30 de abr. de 2024

A GUARDA

BÁRBARA DOMÍNGUEZ GONZÁLEZ, NOMEADA SECRETARIA DE GALEGUIDADE E EMIGRACIÓN DA EXECUTIVA NACIONAL GALEGA DO PSdeG 


Bárbara Domínguez González desempeñará a Secretaría de Galeguidade e Emigración.

Infogauda / A Guarda

 Este pasado domingo tivo lugar o congreso extraordinario do PSdeG, en Santiago de Compostela, onde foi proclamado José Ramón Gómez Besteiro como secretario xeral e o resto de compañeiros e compañeiras que conforman a comisión executiva nacional galega. A executiva está conformada por 40 persoas entre as que se atopa Bárbara Domínguez González, que ocupará a Secretaría de Galeguidade e Emigración.   

 “Asumo con moita responsabilidade e ilusión esta nova andadura sendo consciente da importancia de traballar, para que coma min, moitas máis mozas e mozos poidan retornar a Galicia despois de ter que marchar a traballar fora”, declarou Bárbara Domínguez González. ”Hai moito traballo que facer nas duas áreas, sobre todo pola desidia do Partido Popular nas políticas destes últimos anos”, engadíu. 

 “Estamos moi satisfeitos despois de coñecer que a nosa compañeira da Agrupación Socialista da Guarda forma parte desta nova executiva”, comenta Mª Montserrat Magallanes Álvarez, secretaria xeral da agrupación local do PSdeG-PSOE de A Guarda. “A agrupación afronta esta nova etapa con gran ilusión, e sabemos que traballará arreo no proxecto que lidera Besteiro para que a nosa vila e a comarca estén presentes na toma de decisións”, afirma Mª Montserrat Magallanes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario