A CIG convoca 16 mobilizacións para conmemorar o Primeiro de Maio
Infogauda / Galiza
A CIG ten convocadas 16 mobilizacións en cidades e vilas para este Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, baixo o lema “Traballo digno. Pola paz e a soberanía dos pobos. Contra o imperialismo”. Este ano a mobilización central será a da Coruña, que sairá ás 12 horas da Praza de Vigo, e contará coa participación do secretario xeral, Paulo Carril.
Horas e lugares das mobilizacións
• Vigo- 12:00h desde A Dobrada.
• Cangas- 18:00h Praza do Concello.
• A Coruña- 12:00h desde a Praza de Vigo. Manifestación central.
• A Estrada- 12:00h Praza do Mercado.
• As Pontes- 12:00h Praza do Carmen.
• Cee- 12:00h Praza de Otero Lastres.
• Ferrol- 12:00h desde o local sindical (Avda. do Esteiro).
• Lugo- 12:00h desde o Edificio Sindical (Rda. da Muralla).
• O Barco- 12:00h diante do Concello.
• Ourense- 11:30h desde a Praza Maior.
• Pontevedra- 11:30h desde a Praza da Ferrería.
• Ribadeo- 12:00h Edificio Sindical (Av. de Galiza).
• Ribeira- 12:00h Praza do Peixe .
• Santiago de Compostela- 12:00h desde a Praza Roxa.
• Verín- 12:00h Praza do Concello.
• Vilagarcía- 12:00h desde a Casa do Mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario