21 de ago. de 2024

O ROSAL

XXXIII Festival de Músicos Xoves

Bandas / Corais

O sábado 24 e o domingo 25 de agosto de 2024




Infogauda / O Rosal

 Xa non queda nada para unha nova edición - a XXXIII - do Festival Músicos Xoves, que se celebrará o vindeiro sábado e domingo, días 24 e 25 de agosto de 2024.  

 O sábado,  ás 20.30h, a praza do Calvario acollerá  o Encontro de Bandas. Unha cita cargada de música na que estarán: a  Agrupación Musical de Goián; a Banda Municipal de Caldas de Reis e a Banda da Agrupación Musical do Rosal.

 A Banda da Agrupación Musical do Rosal interpretará un programa que servirá de preparación para o XVII Certame Galego de Bandas de Música Populares, da Federación Galega de Bandas de Música Populares, que se celebrará o 19 e 20 de outubro, no Pazo da Cultura, de Pontevedra, e no cal participarán. 

 E o domingo, ás 20.00h na igrexa parroquial de santa Mariña, gozaremos coas corais. Alí estarán: a  Coral Polifónica de Vila Praia de Áncora (Portugal); o Coro Xuvenil Sauti Yangu Tu, de Guntín (Lugo) e a Coral da Agrupación Musical do Rosal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario