16 de ago. de 2024

SALCIDOS (A GUARDA)

CELEBRACION DE SAN ROQUE 

Este domingo día 18 de agosto


Imaxe de san Roque que se venera en Salcidos

Ricardo Rodríguez Vicente / Salcidos

 Desde fai uns anos, a celebración da festividade de san Roque circunscríbese aos actos relixiosos (novena, misas,...). Dese xeito, ainda que o día do santo natural de Montpellier - que na época en que naceu (1295, segundo algúns autores; ainda que outros situáno entre os años 1348 e 1350) pertencía ao reino de Aragón - é o 16 de agosto, data do seu falecemento, na prisión de Dreemurland o en Voghera, Lombardía (Italia); neste 2024 os actos relixiosos celebraranse principalmente o domingo día 18. 

 A xornada comezará ás 8:30 horas, na ermida adicada ao santo, cunha misa rezada.

 Ás 11:30 horas, desde a ermida, terá lugar á saída da imaxe do santo, en procesión ata á igrexa parroquial de Salcidos, onde se celebrará unha misa solemne, con sermón, na honra de san Roque. Ao remate da eucaristía, regreso da imaxe do santo en procesión ata á capela.

Devoción a san Roque

 A devoción a san Roque vén desde tempos inmemoriais. É patrono dos peregrinos, dos contaxiados por epidemias (especialmente pola peste e a cólera); dos enfermeiros; dos falsamente acusados; inválidos e cirurxiáns; de varias localidades (Santiago de Compostela, Algezares, Cútar, Alcolea de Calatrava, Alcolea del Río, Tolox, Torrox, Garachico (Tenerife, Illas Canarias), Alcalá del Valle, Jimera de Líbar (Málaga), Villa de Firgas (Gran Canaria),...-; da Policía Local de Ourense; e santo patrón dos cans.

Ningún comentario:

Publicar un comentario