21 de ago. de 2024

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O Club O Caldeiro organiza o IV Open de Petanca Heraclio Alfaro  

 Que se celebrará este sábado 24 de agosto, no campo de petanca Andrés Mirás (pistas do Codesal)


O alcalde do Concello de A Guarda - no centro - con membros do Club de Petanca O Caldeiro, na presentación do IV Open de Petanca Heraclio Alfaro
Foto: C.A.G.  
 

Infogauda / Camposancos (A Guarda)

 O Club de Petanca O Caldeiro organiza  o IV Open de Petanca Heraclio Alfaro, que se celebrará na xornada deste sábado 24 de agosto de 2024.  

 Máis de 150 xogadores, procedentes de toda Galicia, participarán neste torneo no campo de petanca Andrés Mirás (pistas do Codesal). En total, participan 50 clubs diferentes neste Open Heraclio Alfaro.  

 As tripletas comezarán a xogar a primeira hora da mañá para chegar aos enfrontamentos finais á tardiña do sábado nesta competición a nivel autonómico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario