16 de ago. de 2024

A GUARDA

gastrofurgo Galicia sabe amar chegará novamente á vila de A Guarda 

 O próximo martes 20 de agosto,  de 11:00 a 14:00 e de 18:30 a 21:30 horas




Infogauda / A Guarda

 O martes 20 de agosto, unha das gastrofurgos - neoloxismo que equivale a furgonetas de comida -da campaña Galicia sabe amar chegará o vindeiro martes, 20 de agosto, á praza de Avelino Vicente González para dar a desgustar algún dos petiscos realizados a base de produtos certificados do mar e da terra. O persoal da devandita gastrofurgo atenderá en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

 Galicia sabe amar é unha campaña da Xunta de Galicia que quere impulsar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario