O BOXEO VOLVE AO VAL DA LOURIÑA
• O sábado día 11 de maio, ás 19:30 horas, no Pavillón Municipal de O Porriño
Infogauda / O Porriño
O boxeo volve a O Porriño da man do clube Ckm Combat e Spartan Team, de Tomiño, que serán os encargados de organizar un evento no que os aficionados poderán presenciar combates amateurs, neo profesionais e mesmo boxeo profesional. Será o sábado día 11 de maio, ás 19:30 horas, no Pavillón Municipal de O Porriño.
Contarase coa presencia de púxiles e clubes que se achegarán dende Salceda de Caselas (KICK&BOX Salceda), Vigo (Luciano Team, Flow combat), Marín (Team Thunder) ou mesmo dende Guimarâes (Vitória boxe Portugal), para enfrontar e acompañar neste gran evento aos púxiles locais, David López, Luis Alberto e Filipe Amoedo, do Spartan Team, de Tomiño, nos seus combates amateurs. Sara Viéitez e Álex "Coraje" Castro, do Clube Ckm, de Mos, disputarán combates de boxeo neoprofisional. E como combate estelar, para pechar o evento, Charly "Spartan" López, do Club Spartan, disputará o seu 6º combate de boxeo profisional.
As entradas anticipadas xa dispoñibles en: SAFARI (O Porriño), CKM (Mos), ALIRON (O Porriño), KICK&BOX (Salceda), SPARTAN TEAM (Goián-Tomiño), FLOW COMBAT (Vigo) e LUCIANO TEAM (Vigo).
Ningún comentario:
Publicar un comentario