REMO ERGÓMETRO
DAMIÁN ALONSO ALONSO VÉN DE COLLEITAR CATRO NOVAS MEDALLAS
• No Campionato Europeo e no Campionato do Mundo de Remoergómetro, respectivamente
Redacción Deportes / A Guarda
O remo guardés non deixa de darnos boas novas. O remeiro guardés Damián Alonso Alonso acadou diferentes triunfos no Campionato Europeo e no Campionato do Mundo de Remoergómetro respectivamente.
Nestes dous campionatos, celebrados ambos os dous en Praga (República Checa), Damián Alonso amosou un grandísimo nivel, acadando unha medalla de bronce (2.000 m) e unha de prata (500 m) no europeo, e dúas medallas de bronce (500 m e 2.000 m) no mundial na categoría de peso lixeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario