16 de ago. de 2024

A GUARDA

A Guarda vibrará coa VII Baixada de Carrilanas - Festa das Mercedes (A Gándara)

• O sábado 31 de agosto ás 18:00 horas, desde a praza de Avelino Vicente ata o porto




Infogauda / A Guarda

 Coa VII Baixada de Carrilanas, organizada pola Asociación Cultural e Veciñal O Percamino, e a colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda; arrancarán as Festas das Mercedes, da Gándara, que logo do éxito das dúas edicións precedentes máis inmediatas, volverá a ter como lugar de saída a praza Avelino Vicente González e cun percorrido pola rúa Concepción Arenal ata o porto, onde estará á meta. Esta edición celebrarase o sábado 31 de agosto ás 18:00 horas.  

 As inscricións estarán abertas ata o día 28 de agosto e consistirá en abonar 10€ en rifas. Tres días máis tarde, as rúas da vila de A Guarda serán tomadas por estes vehículos sen propulsión, que prometen ofrecer moi bos momentos e risas entre espectadores e participantes.   

 Todos os vehículos deberán cumprir uns requisitos mínimos: 4 rodas (dúas dianteiras e dúas traseiras) e freo practicable, 2 participantes con casco e unhas dimensións máximas de 160 cm. de ancho x 240 cm. de largo.

 Para máis información, os números de teléfono son: 661 281 254, ou 649 887 379 e o 647 607 456.

Ningún comentario:

Publicar un comentario