentira despiadada y ridícula. En los andenes aún había sangre, quizás heridos y todos los que tenemos humanidad, y yo siempre creo que somos muchos, teníamos pena en el alma. Mi abuela Angustias, de Ribadelouro, decía que los dolores que más duelen son los que vienen de ahí.  

 Allí debajo de la parra, que empezaba a llorar como si ya supiera algo, desesperé como tantos otros porque no podía hacer nada. Muchos deseábamos estar en Atocha ayudando, donando sangre, haciendo algo por la gente vilmente atacada.  

 En Tui hubo una manifestación y acudió mucha gente. Casi todas las caras enseñaban el dolor del alma del que hablaba mi abuela. Hoy vuelve a ser once de marzo del 2015, pero 11 y de marzo,  y Patricia Osuna, nieta de un carabinero tudense, me cuenta una historia que me vuelve más a aquel día. La vivió a muchos kilómetros de distancia pero de algún modo es como si hubiera estado en el centro de la tragedia. Aquella mañana entró en una cafetería y sintió el silencio. Ni siquiera en los partidos de fútbol más importantes, había visto a todos con aquella atención a la televisión y en tantos rostros tantas lágrimas. Fue un día triste y amargo. También solidario porque por encima del politiqueo y de la legítima y justa indignación, fue un día de amor. Todos tenemos una historia parecida y aquel día sentimos el dolor de todos. Debajo de una parra, o de un coche, o labrando la tierra, o faenando en el mar. Algunas veces los humanos tenemos una enorme humanidad.

 Pero a ella aquel día, además, le sonó el móvil y le llamaron por su nombre. Patricia, ¿eres Patricia?. Sí soy Patricia. Qué bien, que maravilla que has cogido el teléfono. Y ella sintió los lloros emocionados de una mujer. Quién eres, preguntó. Soy tu abuela, Patri. Soy tu abuela que pensé que te habías muerto en ese tren en el que llegas siempre. Silencio y después un "¡Patri háblame!" salió del auricular. Señora, lo siento muchísimo pero yo no soy su nieta. Seguramente ha marcado mal y yo, maldita casualidad, me llamo Patricia.   

 No podía engañarla. Lloró por la nieta quizás muerta y por la abuela que la buscaba desesperadamente e inquiría por ella mientras en Madrid atronaban las sirenas de las ambulancias. Durante mucho tiempo conservó el número de teléfono pero siempre tuvo miedo a llamar. Miedo a saber toda la verdad.  Desde que me lo contó es como si mi abuela Angustias hubiera estado aquel día al otro lado del teléfono.     

 A Pilar Manjón, también madre, compañera de profesión, muy querida y admirada por mí.  

 Vuelvo al lunes 29 de abril de 2024.

 Aquel día señores que os escandalizáis porque Sánchez ha pensado, y con razón, que necesitaba días y el pueblo para darse cuenta de los cientos de mentiras, son demasiadas para darse un solo día, que nos cuentan para hacer daño y que estos señores del grito constante, del bulo corriendo, de enmierdar el quehacer político no deben gobernar. Y que no todos los jueces merecen serlo. No puede haber democracia cuando unos señores aplican las leyes que una y otra vez otros tribunales archivan. 

 Mientras el señor Aznar mentía, cientos de personas morían. Ahora, como preparando un golpe de estado, dicen que blando, llevan años mintiendo, denigrando y despreciando a una parte del pueblo. En la que estoy yo. Que no soy Sanchista ni Feijoista..., ni Aznarista, coño. Y que lloré aquel 11 de marzo. Pero ni el presunto delincuente señor Zaplana ni Acebes me engañaron. 

 Hoy tampoco el señor Feijóo, porque esas cosas, esas compras de periódicos, ese meterse con las mujeres de los contrarios y más..., ya la hizo aquí.  

 Y yo anduve mucho por la Illa de Arousa.       

TOMIÑO

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos   

 O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de ampliación previstas no instituto para dar resposta á alta demanda   

 Tamén deu luz verde a solicitar ao goberno autonómico a retirada inmediata dos proxectos do Plan sectorial eólico de Galicia nas serras da Groba e Argalo 


Acceso ao IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Tomiño é terra de artistas, e brindar á mocidade a oportunidade de potenciar e desenvolver as súas habilidades sen ter que desprazarse a outros municipios é de vital importancia. Ante o incremento da demanda do propio alumnado e da predisposición dun importante número de estudantes polas ensinanzas artísticas, o Concello aprobou onte en pleno unha moción proposta por Alcaldía para instar á Consellería de Educación a incorporar a especialidade de Bacharelato de Artes á oferta educativa do IES Antón Alonso Ríos, un centro que aposta pola arte e a creatividade xa como parte do seu proxecto educativo. 

 Na actualidade non existe oferta de Bacharelato de Artes en toda a comarca do Baixo Miño nin no Val Miñor, o que supón que o alumnado que quere enfocar os seus estudos por esta especialidade teñen que desprazarse ao IES de Mos ou ao IES de Valadares e ao IES Politécnico de Vigo. “Esta situación fai que moitos das e dos estudantes tomiñeses, e seguramente do resto das localidades da comarca, desboten cursar estudos de Arte. Pero tamén fai que se se deciden a matricular nesta especialidade e desprazarse fóra as familias teñan que facer un forte investimento en transporte ou en vivenda para o alumnado”, salienta a alcaldesa, Sandra González.   

 O IES Antón Alonso Ríos conta con 66 prazas de Bacharelato para cada un dos niveis que nos últimos anos se cobren na súa totalidade polo alto número de estudantes que continúan os seus estudos no centro unha vez rematada a ensinanza obrigatoria e polo paulatino aumento das peticións de admisión do alumnado procedente de concellos limítrofes, especialmente O Rosal e A Guarda. Ante este aumento da demanda, o Concello de Tomiño instará tamén a iniciar canto antes as obras de ampliación do centro previstas pola Xunta de Galicia, un proxecto anunciado pola Consellería de Educación no 2021 aínda non executado que permitiría ao IES Antón Alonso Ríos aumentar o espazo dispoñible para o alumnado da etapa de Bacharelato, tanto para as aulas de referencia como para as de desdobre e talleres. A pesar de que as obras tiñan previsión de iniciarse en agosto de 2022, o proxecto está pendente de aprobación final.  

Plan sectorial eólico de Galicia 

 O Concello de Tomiño tamén aprobou onte en pleno solicitar á Consellería de Economía, Industria e Innovación a retirada inmediata das áreas de desenvolvemento que afectan ás serras da Groba e do Argalo do Plan sectorial eólico de Galicia. Este plan contempla cinco parques eólicos nunha zona que xoga un importante papel na sostibilidade do territorio, cunha gran cantidade de hábitats e especies de interese comunitario, e de gran valor patrimonial, paisaxístico, xeolóxico, social, etnográfico e económico.   

 Os proxectos eólicos propostos para esta zona (O Rosal, Merendón, Torroña I, Torona, Toroña III e Albariño) presentan importantes deficiencias nos Estudos de Impacto Ambiental, xa que se subestimaron os efectos destas infraestruturas sobre o territorio. Proba destas deficiencias son os informes sectoriais que varias administracións elaboraron en contra destes proxectos polo seu impacto irreversible nos valores medioambientais, paisaxísticos e arqueolóxicos e que motivaron a emisión de Declaracións de Impacto Ambiental negativas para catro dos proxectos previstos.  

TOMIÑO

Aventuras e emocións na Escola Municipal de Teatro de Tomiño  

  Máis de 300 nenos e nenas subíronse ao escenario para achegarse ao mundo teatral e deixar voar a imaxinación e a creatividade 

 

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, con Tamara Campos, da compañía Migallas Teatro, e  nenas e nenos que participan na Escola Municipal de Teatro de Tomiño

Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 A Escola Municipal de Teatro de Tomiño abre as súas portas cada ano á rapazada para recibir a novas actrices e actores con moita ilusión. Despois de varios anos de funcionamento, a entidade está xa consolidada, converténdose en referente cultural na comarca do Baixo Miño tras o paso de máis de 300 nenos e nenas polo seu escenario nunha aventura fantástica na que xogar ao teatro da man do Pirata Escarapote e baixo a dirección de Tamara Campos, da compañía Migallas Teatro. 

 Expresión dramática, creación, ensaio e posta en escena para “introducir a todas e todos os participantes no mundo teatral ao tempo que se estimula a imaxinación e as capacidades creativas, se fomenta o traballo en equipo e se melloran os recursos expresivos e comunicativos”, como explican dende a Escola. E dá igual a idade.  

 A cativada comeza con tan só 4 anos buscando unha botella misteriosa onde están escritas as probas que se realizarán cada día guiados polo pirata Escarapote. Mediante este fantástico fío condutor, as e os cativos escoitarán contos, pintarán coñecerán pintoras, aprenderán historia, achegaranse á mitoloxía... todo é posible porque nunca saben o que lles espera. “Xogan ao fantástico xogo do teatro e, case sen darse conta, interiorizan habilidades teatrais e perden a timidez e a vergoña, enchéndose de recursos que os axudarán a lidiar co seu día a día”, lembra a directora. Ao final do curso, Escarapote recompensará a todas e todos cun fantástico tesouro que buscarán polas rúas de Tomiño ou Goián guiados por un mapa moi especial.  

 A partir dos 8 anos, a rapazada dá un novo paso e pasa a formar parte do grupo xuvenil, onde o xogo e a expresión faranse cómplices da creación colectiva con exercicios de desinhibición, expresión corporal e socialización, a través dos que tamén aprenderán a expresarse, a compartir o que senten, a xestionar as súas emocións e a sentirse parte dun grupo no que cada persoa é respectada e escoitada. E, como equipo, crear unha obra de teatro conxunta na que desfrutar unidas e unidos.  

 Na Escola Municipal de Teatro de Tomiño non hai textos para memorizar, non hai protagonistas. Cada obra é o resultado do traballo en equipo e guiado pola mestra, facendo que cada pequeno e pequena se sintan protagonistas da súa propia historia. 

 E aínda que desta escola xa saíron actores e actrices profesionais, este non é o seu principal obxectivo, senón “darlle ferramentas ás persoas participantes para que a súa voz sexa escoitada, logrando así que sexan persoas seguras de si mesmas no futuro”.

TUI

A praza de abastos pechará dende o luns, por seguridade

 Debido ao inicio da segunda fase das obras de reforma


Praza de abastos de Tui
Foto. C.T.

Infogauda / Tui

 A praza de abastos de Tui pechará a partir do próximo luns, 6 de maio, debido ao inicio da segunda fase das obras de reforma que se están a executar e que supoñen un investimento de 1,3 millóns de euros. Onte á tarde nunha reunión entre o goberno municipal e os e as praceiras acordaron que por motivos de seguridade, tanto para os propios vendedores coma para compradores, cesará a actividade na praza durante aproximadamente catro semanas.  

 As obras que se están executando van a moi bo ritmo e supoñen a modernización e actualización destas instalacións. Xa dende o exterior pódese ver a importante transformación e modernización que está a acometer no edificio que redundará na mellora da competitividade, da experiencia de compra, da eficiencia enerxética, produtividade, accesibilidade e sumarán un novo atractivo á zona.  

 Cómpre lembrar que previo ao inicio da execución deste proxecto de reforma, por parte da empresa Plaintec, o concello asumiu a recolocación de todos os praceiros nun espazo interior da praza de abastos planificando a obra en dúas fases  para minimizar ao máximo posible a afección na actividade dos praceiros e praceiras. Nesta recta final, por motivos de seguridade, coma se sinalou, é preciso parar a actividade comercial na praza durante catro semanas.

TUI

MEMORIA HISTÓRICA

ACUERDO DE RESCINDIR EL CONTRATO RELATIVO A LA CESIÓN DEL EX CONVENTO DE SAN FRANCISCO     

SUSPENSIÓN POR ORDEN GUBERNATIVA DEL ALCALDE Y AL AYUNTAMIENTO DE TUY


Igrexa de san Domingos
Foto: C.T.

 Levada Libre / Tui

 Hace ochenta y ocho años, la corporación municipal de Tui, tomó un acuerdo que pudo ser trascendental, para la vida de Tui y su comarca, por lo que tengo a bien reproducir literalmente el acuerdo plenario de la sesión extraordinaria celebrada el 30 de abril de 1.936 que a continuación se relaciona:     

SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA EL DIA 30 DE ABRIL DE 1.936     

Página de la 83 vuelto a la página 89.     

 En el salón de sesiones de la Casa Consistorial de Tuy, a las diecinueve horas del día treinta de Abril de mil novecientos treinta y seis, bajo la presidencia del Sr. Alcalde Don José Pérez Alonso, se han reunido los señores cuyos nombres se relacionan en el margen: José Pérez Alonso, Benito Pérez Álvarez, Florencio Freiría Pumar, José Rodríguez Alfaya, Andrés Solleiro Romero, Rogelio Paramos Gándara, José Garra y Garra, Jacinto Fernández Lago, Manuel Bugallo Rodríguez, Manuel Serer Vicens, Francisco Guinde Puente, Guillermo Vicente de Santiago, para celebrar sesión extraordinaria convocada por el Sr. Alcalde.     

 El Sr. Presidente declara abierta la sesión.     

 Es leído y aprobado el borrador del acta anterior.    

EDIFICIO DEL EXCONVENTO DEL SEMINARIO    

 A petición del señor Vicente de Santiago, se acuerda consignar textualmente en acta la proposición presentada al excelentísimo Ayuntamiento por dicho señor y aprobado por unanimidad en la sesión en la sesión de veintisiete de abril de mil novecientos treinta y seis, que dice así:     

- “Señores concejales: Antes de solicitar la aprobación de la proposición  que me permito formular al final de estas líneas, quisiera puntualizar, en la forma mas breve que me sea posible, pero con la mayor  claridad y precisión, las principales razones y datos mas importantes de la exposición verbal que hemos hecho en la reunión previa y conjunta de los Señores Concejales y delgados del comité local del frente Popular para que conste en acta, sirva en todo tiempo de prueba, y la corporación y el pueblo tengan elementos suficientes de juicio para juzgar de un asunto de tan transcental importancia para el pueblo de Tuy.     

- A nosotros se nos plantea un problema y tenemos el deber y la obligación de resolverlo con la urgencia que el caso requiere. Sabido es de todos la necesidad de instalar el Instituto de Segunda Enseñanza en condiciones de poder cumplir su alta misión, ya que se ha instalado en el viejo caserón donde se encuentra por una necesidad tan urgente como perentoria para la concesión de aquel centro docente.        

- Y no solo las medidas que voy a referir nos interesan desde este punto de vista, sino que se precisa cumplir la aspiración de que el Instituto sea ampliado cuanto antes con la Escuela del Trabajo que aportará ciencia y bienestar a la masa laboriosa, con la Escuela de Comercio, para cuyo fin hay destinada una renta que no se sabe a ciencia cierta a donde va a parar; para la Escuela Preparatoria Complementaría, indispensable para la buena marcha del Instituto y la población escolar y finalmente, para devolver al pueblo la biblioteca en la que todos puedan instruirse.    

- Tomado en consideración las justas aspiraciones y necesidades del pueblo y examinando los edificios de que el ayuntamiento puede disponer y que reúnan las condiciones necesarias, ha encontrado que el único adecuado para este fin es el que está destinado a Seminario Conciliar, cedido por el Estado al Ayuntamiento para utilidad pública en el año 1837 (R.O. de 10 de Diciembre).     

- En virtud de las razones anteriormente expuestas, el Concejal que suscribe propone a la Excma. Corporación Municipal que acuerde:  

- 1º. Comunicar al Señor Obispo que la corporación Municipal ha resuelto rescindir el contrato de fecha 22 de Diciembre de 1858 y la escritura publica de 19 de Mayo de 1849, relativa a la cesión del exconvento de San Francisco a la Iglesia para instalar en el mismo el Seminario Conciliar, por incumplimiento e infracción de las bases segunda, tercera, cuarta y sexta de dicho contrato.     

- 2º. Revisar la tasación pericial con arreglo a la época y formular la cuenta correspondiente al arriendo de la huerta que usufructuaria desde el año 1.849 el Seminario Conciliar local, de conformidad con la base quinta de la escritura pública de 19 de mayo de 1.849. 

- 3º. Revisar y formular asimismo la cuenta correspondiente a los alquileres devengados por la casa del maestro, que el Señor Obispo en oficio de 18 de Octubre de 1.850 se comprometió a pagar al Ayuntamiento; y     

- 4º. Conceder un plazo de cuarenta y ocho horas al Señor Obispo para desalojar totalmente y poner a disposición del Ayuntamiento el edificio del exconvento de san Francisco, hoy ocupado por el Seminario Conciliar. G. V. de Santiago. 

Casa Consistorial de Tuy, 27 de abril de 1.936.     

- Como no por todos es conocida, y quizá por algún miembro de la Corporación, el derecho de libre administración que el municipio tiene sobre el edificio, por creerse comúnmente que es propiedad del Obispado, debido al tiempo transcurrido desde la concesión por el Ayuntamiento para que fuera ocupado temporalmente y previas las obligaciones que se comprometió que en todo tiempo ha dejado de cumplir, a continuación voy a extractar aunque sea sucintamente lo que las actas deste Ayuntamiento se induce un relación con este asunto: Después de la concesión citada por el Estado al Municipio, el Ayuntamiento en 1.839 (acta de 20 de marzo) deniega una petición dirigida para destinar aquel edificio a Cuartel.     

- En 1.848 (acta de 22 de diciembre) se acuerda que el ayuntamiento ceda el exconvento de San Francisco, que le fue concedido por la R.O. citada, para que en él se establezca un Seminario Conciliar “reservándose entera la propiedad” y poder aplicarlo a objetos de la misma utilidad. Se reserva en el edificio el local destinado a escuela de niños y las habitaciones necesarias para el maestro. En la parte de edificio que se dedica a Seminario quedará el Instituto de Segunda Enseñanza de esta ciudad y en el se reserva la corporación el usar la cátedra de autos en los casos de elecciones, quintas u otras grandes reuniones, mediante la casa Consistorial es muy reducida. Los gastos de conservación y reparación del edificio serán de cuenta del Seminario.     

- En el mismo sentido se otorga las escrituras publicas ante Notario de 19 de mayo de 1849, cuya base quinta dice lo siguiente: “Siendo la huerta del mismo exconvento perteneciente a propios del Ayuntamiento, podrá usufructuarla el Seminario, previa tasación pericial de sus productos, que por vía de arriendo mensualmente se pagará al fondo de propios gastos del seminario”     

- A partir de aquí, quedaban en el exconvento, como dejamos dicho, el Instituto de Segunda Enseñanza, la Biblioteca Publica, la Escuela de Niños y la casa habitación del maestro.     

- Al cabo de un año, en sesión del ayuntamiento del 18 de octubre de 1850, aparece un oficio del Señor Obispo que tiende a confirmar la teoría y el método de aquel buen jesuita que empezó por pedir permiso para colocar un clavo en la pared de una casa y acabó quedándose con ella. Pide que el Ayuntamiento disponga salida del maestro “quedando a claro de dicho Señor Obispo, pagar el alquiler de la casa que el ayuntamiento señale, para la habitación del referido maestro”.     

- El Ayuntamiento después de muy debatido el asunto, acuerda concederlo “con la precisa condición de que si en cualquier tiempo, por alguna causa improvista, no verificase el pago, vuelva a ser propiedad del ayuntamiento dicha habitación con toda la extensión que hoy ocupa. (El local que ocupaba la escuela en el Seminario) No contentos con todo esto, en oficio del 6 de Julio de 1862 el Sr. Obispo pide que los niños sean llevados a la “Cárcel Vieja”.     

- Simultáneamente se extingue el Instituto de Segunda Enseñanza, en el cual se preparaban los alumnos hasta tercer año de Filosofía, acabando el Sr. Obispo por hacerse dueño de todo.     

- En esta época, o sea quince años después de la firma de la escritura, comienza el forcejeo para que el señor Obispo haga honor a sus compromisos. Se plantea por primera vez la cuestión en la sesión del 20 de septiembre de 1864, en cuya acta se advierte “que habiéndole cedido en beneficio del mismo la habitación que tenía el maestro bajo la condición expresaba, así por parte del Señor Obispo, o quien le represente, se niegue a cumplir la condición del contrato queda rescindida y en este caso debe desalojarse y volver la parte cedida a disposición del Ayuntamiento.     

- En Sesión del 14 de octubre de 1.864 se acordó “que se dirija nuevo oficio para que se sirva disponer el pago de la cantidad reclamada de los fondos del Seminario e en otro caso que desaloje el local.     

- Dos años después, en la sesión del 21 de Septiembre de 1866, con motivo de la permuta que pretende formalizar el Señor Obispo a base de la Cárcel Vieja de hombres, se suscita de nuevo la cuestión y entre criterios dispares los concejales convienen en que “la escritura de cesión de parte del extinguido convento para seminario adolece de algunas omisiones esenciales, que además se han hecho otras concesiones sin los requisitos que se requieren, que ni lo consignado en la referida escritura ni los demás compromisos se han cumplido en la parte que corresponde al interés comunal” y añade “ El Regidor Sindico pidió y el Ayuntamiento acordó que el Señor Presidente se reclamen todos los atrasos que por el Seminario se adeudan procedentes de los alquileres de la casa habitación del Maestro, que el Ayuntamiento estuvo pagando y además  se reclame el importe de los arriendos de la huerta de dicho Seminario”. Estos acuerdan reflejan el buen deseo de unos Señores Concejales que asistían en Corporación a las procesiones y fiestas religiosas y que sostenían largos debates para determinar la vestimenta que deben llevar a estas ceremonias. Los Señores Alcaldes al ponerse la levita y la chistera para ir a palacio, iban pensando, como dice un acta de 1.866 que “estas cuestiones sucesivas siempre traen disgustos a las personas que en ellas figuran” y al ponerse en contacto con el Señor Obispo se olvidaban del acuerdo de los señores concejales. De manera que si bien tuvieron el tacto de hacer constar en el contrato que el ayuntamiento cede el edificio “reservados entero la propiedad” y en la escritura el Ayuntamiento al ceder el edificio “retiene la propiedad él”, las demás cláusulas desde la segunda hasta la sexta, ni como los acuerdos posteriores de los Ayuntamientos sucesivos, fueron siempre letra muerta.     

- Debido a la falta de hombría de nuestros antecesores, la Iglesia adeuda ahora al Ayuntamiento de Tuy, 87 años de alquileres de una Escuela que debe pagarse entre el Ayuntamiento y la Mitra, según la base tercera del contrato; 86 años de la casa del Maestro, según acuerdo del Ayuntamiento de fecha 18 de Octubre de 1.850 y 87 años de arriendo de la huerta del Seminario, según la base quinta de la escritura pública de 1.849.   

- Aún así, leyendo el contrato se observa fácilmente que ha sido infringida también la base cuarta, pues el Ayuntamiento no ha renunciado nunca el salón de actos que posee el edificio del Seminario, ni a la parte del local que tenia destinado a Instituto de Segunda Enseñanza.     

- Nuestros antecesores, no obstante, tienen una responsabilidad muy limitada; ninguno de ellos, desde lo más alto al más bajo, ha podido emanciparse jamás de la tutela de la Iglesia. El Clero ejercía una coacción soberana sobre todos los organismos del Estado; era omnipotente, disponía del cielo y de a tierra, y administraba estas cosas, se ha quedado con los bienes comunales y la conciencia de los españoles.     

- En el caso nuestro, la cosa cambia; a nosotros nos pedirán con pleno derecho responsabilidades de todo por que, auque no sea más que como republicanos, debemos dentro de lo que cabe, considerarnos hombres libres y tenemos que suponer que ni el Gobierno de la Republica ni los Ayuntamientos pueden estar bajo la tutela o a las ordenes del Vaticano.     

- Finalmente, señores Concejales, es muy posible que nos hagan algunas objeciones de orden legal, pero nosotros para defender los intereses comunales y poner en evidencia el despojo de que ha sido victima el Ayuntamiento no necesitamos el dictamen de los abogados. No queremos pleitos en los juzgados.  Es esta una reivindicación de carácter histórico que ha llevado a la calle el sector obrero del Frente Popular.     

- Tampoco queremos pleitos en la calle. Pero si los que vienen sosteniendo que hay que dar a cada uno lo que es suyo, no aceptan la forma y el lugar que hemos escogido para levantar el asunto, entonces el porvenir dirá quien debe fallar este pleito.    

SOLICITAR LA CONSTRUCCIÓN DE UN CAMINO DE SALCEDA A CALDELAS  

 Se acuerda solicitar: La construcción de un camino vecinal de Salceda de Caselas a Caldelas, que partiendo de la Feria de salceda, termine frente a la fábrica de aserrar maderas de Caldelas, el cual tendrá un recorrido de siete kilómetros aproximadamente.  

ARREGLO DE CAMINO 

 El arreglo del camino del barrio de la Sillosa va al Eirado: un trozo de unos cuatrocientos metros que se halla intransitable.  

ARREGLO DE OTRO 

 El arreglo del camino vecinal que de la Sarabia conduce al Crucero del Monte.  

CONSTRUCCIÓN DE UN PANTANO 

 Construir un pantano, para utilizar el agua de las minas de las fuentes “Fontiñas” de Randufe a fin de convertir en regadío, una zona de terreno secano.  

INSTANCIA DE MANUEL MOREIRA 

 Vista la instancia producida por Manuel Moreira, en suplica de que se le anticipe, conforme el R.D. de ley de 16 de Diciembre de 1.929, un mes de sus jornales de barrendero quedando obligado a reintegrarlo en la forma que el indicado Decreto señala, se acuerda de conformidad a lo que solicita.  

LISTA DE JORNALES 

 Se aprueban: las siguientes listas de jornales: de canteros, pesetas trescientas veintidós, por sus jornales devengados durante un mes actual.  Y de los peones de la limpieza publica, pesetas seiscientas noventa, por los jornales en el presente mes.  

DISTRIBUCIÓN DE FONDOS 

 La distribución de fondos que proponen el señor Interventor Municipal para el próximo mes de mayo.  

OBRAS DE LA PLAZA DE ABASTOS 

 El señor Alcalde dice que han comenzado las obras de la plaza de Abastos, habiendo encargado a Don Serafín Fernández Costas, como perito en construcciones, vigile dichas obras, adquiera los materiales necesarios y cuanto sea oportuno en beneficio de los interés municipales.  

PAGO DE SEGURO DE INCENDIOS 

 Se acuerda satisfacer los seguros de incendios que tiene contratados este ayuntamiento, con las compañías de Seguros contra incendios la Unión y el Fénix Español, y “Báltica”, cuyas primas son respectivamente, incluyendo todos los gastos, pesetas doscientas ocho y ciento treinta y seis pesetas con quince céntimos, que pagaran en el próximo mes de mayo.  

ANULACIÓN DE LAS OFERTAS DE VENTA DE CASAS DE SANTO DOMINGO 

 El Señor Presidente dice: Que los dueños de las casas de santo Domingo, que ofrecieron venderlas al Ayuntamiento, están conformes en anular los ofrecimientos que en tal sentido hicieron  

PAGO DE RECIBOS A TELEFÓNICA

 Se acuerda el pago de los recibos de la Compañía telefónica, que importan pesetas ciento treinta y cuatro con quince céntimos, por el servicio telefónico prestado al Ayuntamiento, durante el mes de marzo último; y pesetas cincuenta y una con veinticinco céntimos por los servicios correspondientes al mes de Abril.  

CUENTA DE ULPIANO B. PIÑA 

 Se acuerda, prestar aprobación a una cuenta de Don Ulpiano B. Piña, de pesetas cuarenta y siete con cincuenta céntimos por cemento suministrado para las obras de reparación de la calle pablo Iglesias, con cargo al capitulo II articulo 3º.  

CUENTAS DE LA SOCIEDAD ELECTRECISTA 

 Y a la Sociedad Electricista de Tuy de pesetas cuatro mil quinientas una y setenta y cinco céntimos, por alumbrado de vías publicas y de trescientas dos pesetas y cuarenta y cinco céntimos, suma de cinco facturas, por luz de dependencias municipales, correspondientes al primer trimestre del corriente año, debiendo satisfacer también la cantidad de cuatrocientas cincuenta pesetas y diecinueve céntimos por el impuesto del diez por ciento para el estado sobre la primera cantidad.    

ASUNTO DEL SEMINARIO    

 El Presidente da cuenta de la conferencia verbal celebrada ayer entre excelentísimo señor Gobernador Civil, el señor Vicario de esta Diócesis y él respecto al acuerdo de rescindir el contrato relativo a la cesión del exconvento de San Francisco.     

SUSPENSIÓN DEL AYUNTAMIENTO    

- En este momento comparece Don José Agudo Díaz,  Jefe de Negociado del Gobierno Civil de  esta provincia y entrega la señor Alcalde un escrito que dice así:     

- “Visto que el ayuntamiento de Tuy, con manifiesta extralimitación en las funciones que le son propias  y fuera de su competencia, ha tomado el día veintinueve del corriente, el acuerdo de rescindir el contrato de fecha 22 de Diciembre de 1.848 fehaciente en escritura publica de 19 de mayo de 1.849, relativa a la cesión del exconvento de san Francisco a la Iglesia, para instalar en aquel el Seminario Conciliar, fundándose en el incumplimiento de determinados bases y concediendo un plazo de cuarenta y ocho horas para desalojar totalmente el local y ponerlo a disposición del Ayuntamiento.     

- Resultando que contra ese acuerdo se ha entablado reclamación ante mí autoridad, pidiendo la suspensión por estar fuera de competencia municipal.        

- Resultando que en conferencia verbal celebrada en el día de ayer, entre una representación del Ayuntamiento de Tuy y este Gobierno, se decidió la suspensión del acuerdo de 27 de actual de que se deja hecho merito y a pesar de ello, en día de hoy se le notifica nuevamente al Obispado entregar el Seminario en perentorio plazo, desacatando las instrucciones y advertencias de mi autoridad.     

- Considerando que virtualmente esta suspenso el acuerdo del Ayuntamiento de Tuy, tantas veces mencionado, suspensión que en su día hubiera de confirmar este Gobierno, evacuados los tramites que determina el articulo 204 de la vigente ley Municipal y si así no fuere por tratarse  de un acuerdo que lesiona intereses y de un asunto en cuyo fondo solo pueden intervenir los tribunales de justicia, teniendo encuenta además las excepcionales circunstancias del momento que aconsejan la no ejecución inmediata y en ningún plazo del acuerdo y de la orden de la alcaldía para ejecutarlo, advirtiendo la actitud de rebeldía que representa la comunicación de cumplimiento en plazo inmediato, sin fijarse en el conflicto de orden público que tal proceder pudiera originar.     

- Considerando que es facultad Gubernativa la suspensión de los Alcaldes en cuanto una provincia se halla en estado de prevención, alarma o guerra, suspensión que por la actitud adoptada por la corporación municipal de Tuy, ha de comprender a toda la corporación, puesto que a todos ellos alcanza igual participación en el acuerdo y en la comunicación para su ejecución, sin de que momento quede a este Gobierno otro camino que la destitución fulminante de toda la corporación municipal de Tuy, por caso de orden publico. Sumiendo sus atribuciones en cuanto al mantenimiento del orden y a la paz publica se refiere y a las ineludibles e  ni aplazables en Delegado del Gobierno Civil para las funciones administrativas de este índole a fin de que no queden en suspendo la vida municipal, es acordado, como verificó por la presente, suspender en ejercicio de sus funciones al Alcalde y al Ayuntamiento de Tuy, tal  como se halla constituida hoy la corporación y nombrar delegado de mi autoridad, para que asuma las funciones que se hace referencia en el ultimo considerando, al Jefe del negociado de este Gobierno Civil, Don José Agudo Diz, que se posesionará inmediatamente del cargo. Lo que comunico a V. Para su conocimiento, el de la Corporación y efectos de cese inmediato en cumplimiento de esta resolución, traspasando sus funciones al delegado de referencial y dándome cuenta de haberlo verificado. Pontevedra, 30 de Abril de 1.936. El Gobernador Civil. Gonzalo Acosta. Rubricado.     

- El Señor Vicente de Santiago, pide que se haga constar, y así se acuerda, una respetuosa protesta por la suspensión del Ayuntamiento, que insta no fundada. Y asimismo se acuerda no reintegrase a las funciones concejales ínterin no esté resuelto en sentido favorable para el ayuntamiento el asunto del Seminario.        

- Se retiran el Señor Alcalde y los señores Concejales presentes y Don José Agudo Díaz, se posesiona de la Alcaldía. Con lo cual se da por terminada la sesión a las veintinueve horas y yo secretario, extiendo acta que deberán firmar los señores llamados a hacerlo y certifico.      

José Pérez Alonso   Benito Pérez, Manuel Serer Vicens, Guillermo Vicente de Santiago, Manuel Cela .    

 Lo que tenemos a bien en poner en conocimiento de la sociedad tudense, para que tenga constancia de cómo defendían los miembros de la corporación, el patrimonio municipal.

Se adjuntan dos PDF: 

- Acta de la sesión extraordinaria de fecha 30 de abril de 1936, páginas 170 a 181 de 315, del libro de actas de las sesiones del Excmo. ayuntamiento de Tuy, comenzado con fecha veintitrés de octubre de mil novecientos treinta y cinco.


Expediente de cesión del exconvento de San Francisco a la Diócesis de Tuy. Publicación y creación 1849-1936

DEPORTES

O BOXEO VOLVE AO VAL DA LOURIÑA

  O sábado día 11 de maio, ás 19:30 horas, no Pavillón Municipal de O Porriño




Infogauda / O Porriño

 O boxeo volve a O Porriño da man do clube Ckm Combat e Spartan Team, de Tomiño, que serán os encargados de organizar un evento no que os aficionados poderán presenciar combates amateurs, neo profesionais e mesmo boxeo profesional.   Será o sábado día 11 de maio, ás 19:30 horas, no Pavillón Municipal de O Porriño.

 Contarase coa presencia de púxiles e clubes que se achegarán dende Salceda de Caselas (KICK&BOX Salceda), Vigo (Luciano Team, Flow combat), Marín (Team Thunder) ou mesmo dende Guimarâes (Vitória boxe Portugal), para enfrontar e acompañar neste gran evento aos púxiles locais, David López, Luis Alberto e Filipe Amoedo, do Spartan Team, de Tomiño, nos seus combates amateurs. Sara Viéitez e Álex "Coraje" Castro, do Clube Ckm, de Mos, disputarán combates de boxeo neoprofisional. E como combate estelar, para pechar o evento, Charly "Spartan" López, do Club Spartan, disputará o seu 6º combate de boxeo profisional.   

 As entradas anticipadas xa dispoñibles en: SAFARI (O Porriño), CKM (Mos), ALIRON (O Porriño), KICK&BOX (Salceda), SPARTAN TEAM (Goián-Tomiño), FLOW COMBAT (Vigo)  e LUCIANO TEAM (Vigo).

PONTEVEDRA

Xosé María Álvarez Cáccamo lerá este venres no Museo de Pontevedra o seu poema longo ‘Berta’, unha homenaxe a Berta Cáccamo 

 O mesmo día terá lugar a presentación do catálogo ‘Juan Carlos Meana. O espazo entre as cousas’, que acaba de publicar o Museo 


Vista parcial da exposición ‘Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo’, no Museo de Pontevedra
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 Cando en maio de 2018 morreu Berta Cáccamo, o seu irmán maior, Xosé María Álvarez Cáccamo comezou a escribir “de forma compulsiva” para combater a súa ausencia. O resultado foi ‘Berta’, un poema longo que en 2019 publicou a editora Chan da Pólvora. Este venres 3 de maio ás 19:00 h no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, o autor fará unha lectura pública deste poema, acompañada do comentario de Juan de Nieves, comisario da mostra ‘Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo’.  

 Esta actividade forma parte da programación que o Museo lle dedica á artista viguesa con motivo da súa exposición, que se pode visitar ata o 9 de xuño. Completarase cun seminario que o 7 de xuño reunirá aos directores e xefes de coleccións dalgúns dos principais centros de arte en España. Terá como título ‘Arquivos de Artistas. Ferramentas para a Investigación nos Museos’,  e nel participará, entre outros, Manuel Segade, director do Reina Sofía; Beatriz Herráez, directora de Artium; Javier Hontoria; director de Museo Patio Herreriano; e Eduard Vallès, xefe de coleccións  do Museu Nacional d’Art de Catalunya.  

Presentación de catálogo  

 Este mesmo venres, o Museo presentará o catálogo da exposición ‘Juan Carlos Meana. O espazo entre as cousas’, que acolleu o Museo de Pontevedra entre agosto e outubro de 2023. O catálogo inclúe unha ampla reportaxe gráfica da exposición, así como varios textos: “Juan Carlos Meana: a voz vén doutra parte”, do comisario Alberto Ruíz de Samaniego; “Estratexias de limiar”, do filósofo e crítico cultural Ignacio Castro; o poema “Introdución ao pedregal”, de Luis del Álamo Vaquero; e unha selección de textos do propio artista.  

 A presentación será o venres 3 de maio ás 12:30 h no Edifico Castelao. Nela participarán Alberto Ruiz de Samaniego, comisario da exposición; Telmo Meana, fillo do artista; Román Corbato, deseñador do libro; e Ángela Comesaña, responsable de Publicacións do Museo de Pontevedra.

MEDIO AMBIENTE

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro do proxecto europeo Green Gap  

 Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e entidades universitarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal 


O director do Instituto de Estudos do Territorio asistiu á reunión do comité de xestión da iniciativa
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 Galicia e o Norte de Portugal seguen avanzando no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro do proxecto Poctep Green Gap, unha iniciativa na que o Instituto de Estudos do Territorio (IET), dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ostenta a responsabilidade da correcta coordinación e realización das diferentes actividades e tarefas.  

 Durante a reunión que o comité de xestión da iniciativa mantivo hoxe en Pontevedra, á que asistiu o director do IET, Enrique de Salvador, avaliáronse os proxectos que se están a levar a cabo co obxectivo de contribuír a que as administracións locais xoguen un papel máis relevante na promoción das infraestruturas verdes na área transfronteiriza e, deste xeito, crear unha rede de espazos e elementos que melloren a resiliencia ante o cambio climático, contribúan á conservación da biodiversidade e beneficien ás poboacións da contorna.  

 Cómpre lembrar que o proxecto Green Gap Impulso das Infraestruturas Verdes Locais para a Restauración da Biodiversidade, a Renaturalización e Deseño dunha Paisaxe Resiliente ante o Cambio Climático das Zonas Urbanas e Rurais de Galicia-Norte de Portugal, que lidera o IET, contempla actuacións concretas de formación e sensibilización das administracións locais para o deseño das infraestruturas verdes nos seus territorios e prevé o desenvolvemento de guías prácticas e metodolóxicas para a súa implantación  

 Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, financiado no marco do Programa Interreg España - Portugal (POCTEP 2021-2027), participan, ademais do IET, un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta  materia e entidades universitarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.  

 Máis polo miúdo, por parte de Galicia participan a Universidade da Coruña, o Concello de Pontevedra, a Deputación de Ourense e a Fundación CEER, mentres que do lado portugués, forman parte do proxecto a Cámara de Paredes de Coura, a Universidade do Minho, a Cámara de Guimarães, o Laboratorio da Paisagem de Guimarães así como a Agência Portuguesa do Ambiente e o Instituto da Conservação da Natureza das Florestas. 

GALIZA

A CIG convoca 16 mobilizacións para conmemorar o Primeiro de Maio 

 


 

Infogauda / Galiza

 A  CIG ten convocadas 16 mobilizacións en cidades e vilas para este Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, baixo o lema “Traballo digno. Pola paz e a soberanía dos pobos. Contra o imperialismo”. Este ano a mobilización central será a da Coruña, que sairá ás 12 horas da Praza de Vigo, e contará coa participación do secretario xeral, Paulo Carril. 

Horas e lugares das mobilizacións 

Vigo- 12:00h desde A Dobrada. 

Cangas- 18:00h Praza do Concello. 

A Coruña- 12:00h desde a Praza de Vigo. Manifestación central. 

A Estrada- 12:00h Praza do Mercado. 

As Pontes- 12:00h Praza do Carmen. 

Cee- 12:00h Praza de Otero Lastres. 

Ferrol- 12:00h desde o local sindical (Avda. do Esteiro). 

Lugo- 12:00h desde o Edificio Sindical (Rda. da Muralla). 

O Barco- 12:00h diante do Concello. 

Ourense- 11:30h desde a Praza Maior. 

Pontevedra- 11:30h desde a Praza da Ferrería. 

Ribadeo- 12:00h Edificio Sindical (Av. de Galiza). 

Ribeira- 12:00h Praza do Peixe .

Santiago de Compostela- 12:00h desde a Praza Roxa. 

Verín- 12:00h Praza do Concello. 

Vilagarcía- 12:00h desde a Casa do Mar.

ARCOS DE VALDEVEZ

Plano de Valorização do Santuário de Nossa Senhora da Peneda apresentado à CCDR-NORTE 


Santuário da Nossa Senhora da Peneda
Foto: C.M.A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Presidente da Câmara Municipal, João Esteves e o Bispo de Viana do Castelo D. João Labrador reuniram recentemente no Santuário da Nossa Senhora da Peneda com o Presidente da CCDR-Norte e Vice-Presidente para as áreas da Cultura e do Património da CCDR-Norte para apresentar o Plano de Valorização do Santuário de Nossa Senhora da Peneda, sendo acompanhados pela Confraria de N. Sra. da Peneda, o Reitor do Santuário e o responsável do Património na Diocese e a equipa autora do plano, bem como o serviço da cultura do Município. 

 O Santuário de Nossa Senhora da Peneda recentemente classificado como Monumento Nacional e situado no coração do Parque Nacional Peneda Gerês é um dos maiores santuários Marianos do Minho e conta já com uma história com mais de 800 anos, sendo por isso um local de referência no concelho e na região Norte e na Galiza. 

 O Plano de Valorização da Peneda prevê a realização de diversas intervenções, ao nível do edificado e do espaço público da área do Santuário, nomeadamente na reabilitação do templo e envolvente; na reabilitação da área a norte do templo; na reabilitação do acesso e do grande terreiro e entrada; na reabilitação do escadório das virtudes e da via sacra e das capelas; e na requalificação da área de lazer. 

 Está previsto que o plano de valorização seja desenvolvido em parceria com várias entidades locais, regionais e nacionais, em várias fases de execução.  

 Com a execução deste plano pretende-se conservar e valorizar o património cultural e natural, promover e dinamizar o turismo, o comércio e os produtos locais, e contribuir para a criação de emprego e rendimento, bem como para a fixação e atração de pessoas e investimento.